Su navegador no soporta JavaScript!
Infomiño.com la web informativa del Baixo Miño y alrededores
agosto >
2012 >
LMXJVSD
  1
Abrimos a partir das 18:00
2
Prazo de presentación: ata o 15 de outubro 2012.
3
O pregón realizarase no Auditorio de San Benito de A Guarda ás 20:00h
4
A Deputación de Pontevedra pon en marcha o Programa de Saúde e Benestar, e oferta a estancia durante uns días en balnearios e Spas da provincia con tratamentos termales, de saúde, benestar e descanso.
5
A Deputación de Pontevedra pon en marcha o Programa de Saúde e Benestar, e oferta a estancia durante uns días en balnearios e Spas da provincia con tratamentos termales, de saúde, benestar e descanso.
6
O parque de paintball, os insufláveis, as canoas, o tiro com arco, os velocípedes e as demais atividades estarão disponíveis, entre as 10h e 18h00.
7
O parque de paintball, os insufláveis, as canoas, o tiro com arco, os velocípedes e as demais atividades estarão disponíveis, entre as 10h e 18h00.
8
Poderán participar todos os mozos e mozas de 16 a 35 anos (ambos inclusive), residentes en calquera concello da provincia de Pontevedra
9
Este evento será conducido sumillier Nacho Costoya Campión de España 2010
10
O curso é gratuíto. Se o interesado é usuario da Rede CeMIT, poderá inscribirse a través da web aulascemit.xunta.es/inscripcion e poderá seguir o seu proceso de reserva de praza
11
Gran pulpada en el Club Náutico San Telmo (Marina) realizada por la pulpería Alberto (Carballiño) a partir de las 18 horas.
12
O mércores terá lugar o concerto de clausura
13
O mércores terá lugar o concerto de clausura
14
Turespaña ha convocado el primer concurso fotográfico para dar a conocer los destinos de la Red EDEN --Destinos Europeos de Excelencia-- en España y en Europa y así fomentar los modelos de desarrollo de turismo sostenible en la UE, según ha informado el M
15
Na alameda de A Guarda dende ás 11:00h da mañá con Recinto cuberto
16
Turespaña ha convocado el primer concurso fotográfico para dar a conocer los destinos de la Red EDEN --Destinos Europeos de Excelencia-- en España y en Europa y así fomentar los modelos de desarrollo de turismo sostenible en la UE, según ha informado el M
17
La plantilla viene entrenando con intensidad en sesiones de mañana y tarde, y el encuentro de León servirá, sobre todo, para contrastar el nivel de conjunción alcanzado.
18
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, dixo durante o acto de presentación da proba que -Tui é unha localidade pioneira neste deporte, un referente e ademais conta cunhas magníficas instalacións-
19
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, dixo durante o acto de presentación da proba que -Tui é unha localidade pioneira neste deporte, un referente e ademais conta cunhas magníficas instalacións-
20
El plazo para la presentación de las fotografías se abre el 1 de agosto de 2012 y finaliza el 21 de agosto de 2012 a las 12.00 horas.
21
Estar matriculado no curso 2011/12 en calquera dos centros públicos que impartan ensinanzas artísticas superiores nesta comunidade autónoma.
22
Este grupo de deportistas utilizan as instalacións do Centro Interfederado e realizan os seus adestramentos no Pavillón de Deportes diariamente de 12,00 a 14,00 e de 18,00 a 20,00 horas.
23
Festival começou ao som dos Jukebox, com praça cheia
24
Finalmente completáronse todas as prazas ofertadas (32 xogadores/as-16 parellas) neste novo torneo, no que se entregarán premios aos catro primeiros equipos e agasallos-recordos para todos os participantes.
25
Ven a animar ó equipo balonmán guardés recentemente ascendido á División de Honor
26
Celebraráse no Campo de Futbol da Madroa en Vigo
27
Forma parte da colección do bracarense Luis Silva
28
Forma parte da colección do bracarense Luis Silva
29
Programa da RTP1 transmitido em direto a partir do Terreiro
30
El próximo día 3 de septiembre de 2.012 finaliza el período voluntario de pago de los recibos correspondientes
31
Momento para disfrutar de buen balonmano y oportunidad para ir conociendo a nuestras jugadoras de cara a la temporada que ya comienza el 8 de Setiembre con un desplazamiento a Canarias.
  • Abre en nueva ventana: GLOBAL A GUARDA
  • Abre en nueva ventana: PHOTOTECA B&N EN A GUARDA
  • Abre en nueva ventana: AUTOMOTO A GUARDA ADSL TELEFONÍA MÓVIL Y FIJA RUA GALICIA
  • Abre en nueva ventana: PORTALMATIC CIERRES Y AUTOMATISMOS EN A GUARDA CALLE GALICIA PUERTAS AUTOMATICAS CIERRES DE SEGURIDAD SERVICIO TÉCNITO PROPIO PARA PARTICULARES Y COMUNIDADES
  • Abre en nueva ventana: ALUKPLAS INDUSTRIA SECTOR METAL EN O ROSAL VENTANAS PERSIANAS CRISTALERIA CELSO DOMINGUEZ
  • Abre en nueva ventana: MARISQUERIA O ROXO PORTO DE A GUARDA ESPECIALIDADES EN MARISCOS SALPICON DE BOI
  • Abre en nueva ventana: COSER Y CANTAR LA GUARDIA
  • Abre en nueva ventana: REFORMAS J ARTURO O ROSAL PAVIMENTADO ALICATADOS COCIÑA BAÑOS PINTURA INTERIOR EXTERIOR FONTANERIA CARPINTERIA ELECTRICIDAD
  • Abre en nueva ventana: MAS INSTALACIONS SL ENERGIA SOLAR CALEFACCION GEOTERMICA BIOMASA FONTANERIA
  • Abre en nueva ventana: AUTO-ESCUELA ELI´S EN A GUARDA CARNETS A B CURSOS FORMACION VIAL SACAR CARNET DE CONDUCIR
  • Abre en nueva ventana: RESTAURANTE O NOVO PORTIÑO A GUARDA
  • Abre en nueva ventana: BUGALLAS MOBLES SL
  • Abre en nueva ventana: FRENCH CAN-CAN PELUQUERÍA CANINA ALIMENTACIÓN Y COMPLEMENTOS EN A GUARDA
  • Abre en nueva ventana: PUNTERA ZAPATOS - TIENDA DE CALZADO EN O ROSAL
  • Abre en nueva ventana: SEGUROS BILBAO EN A GUARDA MERCEDES CORDERO Autos, Hogar, Ahorro, Financieros, Jubilación, Vida, Rc, Accidentes
  • Abre en nueva ventana: CERVECERÍA ZENTRAL (A GUARDA) ZONA WIFI CAFETERIA BILLARES FUTBOLINES EN LA CALLE MANUEL ALVAREZ

Agenda

  • AS FAMILIAS GALEGAS CON MENOS RECURSOS PODEN SOLICITAR AS AXUDAS DA XUNTA PARA CONTRATAR INTERNET NO FOGAR

    Fecha: del 02.01.2012 al 30.09.2012
    Desde hoxe as familias galegas cunha renda per cápita igual ou inferior a 9.000 euros poderán acceder ao programa de axudas para contratar Internet nos seus fogares. Os posibles beneficiarios deberán contratar o servizo de Internet con R ou Telefónica, que son as empresas que na actualidade completaron os trámites para acadar a condición de entidades colaboradoras desta iniciativa.

    Os interesados poden solicitar información nos teléfonos gratuítos 1004 de Telefónica e 1445 de R ou acudir as oficinas de venda destes operadores, que se encargarán de xestionar a subvención. Segundo establece a convocatoria, no ano 2012 o prazo de presentación de solicitudes quedará aberto ata o 30 de setembro, ou ata que se esgote o crédito orzamentario.

    A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica destina este ano un orzamento superior aos 570.000 euros a esta iniciativa que permitirá subvencionar a contratación deste servizo a máis de 3.000 familias.

    Beneficiarios das axudas
    Os beneficiarios destas axudas serán as familias residentes en Galicia, que teñan unha renda per cápita igual ou inferior a 9.000 € e que soliciten unha nova alta de acceso ás entidades colaboradoras da iniciativa, actualmente R e Telefónica. Para iso, a Xunta puxo a súa disposición unha plataforma telemática para garantir unha xestión totalmente electrónica das subvencións.

    Para poder acceder á subvención, será condición obrigatoria que no domicilio non houbese contratada ningunha conexión a Internet no momento de efectuar a solicitude nin polo menos nos tres meses anteriores.

    Importe e tramitación das axudas
    O programa establece a concesión dunha única subvención por unidade familiar do 40% do custe da tarifa mensual de conexión a Internet a partir do segundo mes de servizo e ata completar un ano, cunha contía máxima de 180€ e condicionado á permanencia no servizo durante ese período. A alta de liña e o importe da primeira cota mensual será asumido pola entidade colaboradora.

    Superar a barreira económica
    Segundo datos do INE o custo da conexión é a terceira causa aducida en Galicia para non contratar o servizo de Internet no fogar. Este programa de axudas busca reducir as barreiras económicas de entrada ao uso da banda larga mediante apoios económicos de cara á contratación deste servizo para seguir axudando aos colectivos máis desfavorecidos e así garantir a igualdade de oportunidades no acceso á información..

    Xunto coa eliminación da barreira económica a Xunta está a traballar na superación doutras dúas barreiras: a das infraestruturas de Telecomunicación co Plan de Banda Larga co que xa se reduciu nun terzo a poboación sen acceso a Internet na Comunidade; e a da formación, coa posta a disposición da cidadanía de instrumentos para o acceso as novas tecnoloxías como a Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica.

    Estas medidas intégranse nas actuacións da Axenda Dixital de Galicia 2014.gal, a folla de ruta do Goberno galego en materia tecnolóxica para integrar as TIC na sociedade galega e eliminar a fenda dixital na Comunidade.

    Ver más
  • AXUDAS ECONÓMICAS A PROXECTOS DIRIXIDOS A PERSOAS CON DISCAPACIDADE

    Fecha: del 25.01.2012 al 30.09.2012
    Convoca: Fundación Once
    Contido:  A Fundación ONCE convoca axudas económicas a proxectos dirixidos a persoas con discapacidade para a cooperación e inclusión social de persoas con discapacidade.
    Beneficiarios: Son beneficiarios potenciais das axudas da Fundación:
    - Calquera entidade de nacionalidade española, dotada de personalidade xurídica que, con arranxo aos seus estatutos, desenvolva unha actividade coincidente coa que leva a cabo a Fundación ONCE. Contémplase particularmente neste grupo ás entidades sen fins lucrativos no ámbito do movemento asociativo de persoas con discapacidade, é dicir, asociacións, federacións, fundacións e confederacións nos distintos ámbitos de actuación xeográfica.
    - Calquera persoa física de nacionalidade española afectada por calquera tipo de discapacidade. A estes efectos será imprescindible que dita persoa estea en posesión do correspondente certificado de minusvalía emitido pola Administración Pública competente.
    Prazo: 30 de setembro.
    Máis información na Fundación ONCE. Rúa Sebastián Herrera, 15. Madrid
    http://www.fundaciononce.es/es/ambitosactuacion/proyectossolicitudes/paginas/introduccion.aspx e no BOE do 3 de xaneiro.
    Ver más
  • FEIRA DE ARTES E VELHARIAS O SEGUNDO DOMINGO DE CADA MES EN CERVEIRA

    Fecha: del 11.03.2012 al 14.10.2012

    O SEGUNDO DOMINGO DE CADA MES

    MARZO - OUTUBRO 2012

    PRAZA DA GALIZA

    VILANOVA DE CERVEIRA

    Ver más
  • MUNICÍPIO LEVA -CERVEIRA AO PIANO- 2012 À BOLSA DE TURISMO DE LISBOA

    Fecha: del 11.08.2012 al 23.08.2012

    O município de Vila Nova de Cerveira faz este ano uma aposta forte na BTL, um espaço de excelência para a divulgação turística, que atrai milhares de visitantes e profissionais de vários países. O "espaço" do concelho no certame acontece logo no segundo dia, a partir das 14h15, altura em que será feita apresentação de Vila Nova de Cerveira, através da exibição de um DVD institucional, com uma duração aproximada de 14 minutos.
    Terminada a apresentação, haverá então lugar à promoção de um dos mais importantes eventos da programação cultural, marcado pelo sucesso ao longo das quatro edições já realizadas. Trata-se de "Cerveira ao Piano", que trouxe a Cerveira vários músicos de referência, como Wim Mertens, Michael Nyman, Jorge Palma, Pedro Abrunhosa e Ivan Lins, entre muitos outros.
    A quinta edição, a decorrer entre 11 e 23 de Agosto, vai manter o nível elevado a que o público já se habituou. Este ano, no dia 11, o palco vai receber o fadista Camané acompanhado ao piano por Mário Laginha e Bernardo Sassetti, No dia 18 será a vez de Rodrigo Leão e, a encerrar este ciclo, no dia 23, Cerveira receberá dois pianistas internacionais, que apresentarão o seu mais recente trabalho "Two Pianists". São eles Ninna Schumann e Luís Magalhães.
    "Cerveira ao Piano" decorrerá no Auditório Municipal, a partir das 22h00, devendo os bilhetes ser adquiridos atempadamente na Casa de Turismo de Vila Nova de Cerveira.
    Entretanto, a representar o evento na BTL estarão o fadista Camané e o pianista Mário Laginha, que vão animar o espaço de Cerveira na feira de turismo com um concerto ao vivo, que durará entre 20 e 25 minutos, seguindo-se curta sessão de autógrafos.
    Para José Manuel Carpinteira, a aposta na BTL é da maior importância para Vila Nova de Cerveira, uma vez que garante a necessária visibilidade. Justifica-se também pelo prestígio do próprio certame, que consolidou uma forte tradição no turismo ao longo de 23 edições.
    A BTL 2012 - Feira Internacional de Turismo de Lisboa, abre amanhã, dia 29, e prolonga-se até 4 de Março. Para além dos expositores sobre centenas de destinos de todo o mundo, o programa da BTL 2012 inclui também workshops temáticos, apresentações de destino, provas gastronómicas e apresentações culturais.
    Ao longo das 23 edições, a BTL ganhou um espaço próprio no sector, a nível internacional, e é considerada como o espaço de eleição para os profissionais ligados à área turística, funcionado como o grande barómetro do mercado.
    Ver más
  • CONTINÚA ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN DOS ROTEIROS PARA A XUVENTUDE

    Fecha: del 20.03.2012 al 31.08.2012

    O 20 de marzo abre o prazo de inscrición en Roteiros para a xuventude, un programa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado que consiste en saídas de fin de semana co obxectivo de  ofertar á xuventude novas experiencias e alternativas para o tempo libre, así como a transmisión e coñecemento de valores como a convivencia, a cooperación, o compañerismo, entre outros, favorecendo as relacións interpersoais e a creación dun bo ambiente grupal que lle permita acceder a un tempo libre de calidade.kaiak_surf_2

    Ofértase un total de 3.782 prazas prazas en 16 instalacións distintas dende o mes de abril ata o mes de setembro,  incluíndo actividades náuticas, de multiaventura, de interpretación do noso patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico.

    Os interesados en participar nesta iniciativa poderán facer a reserva da súa praza a partir do martes 20 de marzo a través da chamada telefónica nos teléfonos 981545937/545702/541689/545822 en horario de 09,00 a 14,00 horas de luns a venres.

    Mais Informaciónroteiros2012

    Ver más
  • REDUÇÃO DE 50 PORCENTO PARA LIGAÇÃO AO SANEAMENTO PROLONGA-SE ATÉ 31 DE AGOSTO EM SEIXAS E CRISTELO (CAMINHA)

    Fecha: del 19.04.2012 al 30.08.2012

    A ligação de saneamento na freguesia de Cristelo e nas zonas de ampliação da rede existente em Seixas vai continuar com uma redução de 50% até ao dia 31 de agosto. O prolongamento foi aprovado em reunião de câmara na sexta-feira, dia 13.

    Redução de 50% para ligação ao saneamento prolonga-se até 31 de agosto em Seixas e CristeloAssim, até ao final de agosto, os munícipes de Cristelo e de algumas zonas da freguesia de Seixas, nomeadamente os que habitam nas ruas do Vale e da Boalheira, podem efetuar a ligação das suas casas à rede de saneamento com 50% de desconto.

    A rede de saneamento de Cristelo foi um investimento de 664.889,40 euros, cofinanciado em 80% do valor elegível, pelo Fundo Europeu de Desenvolvimento Regional (FEDER). Em Seixas, o investimento foi de 57.096,63 euros, cofinanciado em 80%, do valor elegível, pelo FEDER.

    Esta medida insere-se na política de qualificação ambiental do Concelho e no esforço que o Município tem efetuado no sentido de dotar todas as freguesias do concelho de Caminha e o maior número possível de aglomerados populacionais com uma rede de saneamento e de abastecimento de água moderna e eficaz.

    Ver más
  • CONCURSO FOTOGRÁFICO IMAXES CON FONDO - PRAZO ATA HOXE 15 DE OUTUBRO DE 2012

    Fecha: del 01.05.2012 al 15.10.2012
    O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade sorprende neste 2012 co concurso ‘Imaxes con Fondo’. O concurso é unha ferramenta para promover a reflexión e un cambio de actitude na cidadanía, apostando por condutas solidarias e respectuosas co entorno do planeta e coas persoas que nel habitan.


    Se es capaz de combinar unha fotografía cun texto de 140 caracteres (un tweet), podes participar, sensibilizar e até gañar un premio (¡)

    E LEMBRA, A IDEA É MÁIS IMPORTANTE QUE A CALIDADE DA TÚA CÁMARA FOTOGRÁFICA...

    ‘Imaxes con Fondo’ divídese en dúas categorías con cadansúa temática:

    - Categoría xuvenil (de 13 a 17 anos, ambos inclusive): As/os concursantes deberán achegar fotografías nas que se amose a solidariedade na nosa sociedade, entendido como un dos valores fundamentais e universais nos que deberían basearse as relacións entre os pobos e as persoas.

    - Categoría adultas/os (de 18 anos en adiante): As/os concursantes deberán achegar imaxes que amosen como algunhas prácticas na nosa sociedade (tanto de persoas particulares coma de empresas e gobernos) repercuten negativamente nas poboacións dos países do sur de forma directa ou de forma indirecta, de cara a denunciar as iniquidades entre o norte e o sur que obstaculizan o desenvolvemento humano.

    Haberá só un premio por categoría:

    - Para a categoría xuvenil: Cámara fotográfica Canon EOS 1100 + Obxectivo EF-S 18-55 mm (ou similar) e un lote de produtos de comercio xusto, valorado todo en 450€.

    - Para a categoría adultas/os: Viaxe (inclúe billetes de avión e aloxamento) a un dos proxectos do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en Cabo Verde, co obxectivo e compromiso de realizar un traballo fotográfico para o arquivo do Fondo Galego a modo de acción voluntaria. A viaxe ao terreo será realizada no 2013 e terá entre 15 días e un mes de duración.

    Cada participante poderá presentar ata un máximo de 3 fotografías individuais, ou ben ata tres series compostas de tres fotografías cada unha. As fotografías deberán ser presentadas en formato JPG, cunha resolución mínima de 300ppp e deberá ocupar 5MB como máximo.

    Pero, o máis importante é a breve descrición de cada obra (tweet), de 140 caracteres e en galego, na que se explique a relación da fotografía ou serie co tema proposto, facendo unha reflexión sobre o significado da imaxe.

    Aquelas persoas interesadas poderán facer entrega das súas obras e demais documentos requiridos dende o 15 de abril ata o 15 de outubro de 2012 no seguinte enderezo electrónico: imaxesconfondo@yahoo.es . Para máis información poden escribir un correo electrónico a dito enderezo ou chamar ao 698 156 127.

    Para a elaboración das bases do concurso contouse co apoio de diferentes colectivos vinculados ao mundo da fotografía: Asociación de reporteiros solidarios (AGARESO), Asociación Provincial de Fotógrafos de Pontevedra, Asociación Provincial de Fotógrafos de Lugo, Agrupación Fotográfica Galega, Asociación Fotográfica ‘Os Negativos’ e a Asociación Fotográfica Galega ‘Phosgalicia’.

     

    Bases do Concurso: Imaxes con Fondo

    BASES CONCURSO FOTOGRÁFICO “IMAXES CON FONDO”
    FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE. 2012.

    Para calquera dúbida sobre o concurso pódese chamar ao 698 156 127 de luns a venres de 9:30 a 14:00h ou escribir un correo electrónico a imaxesconfondo@yahoo.es .

    1. PARTICIPANTES
    Poderán presentarse tódalas persoas interesadas, de 13 anos en diante, de calquera nacionalidade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
    Haberá dúas categorías:
    - Dos 13 aos 17 anos (ambos inclusive): categoría xuvenil
    - A partir dos 18 anos: categoría adultas/os

    2. TEMÁTICA DO CONCURSO
    Os traballos deberán axustarse ás temáticas propostas, que son as seguintes:
    Para a categoría xuvenil: A solidariedade dá sentido ás nosas vidas.
    A solidariedade é un dos valores fundamentais e universais nos que deberían basearse as relacións entre os pobos e entre as persoas dunha mesma sociedade. É tamén un dos piares centrais da cooperación internacional, mais non é necesario participar directamente nos proxectos do sur para poñer en práctica a nosa solidariedade. A solidariedade é dar apoio e comprensión ante as dificultades que pode ter outra persoa, dende o respecto, a igualdade e o desinterese, sendo conscientes de que podemos influenciarnos entre  todas as persoas dun xeito positivo. Ao solidarizarnos implicámonos na resolución dos problemas do noso contorno , contribuíndo á construción dun mundo en paz, máis xusto e equitativo. Cada día preséntanse oportunidades para practicar a solidariedade con quen nos rodea, como por exemplo: Acompañar a unha persoa maior que vive soa, reciclaxe de residuos, contribuír nas tarefas domésticas, axudar a un compañeiro/a cos deberes, respectar o medio ambiente, ceder o asento do autobús a unha embarazada, respectar as normas de circulación para evitar accidentes, tratar de frear burlas ou ofensas contra outras/os compañeiras/os da clase, etc.
    As/os concursantes que entren dentro desta categoría deberán achegar fotografías nas  que se amose a solidariedade na nosa sociedade. Ademais de reflectir imaxes da solidariedade cotiá tamén poderán achegar imaxes de mobilizacións ou actividades que se dean no seu concello en torno a este principio.

    Para a categoría adultas/os: Cambia, reivindica e constrúe.
    No contexto actual de globalización observamos na nosa sociedade innumerables prácticas que a simple vista poden resultar inofensivas, pero que pola contra van acompañadas de efectos nefastos para os pobos do sur e para o noso propio. Seguindo os informes do PNUD, aproximadamente o 20% da humanidade aproveita e explota o 80% dos bens da terra, mentres que o 80% restante deben repartirse menos do 20% dos bens. O desigual reparto de riquezas continúa  a perpetuar as iniquidades entre os países do norte e do sur.  Crear conciencia social sobre os efectos perversos da globalización e sobre os actos que levamos a cabo na nosa sociedade é un acto de xenerosidade, mais tamén de creación dunha cidadanía global responsable que denuncie as corrupcións, as inxustizas, e as malas prácticas adquiridas e xa normalizadas que obstaculizan o desenvolvemento humano tanto no norte coma no sur.

    As/os concursantes desta categoría deberán achegar imaxes que amosen como algunhas prácticas na nosa sociedade (tanto de persoas particulares coma de empresas e gobernos) repercuten negativamente nas poboacións dos países do sur de forma directa ou de forma indirecta. Algúns exemplos poderían ser: consumo de enerxía, explotación laboral, racismo, prostitución de inmigrantes, narcotráfico, comercio “inxusto”, malas prácticas empresariais, quecemento global, consumismo, etc.

    3. PRESENTACIÓN DAS OBRAS AO CONCURSO
    As/os concursantes poderán facer entrega dos seus traballos entre o 15 de abril e o 15 de outubro de 2012.
    As fotografías e documentos requiridos para concursar enviaranse por correo electrónico ao enderezo imaxesconfondo@yahoo.es . A xeito de acuse de recibo, a Secretaría Técnica do Fondo Galego responderá cunha mensaxe de correo electrónico confirmando a recepción. Ata que non reciba esta mensaxe, a persoa solicitante non poderá dar por feita a súa participación.

    3.1 PRESENTACIÓN E ENVÍO DAS FOTOGRAFÍAS:
    As fotografías deberán ser presentadas en formato JPG, cunha resolución mínima de 300ppp. A imaxe poderá ocupar 5MB como máximo.
    Cada participante poderá presentar ata un máximo de 3 fotografías individuais, ou ben ata tres series compostas de tres fotografías cada unha.
    Admítense fotografías en cor e en branco e negro.
    Cada fotografía presentada a concurso nomearase co pseudónimo da autora ou autor  seguido do número da fotografía (1, 2 ou 3) máis a extensión do ficheiro. Por exemplo: bolboreta1.JPG, bolboreta2.JPG.
    No caso das series fotográficas, estas serán nomeadas co pseudónimo da/o concursante seguido da palabra ‘serie’ xunto co número da mesma (1, 2 ou 3) máis o lugar que ocupa a fotografía na serie (1, 2 ou 3). Por exemplo: bolboretaserie11.JPG, bolboretaserie12.JPG, bolboretaserie13.JPG.
    Non se admitirán fotomontaxes ou fotografías retocadas dixitalmente, se ben serán admitidas as fotografías con axustes de brillo, contraste e cor empregados para mellorar a calidade da imaxe.
    As imaxes deben ser inéditas e exclusivas do/a autor/a. Non se admitirán, polo tanto, obras que se teñan presentado a outros concursos ou que teñan recibido premios anteriormente.
    A/o concursante garante ser a/o única/o titular dos dereitos de autor sobre as fotografías presentadas e faise responsable de calquera tipo de reclamación, eximindo á organización de dita responsabilidade.
    As/os concursantes  certifican que dispoñen dos dereitos de imaxe das persoas identificadas ou identificables e eximen ao Fondo Galego de calquera responsabilidade que puidera derivarse como consecuencia da non obtención destes correspondentes permisos.
    No caso de que aparezan menores de idade as/os concursantes deberán dispoñer da correspondente autorización da nai ou pai ou do/a do titor/a legal.
    O Fondo Galego garante ás/aos autoras/es o respecto absoluto aos seus dereitos conforme a lexislación vixente. 
    As/os concursantes non poderán exhibir  as fotografías presentadas ao concurso a través dos diferentes medios de comunicación e redes sociais antes do fallo do concurso.

    3.2 PRESENTACIÓN E ENVÍO DA INFORMACIÓN REQUIRIDA:
    Documento de texto “FOTOS”: este documento deberá nomearse co pseudónimo da/o concursante seguido da palabra “fotos”. Por exemplo: bolboretafotos
    Deberá conter a seguinte información:
    - Pseudónimo da/o concursante
    - Título de cada fotografía, asociado ao nome que leve o arquivo fotográfico, ou título de cada serie, vinculado ao número de fotografías que o compoñen.
    - Breve descrición de cada obra (TWEET), de 140 caracteres e en galego, na que se explique a relación da fotografía ou serie co tema proposto.
    - Lugar de realización de cada unha das fotografías ou series.
    Documento de texto “DATOS PERSOAIS”: este documento deberá nomearse co pseudónimo da/o concursante seguido de “datos persoais”. Por exemplo: bolboretadatospersoais.
    Deberá conter a seguinte información:
    - Nome e apelidos.
    - Data de nacemento.
    - Domicilio, código postal e poboación.
    - Teléfono de contacto e enderezo electrónico.
    - En caso de ser menor de idade, autorización asinada con DNI da/o nai/pai ou titor/a.

    3.3 DEREITO DE EXCLUSIÓN
    A organización resérvase o dereito de exclusión:
    - cando se incumpran as presentes bases
    - cando se inscriban datos falsos na ficha de inscrición
    - cando de forma fraudulenta manipulen a participación
    - cando as fotografías poidan considerarse contrarias aos dereitos e liberdades fundamentais
    Os documentos de texto nos que se indiquen os datos persoais da/o concursante será arquivado pola Secretaría Técnica do Fondo Galego e en ningún caso as persoas que compoñen o xurado terán acceso aos mesmos ata unha vez decidido cales son as fotografías gañadoras. A Secretaría Técnica do Fondo Galego será a única responsable do ficheiro de datos. Seguirase minuciosamente a normativa vixente sobre a protección de datos de carácter persoal (Lei 15/1999).

    4. XURADO E SELECCIÓN DE GAÑADORAS/ES
    Participar no concurso implica aceptar estas bases e a inapelable decisión do xurado, que estará composto por sete persoas:
    - Representante da Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
    - Representante Coordinadora Galega de ONGD.
    - Técnica/o dalgún concello e/ou deputación integrada no Fondo Galego.
    - Catro representantes de prestixio do mundo da fotografía e/ou artes plásticas.
    Calquera continxencia non contida nas bases pode ser resolta pola entidade organizadora.

    O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade desenténdese de calquera controversia.

    5. ENTREGA DE PREMIOS
    Haberá un premio por categoría. Os premios serán os seguintes:
    - Para a categoría xuvenil: Cámara fotográfica Canon EOS 1100 + Obxectivo EF-S 18-55 mm (ou similar) e un lote de produtos de comercio xusto, valorado todo en 450€.
    - Para a categoría adultas/os: Viaxe (inclúe billetes de avión e aloxamento) a un dos nosos proxectos en Cabo Verde, co obxectivo e compromiso de realizar un traballo fotográfico para o arquivo do Fondo Galego a modo de acción voluntaria. A viaxe ao terreo será realizada no 2013 e terá entre 15 días e un mes de duración. O uso de ditas fotografías quedará cedido ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que poderá empregalas para realizar calquera actividade sen fins lucrativos, citando sempre ao/á autor/a das obras. Tamén poderá difundilas polas súas canles de comunicación habituais (boletín, web). A persoa premiada asinará un documento de cesión de dereitos de reprodución das imaxes que debe achegar tras a viaxe.

    O fallo do concurso farase público no mes de novembro de 2012 a través da páxina web do Fondo Galego www.fondogalego.org. Con anterioridade comunicaráselle individualmente ás persoas premiadas.
    Se o xurado o estimase oportuno algún dos premios podería quedar deserto.
    A entrega de premios será realizada no mes de novembro de 2012, durante as VII Xornadas anuais de cooperación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (está por decidir o lugar e o día concreto).
    As persoas premiadas cederán  ao Fondo Galego os seus dereitos para a utilización das mesmas polas súas canles de comunicación habituais, sempre sen fins lucrativos.

    Para calquera dúbida sobre o concurso pódese chamar ao 698 156 127 de luns a venres de 9:30 a 14:00h ou escribir un correo electrónico a imaxesconfondo@yahoo.es .

     

     
    Ver más
  • AVE EM VIAS DE EXTINÇÃO VOLTA A SER PROTEGIDA NAS PRAIAS DE CAMINHA

    Fecha: del 11.05.2012 al 31.08.2012

    Ave em vias de extinção volta a ser protegida nas praias de CaminhaNo âmbito de ações de proteção da natureza e biodiversidade, até 31 de agosto, nas praias entre a foz do Rio Minho e o Forte do Cão, estão a ser implementadas medidas para garantir a reprodução do borrelho de coleira interrompida, uma ave em vias de extinção, que nidifica nos areais dessas praias.

    O borrelho (Charadrius alexandrinus) é uma ave que põe os seus ovos em pequenas covas feitas na areia, a partir do mês de abril. Isto quer dizer que os ovos podem ser pisados pelos utilizadores das praias, destruídos pelos tratores que limpam as praias ou por animais.

    Assim, as medidas que estão a ser implementadas consistem na colocação de gaiolas de proteção nos ninhos e na delimitação da área envolvente, de forma a evitar o seu pisoteio e a perturbação das aves.

    A violação do perímetro de segurança, bem como a sua captura, abate ou detenção dos respetivos juvenis, faz incorrer o seu autor em contraordenação punível com coima pela entidade competente pelo domínio marítimo.

    Recorde-se que, já no ano passado, foi implementado um projeto para proteger esta espécie de aves. Para além do Município de Caminha, participaram nesse projeto a Capitania do Porto de Caminha, ICNB (Instituto da Conservação da Natureza e da Biodiversidade), Juntas de Freguesia de Cristelo, de Vila Praia de Âncora e de Âncora, Anabam (Asociación Naturalista "Baixo Miño"), COREMA - Associação de Defesa do Património, NUCEARTES (Núcleo de Estudos e Artes do Vale do Âncora), NAIAA (Núcleo Amador de Investigação Arqueológica de Afife), Centro de Monitorização e Interpretação Ambiental de Viana do Castelo, Agrupamento de Escolas Coura e Minho, Associação de Pais e Encarregados de Educação da EB1/JI de Moledo e SUMA.

    Ver más
  • VALENÇA COMEMORA O FORAL MANUELINO COM EXPOSIÇAO

    Fecha: del 01.06.2012 al 27.10.2012
        Os atos comemorativos começam sexta-feira, 1 de Junho, com a inauguração da exposição “D Manuel I O Crescimento Urbano de Valença e as Alterações à Muralha”, no Núcleo Museológico Municipal, às 17h00.  A exposição estará patente ao público entre 1 de Junho e 27 de Outubro.
        Sexta-feira está programada, também, a conferência “Valença entre o Foral Antigo e o Foral Manuelino”por Doutor Matos Reis, no auditório da Escola Superior de Ciências Empresariais de Valença, às 21h30. Os atos comemorativos de sexta-feira encerram com um concerto de fados a cargo do grupo Viana Canta Coimbra, na avenida da Estação, às 22h00.
        Dos atos comemorativos destaca-se, ainda, uma visita guiada noturna, com lanternas, pelas marcas medievais da Fortaleza de Valença, em 22 de Junho, a partir das 22h00.
        Para fins de Agosto está programada, também, uma recriação histórica evocativa da atribuição do Foral Manuelino a Valença.
    Ver más
  • COMEZA A VEDA DA CENTOLA QUE REMATARÁ O 4 DE NOVEMBRO NAS PROVINCIA DE PONTEVEDRA

    Fecha: del 01.06.2012 al 04.11.2012
    Hoxe comeza a veda da centola que rematará o 4 de novembro nas provincias de Pontevedra e a Coruña e o 2 de decembro na de Lugo. Isto indica que a partir do primeiro de xuño deixa de poxarse nas lonxas galegas, e tampouco poderemos atopala nos establecementos de venda aos consumidores, salvo que sexa conxelada ou foránea.

    Esta veda é de aplicación ás augas competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para as embarcacións con artes menores que teñan porto base nesta comunidade, así como para aquelas que tendo porto base noutras comunidades teñan permisos especiais de pesca para faenar nas augas galegas. Así o recolle o plan de explotación marisqueira deste ano, no que se establecen as súas medidas de xestión.

    Dende comezos deste ano ata finais de maio en Galicia extraéronse unhas 75 toneladas desta especie, o que supuxo un valor económico de máis de 935.000 euros, sendo O Grove e A Coruña con preto de 12 toneladas cada un, as lonxas que máis descargas rexistraron desta especie. O prezo medio que acadou foi de 12,80 euros.
    Ver más
  • CONVOCADO CONCURSO FOTOGRÁFICO -YOUNG PEOPLE ARE ASKING-

    Fecha: del 05.06.2012 al 31.08.2012

    camara

     

    A Axencia europea de información e asesoramento para os xóvenes, convoca este concurso a través do facebook da campaña information right now. As fotografías deben versar sobre o tema "young people are asking". Ganará a fotografía con máis votos ata o 31 de agosto. O premio consiste nun viaxe a Budapest. Máis información http://www.informationrightnow.eu/

    Ver más
  • ÉPOCA DE PERIGO ALTO DE INCENDIOS FORESTAIS ENTRE O 1 DE XULLO E O 30 DE SETEMBRO

    Fecha: del 01.07.2012 al 30.09.2012
    O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se determina a época de perigo alto de incendios. Mediante esta norma, para este ano 2012 declárase o período comprendido entre o 1 de xullo e o 30 de setembro como de perigo alto de lumes forestais.

    A publicación desta Orde no DOG faise efectiva de acordo co establecido polo artigo 9 da Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

    Esta norma establece que, en consideración aos antecedentes e datos históricos sobre o risco de aparición de incendios e sobre a incidencia das variables meteorolóxicas no comportamento do lume, a consellería con competencias en materia forestal definirá a época de perigo alto que condicionará a intensidade das medidas que se vaian adoptar para a defensa do territorio de Galicia.
    Ver más
  • CONFERENCIA E EXPOSICIÓN GRAU-ZERO ARQUITECTURA HOJE NA ESG DE VILANOVA DE CERVEIRA

    Fecha: del 22.06.2012 al 31.08.2012
    Conferencia Sergio Manuel Nobre o 22 de Junho ás 18:00h
    Ver más
  • NOVA XEIRA NOCTURNA DO IEM POLOS PETRÓGLIFOS DO MONTE TETÓN NO CONCELLO DE TOMIÑO HOXE VENRES

    Fecha: del 29.06.2012 al 14.09.2012

    Como xa é tradicional no verán o Instituto de Estudos Miñoranos organiza por undécimo ano consecutivo unha serie de visitas-guiadas ou Xeiras a distintos lugares de especial interese histórico, artístico, natural e paisaxístico do Val de Miñor e a súa contorna. Trátase de pequenos percorridos a realizar polas tardes ou ao anoitecer dirixidos por especialistas no tema da visita.
     
    O punto de encontro será na Casa Consistorial do Concello de Tomiño, onde o arqueólogo Xosé Lois Vilar introducirá aos visitantes no contexto da arte rupestre no nordeste peninsular, cunha especial atención no tema das escenas de caza atopadas en diversos conxuntos de Galicia e Portugal.

    Posteriormente o equipo de Xeiras do IEM conducirá aos visitantes ata o petróglifo As Portaxes (Monte Tetón), onde se atopa o panel co maior gravado de círculos concéntricos do mundo. Nese punto, na noitebra, Xosé Lois Vilar brindará unha explicación das diversas figuras gravadas nesa rocha, así como do contexto xeográfico, toponímico e histórico do lugar.

    A Xeira desenvolverase en conxunto co Concello de Tomiño, nun marco de colaboración para o desenrolo de catro visitas ao Monte Tetón no transcurso do verán 2012:
    Venres 29 de xuño.
    Venres 20 de xullo.
    Venres 24 de agosto.
    Venres 14 de setembro.
    Tódalas saídas son ás 22 horas dende a Casa Consistorial do Concello de Tomiño. A participación é gratuíta.
    Ver más
  • XUVENTUDE EN ACCIÓN: CONVOCATORIA DE PROPOSTAS, SUB ACCIÓN 4.4: PROXECTOS DESTINADOS A FOMENTAR A INNOVACIÓN E A CALIDADE; E ACCIÓN 4.6 -SISTEMAS DE APOIO Á XUVENTUDE-

    Fecha: del 29.06.2012 al 17.09.2012

    logo_xuventude_en_accinSub acción 4.4: proxectos destinados a fomentar a innovación e a calidade

    Obxectivos: A  convocatoria da sub acción 4.4.: proxectos destinados a fomentar a innovación e a calidade, está destinada a apoiar proxectos que teñen como obxectivo a introdución, aplicación e promoción de elementos innovadores e cualitativos na educación non formal e o traballo no ámbito da xuventude

    Solicitantes elexibles: organización sen ánimo de lucro ou redes activas no ámbito da xuventude.

    Actividades elexibles: os proxectos incluirán actividades sen ánimo de lucro e pertencerán ao ámbito da xuventude e a educación non formal.

    Os proxectos deben comezar entre o 1 de xaneiro e o 30 de abril do 2013.

    Terán unha duración mínima de 12 meses e máxima de 18 meses.

    Prazo para a presentación de solicitudes: o formulario de solicitude electrónica debe ser enviado antes das 12:00 horas (hora de Bruselas) do 3 de setembro de 2012.

    Antes do 3 de setembro do 2012 a solicitude tamén deberá ser remitida en versión papel.

    Toda a información aquí

    Descarga PDF

     Acción 4.6. “Sistemas de apoio á xuventude” – Asociacións

    Obxectivos: se pretende apoiar ás asociacións con organismos públicos rexionais ou locais e outras partes interesadas no ámbito da xuventude a escala europea, co fin de desenvolver a largo prazo proxectos que combinen diversas medidas do programa Xuventude en Acción.

    Candidatos elexibles:

    • Organismos públicos de ámbito rexional ou local
    • Asociacións ou redes de organismos de ámbito rexional ou local
    • Agrupacións europeas de cooperación territorial
    • Entidades sen ánimo de lucro activas a escala europea no campo da xuventude que teñan organizacións membros en al menos 8 países do programa Xuventude en Acción
    • Empresas e outras entidades con ánimo de lucro activas no ámbito da responsabilidade social corporativa a favor da xuventude

    Temas e propostas elexibles: actividades sen ánimo de lucro e pertencerán ao ámbito da xuventude e a educación non formal.As actividades admisibles son:

    • Intercambios xuvenís transnacionais
    • Iniciativas xuvenís nacionais ou transnacionais
    • Servizo Voluntario Europeo
    • Formación e establecemento de redes

     O programa de actividades deberá comezar entre o 1 de marzo de 2013 e o 1 de setembro de 2013 e poderá ter unha duración máxima de 2 anos (24 meses)

    Prazo para a presentación de solicitudes: o formulario de solicitude electrónica debe ser enviado antes das 12:00 horas (hora de Bruselas) do 17 de setembro de 2012.

    Antes do 17 de setembro do 2012 a solicitude tamén deberá ser remitida en versión papel.

    Toda a información aquí

    Descarga PDF

    Ver más
  • ARTISTAS RESIDENTES EM CERVEIRA ABREM AS PORTAS DOS SEUS ATELIÊS

    Fecha: del 01.07.2012 al 30.09.2012

    São vários os artistas que escolheram Vila Nova de Cerveira para fixar residência e estabelecer espaços de criação artística e vai ser possível ao público conhecer melhor alguns deles, que participam na iniciativa "Casas Atelier Vila Nova de Cerveira". Augusto Canedo, Henrique do Vale, Henrique Silva e Margarida Leão têm os seus ateliês na freguesia de Gondar, enquanto o de João Nunes se localiza na freguesia de Covas.


    Trata-se de uma organização da Fundação Bienal de Cerveira, que conta com o apoio da Câmara Municipal e que vai decorrer aos domingos, das 14h00 às 19h00, mediante marcação em bienalcerveira.pt. As inscrições devem ser realizadas até às 16h00 da sexta-feira anterior ao respetivo domingo de visita. O número máximo de pessoas por visita é de 7 e a participação é gratuita.

    Os artistas plásticos Augusto Canedo, Henrique do Vale, Henrique Silva e Margarida Leão, e João Nunes, vão abrir as portas dos seus ateliês ao público, aos domingos, de julho a setembro, dando a conhecer o seu espaço de trabalho, a sua obra e o seu percurso artístico.

    Ver más
  • A XUNTA LEMBRA QUE ESTÁN PROHIBIDAS AS QUEIMAS ATA O 30 DE SETEMBRO

    Fecha: del 02.07.2012 al 30.09.2012
    A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que están prohibidas as queimas dende o 1 de Xullo ata o 30 de setembro. Deste xeito, queda totalmente prohibido realizar queimas nos montes galegos durante este período de tempo.

    Trátase dunha medida preventiva que se adopta todos os anos ao comezo da tempada de alto risco de incendios forestais, debido á previsión de altas temperaturas típicas da época estival.

    Así mesmo, o departamento que dirixe Rosa Quintana pide colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento.
    Ver más
  • FUNDAÇÃO BIENAL DE CERVEIRA INAUGUROU EXPOSIÇÃO -A MÁQUINA DO TEMPO-

    Fecha: del 03.07.2012 al 22.12.2012
    Ângelo de Sousa, José Rodrigues, Jaime Azinheira, Sobral Centeno e Zulmiro de Carvalho são alguns dos artistas representados
    A Fundação Bienal de Cerveira inaugurou, no passado sábado, a exposição "A Máquina do Tempo", que integra 34 obras do acervo do Museu Bienal de Cerveira, desde a 1.ª à 4.ª edição da Bienal, de 1978 a 1984, na sua maioria desconhecidas do grande público.

    Segundo o comissário da exposição, Augusto Canedo, a mostra proporciona um espaço de análise e reflexão crítica em torno do percurso artístico dos autores representados, no período que medeia entre a sua presença na Bienal de Cerveira e a atualidade. "A Máquina do Tempo" permite também perceber, de acordo com as tendências da arte então hegemónicas, "como o factor TEMPO, pode esclarecer a relevância, que é atribuída, no contexto da Arte produzida num determinado período", refere o artista plástico.

    A sessão incluiu, ainda, a primeira conferência dos "Encontros no Museu", com a presença da Professora Catedrática, investigadora em Arte e escultora, Clara Menéres, que partilhou, com os presentes, o seu percurso artístico e experiência na I e IV Bienais de Cerveira.

    "A Máquina do Tempo" estará patente até 22 de Dezembro de 2012, sendo a primeira de um ciclo organizado de exposições, com caracter periódico, que darão a conhecer ao público as mais de 400 do acervo do Museu da Bienal de Cerveira.

    Artistas representados: Álvaro Lapa, Ana Vidigal, Ângelo de Sousa, Artur Bual, Clara Menéres, Costa Pinheiro, David de Almeida, Eduardo Nery, Eurico Gonçalves, Gracinda Candeias, Grupo 42, Helena Almeida, Henrique Silva, Jaime Azinheira, Jiri Kólar, José Rodrigues, Júlia Ventura, Justino Alves, Manuel Baptista, Maria José Aguiar, Mineo Aayamaguchi, Pedro Manuel Casqueiro, Riuko Ishida, Rocha Pinto, Romualdo, Rui Pimentel, Sebastião Resende, Sobral Centeno, Zulmiro de Carvalho.

    Ver más
  • O CONCELLO DE TOMIÑO OFRECE O SERVIZO DO TOMIBÚS ESTE VERÁN

    Fecha: del 04.07.2012 al 31.08.2012

    O servizo será os sábados con saída de Santa María de Tebra ás 23h45 e con volta ás 06h00 dende A Guarda

    O Concello de Tomiño ofrece o servizo de tomibús este verán. Visto as altas tasas de perigosidade na estrada, o Concello de Tomiño decidiu voltar a ofertar este servizo de transporte nocturno co obxectivo de queo os mozos e mozas de Tomiño eviten coller o coche nas saídas nocturnas do fin de semana.


    O servizo é un dos mellor valorados polos seus usuarios xa que ademáis de reducir o número de accidentes na estrada crea seguridade as familias xa que evita moitos coches na estrada.


    O servizo estará en funcionamento os meses de xullo e agosto tódolos sábados comenzando esta fin de semana. O seu custo, económico, tan só será de 5 euros ida e volta incluida. Ademáis nas Festas do Monte de A Guarda, darase servizo o xoves, venres e sábado. A rota conectará todo o Concello con A Guarda. Sairá ás 23h45 de Santa María de Tebra pasando por vilameán e Hospital para logo desviarse a Taborda e Piñeiro. Dende Sobrada baixará a Torrón e seguirá a estrada nacional que conecta Tui- A Guarda finalizando a recollida de pasaxeiros en Goián para xa por último dirixirse A Guarda. A volta será ás 06h00 e regresará facendo o percorrido a inversa.


    A Concelleira de Tráfico e Transporte, Eva Martínez, mostrou a súa satisfacción porque "volvemos a ofrecer un ano máis este servizo que é tan valorado non só entre os mozos e as mozas de Tomiño senón polas familias xa que dá seguridade e tranquilidade nas casas."

    Ver más
  • A EUROCIDADE TUI – VALENÇA ORGANIZA UN PROGRAMA DE VISITAS GUIADAS NOCTURNAS PARA OS MESES DE XULLO E AGOSTO

    Fecha: del 07.07.2012 al 31.08.2012
    A principal singularidade destas visitas é que se realizarán pola noite, cunha finalidade práctica de evitar as altas temperaturas estivais, pero tamén coa finalidade de promover un xeito diferente de coñecer as nosa cidades.
    A Eurocidade Tui-Valença promove nos meses de xullo e agosto unha serie de visitas guiadas nocturnas a diversos elementos patrimoniais de ambas localidades co obxectivo de ofrecer un achegamento dos propios veciños e dos numerosos visitantes que nestas datas visitan ambas cidades a diversos lugares emblemáticos dos conxuntos históricos de Tui e Valença.

    A principal singularidade destas visitas é que se realizarán pola noite, cunha finalidade práctica de evitar as altas temperaturas estivais, pero tamén coa finalidade de promover un xeito diferente de coñecer as nosa cidades.

    O programa destas visitas comezará este sábado, 7 de xullo, na cidade de Tui cunha visita á Igrexa románica de San Bartolomeu de Rebordáns para continuar logo ata a Ponte da Veiga, unha construcción medieval enclava xunto ao camiño de Santiago, nas ribeiras do río Louro.

    O programa completo é o seguinte, sempre o horario está referido á hora local:

    - 7 de xullo: Tui - 22,00 horas
    - Igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns e a Ponte da Veiga (inicio adro de San Bartolomeu)

    - 14 de xullo: Valença - 21,30 horas , Inicio Igreja de Ganfei
    - Trilho noctuno entre Mosteiros

    - 21 xullo: Tui - 22,00 horas
    - Visita Nocturna á Catedral de Tui

    - 28 de xullo: Valença - 20,00 h.
    - Visita ao Mosteiro de Sanfins
    - 29 de xullo: - 08.00 h. Andaina con inicio na Catedral de Tui ata San Fins con pasaxe en barca en Caldelas de Tui (inicio 08.00 horas)

    - 17 agosto: Tui - 22,00 h.
    - Paseo pola ribeira do Miño: da Alameda á Ponte Internacional (Inicio pérgola da Alemada de San Domingos)

    - 24 de agosto: Valença - 21,30 h.
    - Visita nocturna aos camiños de ronda da muralla moderna de Valença
    - Momentos musicais, Demostração de defesa militar, Inicio Porta da Coroada

    - 31 de agosto: Tui - 22,00 horas
    - Noite xudía en Tui


    Esta actividade está organizada polas concelleiras de cultura e turismo dos Concello de Tui e da Cámara Municipal de Valença e conta coa colaboración de diversas entidades e institucións de ambas cidades

    Ver más
  • O -PUNTO FORTALEZA- INICIA A SÚA ACTIVIDADE NA PRAIA DE GOIÁN

    Fecha: del 07.07.2012 al 31.08.2012
    O -punto fortaleza- ten como obxectivo dinaminar este novo espacio recén inaugurado
     
    O Concello de Tomiño abriu o pasado martes día 3 de xullo o "punto fortaleza". Esta oficina ten como finalidade dinamizar a praia de Goián e o espacio recén inaugurado no seu entorno.

    Esta oficina depende do Concello de Tomiño e oferta tanto actividades como materiales de ocio. Así faise préstamo gratuito de libros, xornais, e xogos. Para poder dispor deste material é preciso tan só facerse socio mediante o "carnet fortaleza" que custa 1 euro para toda a temporada.
    Os libros dos que poderán dispor os usuarios abarca máis de 80 títulos en galego e castelán e haberá variedade para nenos e nenas, mozos e mozas e adultos. Ademáis, poderase consultar o xornal xa que tódolos días estarán as principais cabeceiras informativas do país.

    Con respecto aos xogos, poderase dispor tanto de xogos de taboleiro como palas e pelotas para xogar a fútbol, volei , etc.

    Este punto fortaleza tamén informará turísticamente a todo aquel que se achegue por Goián proporcionando material sobre o noso Concello e, promocionará o entorno con rotas a pé, en bicicleta e en canoa. E para todo aquel que queira facer por libre algunha rota tamén se alugan bicicletas e canoas.

    O "punto fortaleza" estará aberto de 16h00 a 21h00 ata o 31 de agosto cando remata oficialmente a temporada.

    A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, comentou que "esta iniciativa dinamizará este espacio recén aberto a cidadanía e favorecerá o uso e disfrute da praia e do seu entorno. Este "punto fortaleza" está pensado para todos aqueles que queiran coñecer o noso patrimonio e para as familias que acuden a praia como lugar de lecer e que dende agora poderán facer uso de xogos e de libros".
    Ver más
  • REMATAN AS ACTIVIDADES VERAO VILANOVA DE CERVEIRA 2012 CO VI TRIATLO DA AMIZADE

    Fecha: del 14.07.2012 al 30.09.2012
    Programación de actividades de Vilanova de Cerveira Junho-Setembro 2012
    Ver más
  • VII PREMIO INTERNACIONAL DE FOTOGRAFÍA DA FUNDACIÓN ÁNADE

    Fecha: del 20.07.2012 al 12.11.2012
    minusvaliapremioA Fundación Ánade convoca o VII Premio Internacional de Fotografía.
    O obxectivo destes premios é o de visualizar a realidade do colectivo de persoas con minusvalidez psíquica, física, sensorial ou enfermidade mental.

    Os temas das fotografías son libres
    A técnica da fotografía é libre. As dimensións non poderán ser menores de 18 x 24cm. Nin maiores de 1 x 1 metro. Estes tamaños se refiren ao papel fotográfico, non ao tamaño da fotografía contida.
    Expoñeranse tal como se reciban. Por ese motivo deben vir nun marco ou en papel pluma ou similar, para facilitar a exposición e que esta teña unhas mínimas condicións.
    As fotografías presentadas a concurso deberán ser orixinais e non premiadas noutros certames.
    Cada autor pode enviar as fotografías que queira.
    As fotografías deberán presentarse acompañadas dos datos do autor: nome, enderezo, teléfono de contacto e demais datos que se consideren de interese, escrito no reverso da fotografía.
    A data de entrega dos orixinais finaliza o día 12 de novembro de 2012.
    Premios:
    Debido ás circunstancias económicas actuais, non hai certeza do presuposto co que se contará para esta edición.
    Primeiro premio, diploma
    Segundo premio, diploma
    Premio á fotografía máis humanitaria, diploma

    Máis información en www.fundacionanade.org

    Ver más
  • CERVEIRA AO PIANO COM CARTAZ DE LUXO NA EDIÇÃO 2012

    Fecha: del 11.08.2012 al 23.08.2012
    São três noites imperdíveis, para desfrutar no Auditório Municipal, pelas 22h00. A organização é da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira. 
     
    A edição 2012 de Cerveira ao Piano apresenta um cartaz de luxo. Nos três espetáculos agendados para o mês de Agosto, vão estar em palco Camané e Mário Laginha (dia 11), Rodrigo Leão (dia 18) e Nina Schumann e Luís Magalhães - "Two Pianists" (dia 23). São três noites imperdíveis, para desfrutar no Auditório Municipal, pelas 22h00. A organização é da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira.

    VNC 24|07|12

    Cerveira ao Piano teve a primeira edição em 2008 e afirmou-se de imediato como um evento de prestígio no panorama cultural. No primeiro ano estiveram em Cerveira José Cid, Jorge Palma e Wim Mertens.
    Com a fasquia alta, e seguindo o formato dos três espetáculos, a edição 2009 apresentou Pedro Abrunhosa, Tiago Bettencourt, Michael Nyman e António Pinho Vargas. Em 2010 passaram pelo Auditório Municipal de Cerveira Luís Represas, Ivan Lins e o seu convidado André Sarbib, e os "Três Pianos": Bernardo Sassetti, Pedro Burmester e Mário Laginha.
    Laginha e Sassetti regressaram no ano passado, em duetos com Maria João e Carlos do Carmo, respetivamente. Rita Guerra foi a estrela do terceiro concerto.
    Na quinta edição, este ano, há novos encontros ao piano. Como referimos, o primeiro será no dia 11 de Agosto. Cerveira ao Piano terá em palco Camané e Mário Laginha, dois artistas de renome que têm muito em comum e o piano é uma das paixões aprtilhadas.


    Rodrigo Leão chega no sábado seguinte, dia 18. O artista tem um curriculum extenso e muito rico, imparável desde o início dos anos 80, então na "Sétima Legião", que seria considerada "uma lufada de ar fresco e de modernidade na cena musical portuguesa". Surgiu em 1982 pela mão, precisamente, de Rodrigo, Pedro Oliveira e Nuno Cruz.


    Cerveira ao Piano 2012 fecha na quinta-feira, dia 23 de Agosto, com Nina Schumann e Luís Magalhães "Two Pianists". A sul-africana Nina Schumann e o português Luís Magalhães detêm uma história comum de sucesso. "Two Pianists" já percorreu o mundo com os seus espetáculos. Os dois artistas conheceram-se na Universidade de North Texas, em 1999, onde estavam a aprofundar os seus conhecimentos com o mestre Vladimir Viardo. O duo formou-se nesse mesmo ano e nunca mais parou.

    Ver más
  • ARTISTAS RESIDENTES EM VILA NOVA DE CERVEIRA ABREM AS PORTAS DAS SUAS CASAS ATELIÊ ATÉ 30 DE SETEMBRO

    Fecha: del 26.07.2012 al 30.09.2012
    Até ao dia 30 de Setembro é possível conhecer melhor vários artistas que residem e têm os seus ateliês de trabalho em Vila Nova de Cerveira. Aos domingos, das 14h00 às 19h00, os artistas Augusto Canedo, Henrique do Vale, Henrique Silva/Margarida Leão e João Nunes, abrem as portas das suas casas ateliê, dando a conhecer o seu espaço de trabalho, a sua obra e percurso artístico.

    As visitas são gratuitas e decorrem de marcação prévia em bienalcerveira.pt. As inscrições devem ser realizadas até às 16h00 da sexta-feira anterior ao respetivo domingo de visita. O número máximo de pessoas por visita é de sete.
    No endereço bienalcerveira.pt está também disponível informação sobre os artistas e as casas e, nalguns dos casos, o programa previsto para acolher os visitantes.

    Ver más
  • VISITAS GUIADAS Á IGREXA MONACAL DE OIA OS MÉRCORES E SÁBADOS DE AGOSTO

    Fecha: del 01.08.2012 al 29.08.2012
    Durante o mes de agosto, ACAMO organiza, en colaboración coa parroquia de Oia, visitas guiadas á Igrexa monacal, os mércores e os sábados ás 12.30h.

    A inscripción realizarase na oficina de turismo do Concello, sita na praza da Centinela. teléfono 986 362 225, ou email oit.concelloia@gmail.com.
    o custo das visitas é de 2 euros (menores de 12 anos gratis).

    Durante o mes de agosto, ACAMO organiza, en colaboración coa parroquia de Oia, visitas guiadas á Igrexa monacal, os mércores e os sábados ás 12.30h.

    Ver más
  • CAMINHA ACOLHE FESTIVAL DE BLUES E SOUL MUSIC DE 21 A 24 DE AGOSTO

    Fecha: del 21.08.2012 al 24.08.2012

    Caminha acolhe Festival de Blues e Soul Music de 21 a 24 de agostoDe 21 a 24 de agosto, Caminha acolhe o Festival de Blues e Soul Music "Olá Caminha - BlueSoul". Jukebox, Judy Blue Eyes, Noite VianaMexe 2012 e Joel Xavier - Back to The Blues são os grupos que vão atuar no Largo Calouste Gulbenkian, às 22h30. A entrada é gratuita.

    O Festival de Blues Soul Music é uma das atividades que integra o diversificado cartaz da animação de verão do Município. "Durante o verão, os nossos munícipes e quem nos visita podem contar com um cartaz de animação multifacetado. Tivemos a preocupação de programar e apoiar atividades para todos os gostos e idades, desde a música clássica de Victorino d'Almeida, ao Sunset que decorreu há dias na Praia de Moledo", sublinha Paulo Pereira, vereador com os pelouros da Cultura e do Turismo.

    À semelhança de anos anteriores, o festival de Blues e Soul Music engloba quatro concertos. Arranca a 21 de agosto, com Jukebox. No dia 22, atua o grupo Judy Blue Eyes. O festival de Blues e Soul apresenta no dia 23 a Noite VianaMexe 2012 e encerra a 24 de agosto com a atuação de Joel Xavier - back to the blues.

    O "Olá Caminha - BlueSoul" tem como promotor a Câmara Municipal de Caminha e como Sponsors a Olá, a Libargel e a Lipton.

    Ver más
  • TALLERES DE DIFUSIÓN E ASESORAMENTO PARA A ELABORACIÓN DE PROXECTOS -XUVENTUDE EN ACCIÓN-

    Fecha: del 28.07.2012 al 06.09.2012
    Cartel_XuventudeA Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar organiza os vindeiros días 6, 7, 10 e 11 de setembro de 2012 uns talleres de difusión e asesoramento para a elaboración de proxectos do “Xuventude en Acción”, coa finalidade de dar a coñecer este programa.

     Datas e lugares de celebración:

    • 6 de setembro de 2012.-  Residencia xuvenil Altamar (Vigo – Pontevedra)
    • 7 de setembro de 2012.- Espazo Xove de Curtis (Curtis – A Coruña)
    • 10 de setembro de 2012.- Espazo Xove de Ourense (Ourense)
    • 11 de setembro de 2012.- Centro residencial xuvenil Lug (Lugo)

    Destinatarios:

    • Técnicos de xuventude que traballan con xóvenes
    • Representantes de asociacións xuvenís
    • Xóvenes non asociados
    • Dinamizadores xuvenís

    Número de prazas:

    30 por taller

    Prazo de inscrición:

    Do 30 de xullo ao 5 de setembro ás 13:00 horas

    Para máis información:

    galeuropa@xunta.es

    981545712 /981 544854 /981544869

     Programa de actividades

     09:45 – 10:00 h                 Entrega de documentación

    10:00 – 11:30 h                  Presentación do programa Xuventude en Acción e de cada unhas das accións

    11:30 – 12:00 h                 Pausa café

    12:00 – 13:00 h                  Taller de elaboración de proxectos da Acción 1.1 (intercambios xuvenís)

    13:00 – 14:00 h                 Taller de elaboración de proxectos da Acción 1.2 (iniciativas xuvenís)

    14:00 – 16:00 h                 Xantar

    16:00 – 17:00 h                  Taller de elaboración de proxectos da Acción 2.1 (Servizo Voluntario Europeo)

    17:00 – 18:00 h                  Taller de elaboración de proxectos da Acción 4.3 (Formación e proxectos en rede de traballadores xuvenís e organizacións xuvenís)

    18:00 – 19:00 h                 Taller de elaboración de proxectos de:

    Acción  1.3 (Democracia participativa)

    Acción 5.1 (Encontros de mozos/as e responsables de políticas de xuventude)

    19:00 h                                 Fin da actividade

    Mais Información

    Formulario de Solicitude

    Ver más
  • XORNADAS MUSICAIS DO 20 Ó 22 DE AGOSTO NO AUDITORIO DO ROSAL

    Fecha: del 20.08.2012 al 22.08.2012

    Informámosvos das Xornadas Musicais que organizadas pola Agrupación Musical do Rosal terán lugar do 20 ó 22 de agosto no Auditorio do Rosal. As especialidades que se impartirán son:

    - Trompeta por Rafael Carracedo Crespo
    - Trompa por José Manuel González Diego
    - Trombón por Francisco Sevillá Gonell
    - Gaita por Daniel Bellón

    Informámosvos das Xornadas Musicais que organizadas pola Agrupación Musical do Rosal terán lugar do 20 ó 22 de agosto no Auditorio do Rosal. As especialidades que se impartirán son:

    Ver más
  • PROGRAMACIÓN HORA DO CONTO AGOSTO 2012 NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERVEIRA

    Fecha: del 01.08.2012 al 25.08.2012

    Ver más
  • CERVEIRA AO PIANO 2012 JÁ TEM BILHETES À VENDA

    Fecha: del 11.08.2012 al 23.08.2012
    Já se encontram à venda os bilhetes para os concertos da edição 2012 de Cerveira ao piano, podendo ser adquiridos nos serviços de Turismo do município. O preço não foi alterado face ao ano passado, mantendo-se nos cinco euros por concerto. O primeiro espetáculo é já no dia 11 de agosto, e terá em palco Camané e Mário Laginha.

    Esta será a quinta edição do evento que, seguindo o formato de anteriores edições, terá três concertos, nos dias 11, 18 e 23 de agosto, pelas 22h00. O primeiro traz ao Auditório Municipal, como referimos, os artistas Camané e Mário Laginha. O segundo espetáculo terá em palco Rodrigo Leão, enquanto Nina Schumann e Luís Magalhães - "Two Pianists" - encerrarão este ciclo 2012, que é uma organização da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira.
    Cerveira ao Piano teve a primeira edição em 2008, impondo-se desde então como um evento de prestígio. José Cid, Jorge Palma e Wim Mertens abriram a primeira temporada, seguindo-se, na edição 2009, Pedro Abrunhosa, Tiago Bettencourt, Michael Nyman e António Pinho Vargas. Em 2010 estiveram em Cerveira Luís Represas, Ivan Lins e o seu convidado André Sarbib, e os "Três Pianos": Bernardo Sassetti, Pedro Burmester e Mário Laginha.
    Laginha e Sassetti regressaram em 2011, em duetos com Maria João e Carlos do Carmo, respetivamente. Rita Guerra foi a responsável pelo terceiro concerto.
    Entretanto, nos dias dos concertos, a bilheteira funcionará no Jardim de Chagny.

    Ver más
  • BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS A ESCOLAS DE MÚSICA DEPENDENTES DE ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO

    Fecha: del 21.08.2012 al 30.09.2012

    Deputación de Pontevedra

    BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS A ESCOLAS DE MÚSICA DEPENDENTES DE ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO

    Bases | Formulario

    A Deputación de Pontevedra convoca as Axudas a Escolas de Música dependentes de Asociacións sen ánimo de lucro, e fiscalizadas as bases pola Secretaría así como visto o informe favorable de Intervención sobre existencia de consignación, por un importe de 50.000,00 €, con cargo á aplicación 12/330.323.489.09 do orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases que rexerán as citadas axudas e que son do seguinte teor:

    "BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS A ESCOLAS DE MÚSICA DEPENDENTES DE ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO

    A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, no seu art. 39.5º establece que os estudos de música se poderán cursar, sen límite de idade, en escolas específicas.

    Co fin de potenciar o funcionamento das escolas de música dependentes de institucións sen ánimo de lucro a Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas a estas escolas de música:

    1. OBXECTO.-
    Esta convocatoria destínase a subvencionar o funcionamento, no desenvolvemento das súas actividades docentes, das escolas de música dependentes das asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos a formación en ensinanzas de música que radiquen na provincia de Pontevedra, durante o ano 2012.

    O importe total das axudas será de cincuenta mil euros (50.000,00 €) que se financiarán con cargo á aplicación 12/330.323.489.09 do orzamento provincial para o ano 2012.

    2. SOLICITANTES.-
    Poderán solicitar estas axudas os titulares das escolas de música sinalados no punto anterior que conten coa correspondente autorización da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ó final do prazo establecido para a presentación de solicitudes e que radiquen na provincia de Pontevedra.

    3. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.-
    As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral da Deputación:

    Sede de Pontevedra: Avda. Montero Ríos, s/n (de luns a sábado)
    Sede Vigo: Rúa Oporto, 3 (de luns a venres)

    Ou tal e como establece o artigo 38.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e rematará o 30 de setembro de 2012.

    4. DOCUMENTACIÓN.-
    As solicitudes deberán formularse nos modelos normalizados, que se facilitarán no Rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Cultura ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es, achegando ademais a seguinte documentación:

    Fotocopia cotexada do CIF da entidade titular do centro
    Fotocopia cotexada do DNI do representante da Entidade
    Certificado da conta bancaria a nome do solicitante
    Orzamento de gastos da escola, detallado por conceptos, asinado polo representante
    Relación de persoal docente e non docente, debidamente asinada
    Número de alumnos matriculados no curso 2011/2012, debidamente asinado
    Declaración de ter solicitado, ou non, axuda para a mesma finalidade doutras entidades
    Declaración de non estar incurso en causas de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas e de aceptar as bases da convocatoria.
    Declaración de estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social

    5. VALORACIÓN DAS SOLICITUDES .-
    A concesión das axudas realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a súa adxudicación, os seguintes criterios:

    Número de alumnos matriculados no curso 2011/2012, ata 25 puntos
    Número de profesores, ata 15 puntos
    Orzamento da escola de música, ata 35 puntos
    Grao de desenvolvemento artístico na zona, ata 25 puntos

    As propostas de concesión destas axudas someteranse ó ditame da Comisión Informativa de Cultura e á aprobación do órgano de goberno competente.

    Transcorridos tres meses, a partir do día seguinte en que remate o prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan resposta expresa, entenderase desestimada a petición. A Deputación poderá requirir do solicitante cantos documentos e aclaracións considere necesarios para completar o expediente, e tamén poderá dispor que se leven a cabo as comprobacións oportunas dos datos achegados polos solicitantes.

    6. PAGAMENTO.-
    As subvencións estarán condicionadas ós orzamentos dispoñibles e irán destinadas a financiar operacións correntes (gastos de funcionamento e profesorado).

    Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo de Intervención.

    O aboamento da subvención materializarase mediante ingreso na conta bancaria sinalada pola entidade. Para cobrar a subvención as entidades deberán presentar a seguinte documentación:

    Facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida, indicando cada factura o número de unidades, os prezos unitarios destas e máis o custo total de cada unidade.
    Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, na que se poña de manifesto que os gastos que figuran en dita conta xustificativa se aplicaron á finalidade para a que foi concedida a axuda, indicando que o resto dos xustificantes da conta se encontran no domicilio da entidade beneficiaria a disposición da Deputación para o seu exame, tal como se establece na base 25.8ª. 2.c das de execución do vixente orzamento provincial.
    Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos incluídos no orzamento inicial, non aboándose máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida.
    Declaración de non ter recibido outras subvencións de administracións públicas ou entidades privadas para a finalidade subvencionada ou, no seu caso, detalle do financiamento obtido e declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da finalidade subvencionada.
    Acreditar a debida divulgación do financiamento por parte da Deputación da actividade ou investimento subvencionado, sendo suficiente a declaración responsable do representante de a ter feito.

    A xustificación deberá presentarse antes do 31 de marzo de 2013.

    7. OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS.-
    Nas comunicacións, escritos e propaganda das escolas de música que obteñan axuda, deberá figurar o logotipo da Deputación de Pontevedra.

    8. ÓRGANO COMPETENTE PARA A APROBACIÓN DE BASES.-
    De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do orzamento para 2012 e para dar cumprimento ó establecido no art. 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é o presidente.

    9. DEREITO SUPLETORIO.-
    Para o non previsto nas presentes bases serán de aplicación as normas incluídas nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2012 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, de 18/11/03) e demais lexislación de desenvolvemento."

    Pontevedra, a 23 de xullo de 2012
    O XEFE DO SERVIZO DE CULTURA
    ilexible

    Ver más
  • BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS A ESCOLAS DE MÚSICA PÚBLICAS

    Fecha: del 21.08.2012 al 30.09.2012

    Deputación de Pontevedra

    BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS A ESCOLAS DE MÚSICA PÚBLICAS

    Bases | Formulario solicitude

     

    A Deputación de Pontevedra convoca as Axudas a Escolas de Música Públicas, e fiscalizadas as bases pola Secretaría así como visto o informe favorable de Intervención sobre existencia de consignación, por un importe de 150.000,00 €, con cargo á aplicación 12/330.323.462.06 do orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases que rexerán as citadas axudas e que son do seguinte teor:

    "BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS A ESCOLAS DE MÚSICA PÚBLICAS

    Esta Deputación é consciente de que determinados concellos da nosa provincia desenvolven un importante labor coa iniciativa de creación e co sostemento de centros públicos que imparten as ensinanzas regradas de música que sinala o artigo 39.1º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e que no seu art. 39.5º establece que os estudos de música se poderán cursar, sen límite de idade, en escolas específicas.

    A notable demanda das ensinanzas de música xustifica o crecemento do número de escolas de titularidade pública para lles achegar á mocidade e ós afeccionados a posibilidade de cursar estes estudos, tanto para realizar unha actividade de formación artística como para continuar posteriormente estudos regrados de música en conservatorios ou centros autorizados.

    Co fin de potenciar o funcionamento destas escolas de música das que son titulares determinados entes públicos, a Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas a escolas de música públicas:

    1. OBXECTO.-
    Esta convocatoria destínase a subvencionar o funcionamento, no desenvolvemento das súas actividades docentes, das escolas de música de titularidade pública que radiquen na provincia de Pontevedra, durante o ano 2012.

    O importe total das axudas será de cento cincuenta mil euros (150.000,00 €) que se financiarán con cargo á aplicación 12/330.323.462.06 do orzamento provincial para o ano 2012.

    2. SOLICITANTES.-
    Poderán solicitar estas axudas os titulares das escolas de música sinalados no punto anterior que conten coa correspondente autorización da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ó final do prazo establecido para a presentación de solicitudes e que radiquen na provincia de Pontevedra.

    3. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.-
    As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral da Deputación:

    Sede de Pontevedra: Avda. Montero Ríos, s/n (de luns a sábado)
    Sede Vigo: Rúa Oporto, 3 (de luns a venres)

    Ou tal e como establece o artigo 38.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e rematará o 30 de setembro de 2012.

    4. DOCUMENTACIÓN.-
    As solicitudes deberán formularse nos modelos normalizados, que se facilitarán no Rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Cultura ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es, achegando ademais a seguinte documentación:

    Orzamento que dedica o Concello para a Escola de Música asinado polo interventor/a, detallado por conceptos.
    Relación de persoal docente e non docente, debidamente asinado
    Número de alumnos matriculados no curso 2011/2012, detallado por especialidades ou materias, debidamente asinado
    Certificado da conta bancaria a nome do solicitante
    Declaración de ter solicitado, ou non, axuda para a mesma finalidade doutras entidades
    Declaración de non estar incurso en causas de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas e de aceptar as bases da convocatoria
    Declaración responsable de estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social

    5. VALORACIÓN DAS SOLICITUDES .-
    A concesión das axudas realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a súa adxudicación, os seguintes criterios:

    Número de alumnos matriculados no curso 2011/2012, ata 25 puntos.
    Número de profesores, ata 15 puntos.
    Orzamento da escola de música, ata 35 puntos.
    Grao de desenvolvemento artístico na zona, ata 25 puntos

    As propostas de concesión destas axudas someteranse ó ditame da Comisión Informativa de Cultura e á aprobación do órgano de goberno competente.

    Transcorridos tres meses, a partir do día seguinte en que remate o prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan resposta expresa, entenderase desestimada a petición.

    A Deputación poderá requirir do solicitante cantos documentos e aclaracións considere necesarios para completar o expediente, e tamén poderá dispor que se leven a cabo as comprobacións oportunas dos datos achegados polos solicitantes.

    6. PAGAMENTO.-
    As subvencións estarán condicionadas ós orzamentos dispoñibles e irán destinadas a financiar operacións correntes (gastos de funcionamento e profesorado).

    O aboamento da subvención materializarase mediante ingreso na conta bancaria sinalada pola entidade.

    O beneficiario da subvención para efectos de xustificación deberá remitir:

    Certificado acreditativo de toma de razón na contabilidade da entidade do dereito a percibir a axuda, asinado polo secretario ou polo interventor, de acordo co establecido na base 25ª.8ª - 2.f) de execución do orzamento desta Deputación para o ano 2012.
    Conta xustificativa, asinada polo secretario ou polo interventor, na que se relacionen os gastos de funcionamento da Escola de Música, axustándose os conceptos establecidos no orzamento remitido coa solicitude.
    Declaración de que os xustificantes están a disposición da Deputación para a súa comprobación e que o importe das axudas concedidas non superan o importe total do orzamento consignado para os gastos de funcionamento da Escola de Música.
    Declaración responsable de que se fixo a debida divulgación do financiamento pola Deputación da actividade subvencionada.

    A xustificación deberá presentarse antes do 31 de marzo de 2013.

    7. OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS.-
    Nas comunicacións, escritos e propaganda das escolas de música que obteñan axuda, deberá figurar o logotipo da Deputación de Pontevedra.

    8. ÓRGANO COMPETENTE PARA A APROBACIÓN DE BASES.-
    De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do orzamento para 2012 e para dar cumprimento ó establecido no art. 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno.

    9. DEREITO SUPLETORIO.-
    Para o non previsto nas presentes bases serán de aplicación as normas incluídas nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2012 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, de 18/11/03) e demais lexislación de desenvolvemento."

    Pontevedra, a 23 de xullo de 2012
    O XEFE DO SERVIZO DE CULTURA
    ilexible

    Ver más
  • CERTAME XUVENIL VOLUNTARIARTE - PRAZO ABERTO ATA O 31 DE OUTUBRO DE 2012

    Fecha: del 01.08.2012 al 31.10.2012
    A Plataforma do Voluntariado de España convoca un certame xuvenil.
    Quermos que nos contes qué é para ti o voluntariado e que o fagas dunha forma orixinal. Para elo tes que elexir entre modalidades como cómic, relato ou fotografía.
     
    Envíanos a túa obra e nos encargaremos de que a túa mensaxe se difunda.
     
    Poden participar todos os/as xóvenes en estas categorías:
    Grupo A. 12-14 anos.
    Grupo B. 15-16 anos.
    Crupo C. 17-18 anos.
    Cada partipante pode enviar un máximo de tres obras independentemente da modalidade.
    As obras (cómic, fotografía, relatos) terán como temática o voluntariado no máis amplo sentido do termo.
    Requisitos:
    Fotografía: fotos en color ou B/N. Archivos JPG dun tamaño mínimo de 1.024 x 1024 píxeles.
    Cómic: a extensión mínima é de dúas páxinas cun máximo de seis (máis as portadas).
     
    Relato: extensión máxima de dous folios, letra Times New Roman, tamaño 12.
    O envío realizarase por correo electrónico indicando Certame á seguinte dirección email: sensibilizacion@plataformavoluntariado.org , cos archivos separados, unh coa obra e outro cos datos do/da participante (nome, apelidos, DNI, tfno e dirección postal). Os/as participantes menores de idade necesitarán unha carta do seu representante legal (pai, nai, tutor ou tutora) autorizando a súa participación no concurso.
    As obras deben ser orixinais e inéditas.
     
    A Plataforma do Voluntariado de España (PVE) non admitirá obras que considere ofensivas, inxuriosas ou que non se axusten ó contido da proposta de difundir o voluntariado.
     
    Os traballos se presentarán en castelán.
     
    O prazo límite para enviar as obras é o 31 de outubro de 2012.
     
    A organización elixirá o mellor espazo de exposición e máis adecuado ó material recibido.
     
    As obras difundiránse a través da web da PVE: http://www.plataformavoluntariado.org/
    Ver más
  • CRUZ ROJA ORGANIZA E IMPARTE UN CURSO DE PRIMEROS AUXILIOS EN BEBÉS Y NIÑOS

    Fecha: del 03.08.2012 al 06.09.2012
    Cruz Roja Española en Baixo Miño convoca un curso de interés Sanitario, dirigido a personas mayores de 16 años, que estén interesados en adquirir conocimientos acerca de Primeros Auxilios específicos en bebés y niños.

    El curso de Primeros Auxilios en bebés y niños, baremable para el SERGAS tiene una duración de 10 horas teórico - prácticas, las fechas serán los días 8 y15 de Septiembre, en horario de 10 a 14 h.

    El objetivo general es capacitar a los alumnos para desarrollar correctamente su actuación ante una urgencia, así como facilitar la adquisición de conocimientos y un nivel adecuado de formación en cuanto a los contenidos.

    En su estructura el curso incluye los siguientes módulos:
    a. El envejecimiento; b. Objetivos; c. ¿Qué es el socorrismo? ;d. Pauta Generales de actuación ante una situación de emergencia; e. La cadena de supervivencia; e. Conceptos; f. Reanimación cardiopulmonar básica en adultos; g. Posición Lateral de seguridad; h. Movilidad y manejo urgente de las víctimas; i. Exploración Secundaria; j. Obstrucción de la vía aérea por cuerpo extraño; K. Hemorragias; l. Quemaduras,; M. Electrocución; N. Heridas; O. Traumatismos; P. Intoxicaciones; Q. Mordeduras y picaduras de animales; R. Urgencias médicas; S. El Botiquín; T. Prevención de accidentes.; U. Bibliografía.

    La acción formativa se llevará a cabo en A Guarda, todas las personas interesadas pueden solicitar más información en Cruz Roja Baixo Miño, situada en la C/ Agustín Nandín Lomba, nº1 bajo o llamando al teléfono 986-61 46 09 o 6063484741; en horario de 8:00 a 15:00h y de 16:00 a 19:00.

    El plazo de inscripción acaba el 06 de Septiembre el número de plazas es limitado, y la realización del curso queda sujeta a que se cubra el número de plazas. El coste del curso será de 30€.

    Ver más
  • -VIVE O MONTE- OUTRO XEITO DE DISFRUTAR DA NATUREZA EN AREAS - TUI

    Fecha: del 05.08.2012 al 31.08.2012
    A Comunidade de Montes en Man Común de Areas, quere informar das actividades a desenrolar no presente mes de agosto e que van na liña de como a nosa Comunidade entende o papel que cumpren as Comunidades de Montes, que non é outro que profundizar nesa triple función : Social, Medioambiental e Económica que cumpren as Comunidades. É precisamente na social e medioambiental á que van encamiñadas as actividades que queremos ofrecer os nosos comuneiros e os cidadáns en xeral que desexan reencontrarse ca natureza. 
    É precisamente na social e medioambiental á que van encamiñadas as actividades que queremos ofrecer os nosos comuneiros e os cidadáns en xeral que desexan reencontrarse ca natureza.
    Ver más
  • CONCURSO DE FOTOGRAFÍA 2012 -HUELLAS EN LA MONTAÑA-

    Fecha: del 03.08.2012 al 31.08.2012
    Para participar neste concurso, organizado por National Geographic, todo o que tes que facer é presentar unha foto sobre o lema Huellas de Montaña.
    As 20 imaxes máis votadas polo público recibirán un premio.

    Un xurado técnico elixirá, entre todas as fotografías presentadas, tres gañadores que recibirán ata 3.000 euros, e seleccionarán as fotografías que se exhiban.

    Pódense cargar fotografías online ata o 31 de agosto de 2012.
    Ver más
  • O CONCELLO DE TOMIÑO ORGANIZA -CINE NA RÚA-

    Fecha: del 10.08.2012 al 31.08.2012
    O Concello de Tomiño organiza un ciclo de cinema baixo o lema "cine na rúa". As sesións terán lugar todos os venres de agsoto ás 22h00. En total, proxectaranse catro títulos destinados a tódolos públicos.

    A primeira sesión terá lugar na Praza do Seixo o vindeiro venres día 10 de agosto. Nesta ocasión proxectarase "Zooloco", unha comedia dirixida por Frank Coraci na que os animais dun zoolóxico ensinan ao guardián do zoo a atopar o amor.

    A segunda sesión celebrarase na Praza da Mina e tocaralle o turno a "A gran aventrua de winter o golfiño". Filme que se estreou no 2011 basado nunha historia real.

    O venres 24 de agosto proxectarase na Praza do Seixo "Os pitufos" , filme de animación protagonizado por estos lexendarios personaxes e polo malvado Gargamel.

    E para rematar, o ciclo de cine na rúa remata na Praza da Mina con "Copito de neve". Este filme pon o punto final a programación do mes de agosto. E que mellor película que esta conmovedora producción española que emocionará aos espectadores.

    A Concelleira de Cultura, Cristina Martínez, resaltou " o carácter familiar desta actividade destinada a tódolos públicos. O cartel dos filmes está pensado sobre todo en que sexa un evento para toda a familia".
     
    O ciclo de cinema contará con 4 sesións que se alternarán na Praza do Seixo e na Praza da Mina
    Ver más
  • PROGRAMA ACTÍVATE 2012, DIRIXIDO ÓS XÓVENES DOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA DE MENOS DE 50.000 HABITANTES

    Fecha: del 08.08.2012 al 22.08.2012

    Bases | Catálogo cursos | Formulario adhesión concellos
    Formulario listado participantes | Formulario solicitude participación

     Bases

    Adhesións dos concellos ata o 22 de agosto
    Presentación de instancias dos beneficiarios/as do 1 ó 20 de setembro
    Presentación documentación concellos antes do 1 de outubro

    O obxectivo principal da Deputación de Pontevedra cas presentes Bases, é desenvolver actividades formativas e educativas no ámbito do ocio e o tempo libre, que sexan de interese xuvenil e que respondan ás demandas dos mozos da nosa provincia.

    CLÁUSULAS

    PRIMEIRA. DESTINATARIOS
    Poderán participar todos os mozos e mozas de 16 a 35 anos (ambos inclusive), residentes en calquera concello da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes que se adhira ó Programa.

    SEGUNDA. CARACTERÍSTICAS DO PROGRAMA
    O Programa consiste en ofertar un catálogo de accións formativas baseadas nos intereses e inquietudes que amosan os xóvenes na sociedade actual, ditas accións céntranse nas novas tecnoloxías, agricultura, artesanía en papel, cristal e outros materiais, actividades artísticas, reparacións domésticas e bricolaxe no fogar, bricolaxe ecolóxico, cociña e elaboracións artesanais, servizos ás persoas, etc.

    TERCEIRA. ADHESIÓNS DOS CONCELLOS
    Todos os concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes que o desexen poderán sumarse mediante acordo de adhesión (achégase modelo, ou poderase descargar da páxina web), ata o 22 de agosto (inclusive).

    CUARTA. PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS DOS BENEFICIARIOS/AS
    As solicitudes faranse do 1 ó 20 de setembro(inclusive), a través do modelo oficial de inscrición que se poderá descargar da páxina web, e presentarase no Rexistro do concello no que desexa cursar a actividade. Si se desexa participar en máis dun curso deberase cubrir un modelo de solicitude por cada curso.

    No caso de que o número de solicitantes excedese as prazas ofertadas para cada curso, relacionaranse do seguinte xeito:

    Persoas desempregadas que non participasen na edición do Actívate ano 2011 (segundo o rexistro de entrada)
    Persoas en activo que non participasen na edición do Actívate ano 2011 (segundo o rexistro de entrada)
    Persoas desempregadas e en activo que participasen na edición pasada
    Persoas da lista de agarda (persoas doutros concellos ou de idades diferentes a 16-35 anos)

    QUINTA. ORZAMENTO E FINANCIAMENTO
    A contía consignada para este Programa ascende no ano 2012 a 102.200 €, con cargo á aplicación orzamentaria 12/232.230-227.07, do orzamento ordinario da Deputación, sen perxuizo de que o mencionado crédito sexa ampliado.

    SEXTA. DOCUMENTACIÓN DOS CONCELLOS E PRAZOS DE PRESENTACIÓN
    Os concellos adheridos, deberán remitir á Deputación a seguinte documentación antes do 1 de outubro:

    Modelo de listado de participantes de cada curso, deberán relacionarse segundo a orde de rexistro de entrada
    Fichas de inscrición orixinais, ou no seu defecto notificación do concello no que se declare posuír dita documentación, non sendo preciso envialas.

    Todos os modelos da documentación, inclusive as fichas de inscrición, poderanse descargar da páxina web da Deputación (www.depo.es)

    SÉTIMA. PUBLICIDADE
    En todos os carteis, dípticos, trípticos, etc. que se elaboren, deberase facer constar a colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra, segundo establece o art. 31 do Rlxs.

    OITAVA. XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO DA SUBVENCIÓN
    A subvención consiste en impartir os cursos nos concellos adheridos ó programa, a través dunha empresa especializada na materia.

    NOVENA. PRAZO DE VIXENCIA
    Estas Bases terán unha vixencia correspondente ó exercicio 2012.

    DÉCIMA. LEXISLACIÓN APLICABLE

    Lei 38/2.003 de 17 de novembro xeral de subvencións
    Real decreto 887/2.006 de 21 de xullo, aprobando no Regulamento da Lei xeral de subvencións
    Lei 4/1.993 de 14 de abril de servizos sociais de Galicia
    Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora de bases de réxime local
    R.d. Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora de Facenda Local
    Lei 30 /1992 de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común
    Bases de execución do vixente orzamento provincial
    E demais lexislación aplicable

    Pontevedra, 30 de xullo de 2012
    O PRESIDENTE
    Rafael Louzán Abal

    O SECRETARIO
    Carlos Cuadrado Romay

     

    Ver más
  • CONTINÚA A EXPOSICIÓN -ESPAÑA-ISRAEL EN CARICATURAS- EN TUI

    Fecha: del 09.08.2012 al 08.09.2012
    A Exposición "España-Israel en caricaturas" conmemorativa dos 25 anos de relacións diplomáticas entre os dous países atópase na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica.   A mostra está organizada pola Embaixada de Israel e a Concellería de Cultura de Tui coa colaboración do Centro Sefarad Israel e a Asociación da Prensa de Madrid.

    A exposición recolle corenta e catro debuxos de 50x50 cm realizados por dezaoito debuxantes israelís e españois. Entre eles está Mingote, Juan Álvarez, J. M Varona "Che", José Orcajo, Nimrod Reshef, Zeev Engelmayer, Sergei Sichenko entre outros.

    A mostra poderá visitarse ata o 8 de setembro. Esta actividade forma parte do programa da Xornada Europea da Cultura Xudía 2012 que comprende tamén visitas guiadas a vestixios xudeus en Tui o 31 de agosto, e o 1 e 2 de setembro.

    Poderá visitarse ata o 8 de setembro na Sala Municipal

    Ver más
  • SEMANA CULTURAL ESTÁS 2012 DO 18 Ó 26 DE AGOSTO

    Fecha: del 18.08.2012 al 26.08.2012
    Programación de actividades da Semana Cultural de Estás 2012
    Ver más
  • HOXE NOVA VISITA GUIADA NOCTURA DA EUROCIDADE: CAMIÑOS DE RONDA MURALLA VALENCA DO MINHO

    Fecha: del 17.08.2012 al 31.08.2012
    - 24 de agosto: Valença - 21,30 h.

    Visita nocturna aos camiños de ronda da muralla moderna de Valença
    Momentos musicais, Demostração de defesa militar, Inicio Porta da Coroada

    - 31 de agosto: Tui - 22,00 horas
    Noite xudía en Tui

    Esta actividade está organizada polas concelleiras de Cultura e Turismo do Concello de Tui e da Cámara Municipal de Valença e conta coa colaboración de diversas entidades e institucións de ambas cidades. A hora é sempre a hora local.

    A principal singularidade destas visitas é que se realizarán pola noite, cunha finalidade práctica de evitar as altas temperaturas estivais, pero tamén coa finalidade de promover un xeito diferente de coñecer as nosa cidades.

    Ver más
  • CAMINHA ACOLHE FESTIVAL DE BLUES E SOUL MUSIC DE 21 A 24 DE AGOSTO

    Fecha: del 21.08.2012 al 24.08.2012
    Caminha acolhe festival de blues e soul music de 21 a 24 de agosto De 21 a 24 de agosto, Caminha acolhe o Festival de Blues e Soul Music "Olá Caminha - BlueSoul". Jukebox, Judy Blue Eyes, Noite VianaMexe 2012 e Joel Xavier - Back to The Blues são os grupos que vão atuar no Largo Calouste Gulbenkian, às 22h30. A entrada é gratuita.

    O Festival de Blues Soul Music é uma das atividades que integra o diversificado cartaz da animação de verão do Município. "Durante o verão, os nossos munícipes e quem nos visita podem contar com um cartaz de animação multifacetado. Tivemos a preocupação de programar e apoiar atividades para todos os gostos e idades, desde a música clássica de Victorino d'Almeida, ao Sunset que decorreu há dias na Praia de Moledo", sublinha Paulo Pereira, vereador com os pelouros da Cultura e do Turismo.

    À semelhança de anos anteriores, o festival de Blues e Soul Music engloba quatro concertos. Arranca a 21 de agosto, com Jukebox. No dia 22, atua o grupo Judy Blue Eyes. O festival de Blues e Soul apresenta no dia 23 a Noite VianaMexe 2012 e encerra a 24 de agosto com a atuação de Joel Xavier - back to the blues.

    O "Olá Caminha - BlueSoul" tem como promotor a Câmara Municipal de Caminha e como Sponsors a Olá, a Libargel e a Lipton.

     

    Programa:

     

    TER 21 agosto / 22h30

    Jukebox

    Isabel Milheiro - voz

    Bruno Macedo - guitarra

    Ginho Marques - baixo

    Sérgio Silva - bateria

     

    QUA 22 agosto / 22h30

    Judy Blue Eyes

    António Mão de Ferro - voz e guitarra

    Manuzé - baixo

    Paulo Veloso - hammond, harmónica e voz

    Leandro Leonet - bateria

     

    QUI 23 agosto / 22h30

    Noite VianaMexe 2012

    Blackjack

    Allma

     

    SEX 24 agosto / 22h30

    Joel Xavier - back to the blues

    Joel Xavier - guitarra e voz

    Marcus Britto - baixo

    Milton Batera - bateria

    Ver más
  • ANUNCIO: CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE 3 AUXILIARES DE POLICIA LOCAL NO CONCELLO DE A GUARDA

    Fecha: del 21.08.2012 al 25.08.2012
    Requisitos mínimos esixidos:
    -Certificación da educación secundaria obrigatoria, título de graduado escolar ou equivalente.
    -Ter superado o curso básico en vigor para auxiliares de Policía Local expedido polo Academia Galega de Seguridade Pública.

    As bases da convocatoria están a disposición dos interesados/as no rexistro do Concello en horario de 9 a 14:00 horas de luns a venres, e de 10 a 13 horas do sábado, dende a data de publicación do presente anuncio ata o 25 de agosto de 2012, data na que remata o prazo para a presentación de instancias.

    Ver más
  • AXUDAS COMPLEMENTARIAS DA UE DE MOBILIDADE ERASMUS E SUÍZA ENSINANZAS ARTÍSTICAS

    Fecha: del 21.08.2012 al 20.09.2012
    Aprobanse as bases e se convocan axudas complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2011/12.
    Requisitos:
    Ser cidadá da UE ou estranxeiro non comunitario con residencia legalizada en España
    Estar matriculado no curso 2011/12 en calquera dos centros públicos que impartan ensinanzas artísticas superiores nesta comunidade autónoma.
    Ter obtido unha bolsa Erasmus de mobilidade por estudos no curso 2011/12.
    Que a duración mínima da estadía, para os efectos de concesión de bolsa, sexa de tres meses e a máxima de nove meses.
    Non ter gozado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.
    Prazo de presentación de solicitudes:1 mes, contado desde o seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (20/08/2012).

    Máis información:  DOG luns 20 agosto de 2012 e páxina web: www.edu.xunta.es

    Ver más
  • CLAUSURA DAS XORNADAS MUSICAIS HOXE MÉRCORES CUN CONCERTO NO AUDITORIO DO ROSAL

    Fecha: del 22.08.2012 al 26.08.2012
    Como acto de clausura das xornadas musicais que se están realizando estes días, celebrarase un concerto o vindeiro mércores 22 de agosto, ás 19,00 h. no Auditorio do Rosal, onde participarán os alumnos que están asistindo as mesmas cos seus profesores:

    - Rafael Carracedo Crespo (Trompeta)
    - José Manuel González Diego (Trompa)
    - Francisco Sevillá Gonell (Trombón)
    - Daniel Bellón (Gaita)


    Tamén este fin de semana terá lugar na Praza do Calvario do Rosal o XXIII Festival de Músicos Xoves, que este ano conta cun cartel excepcional.

    O sábado 25, a partir das 21,00 h., participarán a Banda Infantil da Agrupación Musical do Rosal, a Unión Musical de Meaño, a Banda Artística de Merza e a Agrupación Musical do Rosal.

    O domingo 26, a mesma hora, estará adicado a música coral e participarán a Coral Polifónica Os Penediños de Atios (Porriño), a Coral Polifónica Novos Aires de Nigrán e a Coral da Agrupación Musical do Rosal.
    Ver más
  • CONCENTRACIÓN EN TUI DA SELECCIÓN GALEGA CADETE FEMININA DE BALENOCESTO

    Fecha: del 22.08.2012 al 23.08.2012
    Ao longo desta semana, en concreto do 21 ao 23 de agosto, realizará una concentración na nosa cidade a selección galega cadete feminina de baloncesto, dando continuidade ao acordo asinado, no se día, entre este Concello de Tui e a Federación Galega de Baloncesto polo que se estableceu que a nosa cidade é a sede oficial de concentración das selección galegas de baloncesto.

    Este grupo de deportistas utilizan as instalacións do Centro Interfederado e realizan os seus adestramentos no Pavillón de Deportes diariamente de 12,00 a 14,00 e de 18,00 a 20,00 horas.

    Para o concelleiro de deportes do Concello de Tui a presenza do combinado galego reflicte o importante compromiso asumido polo goberno municipal pola promoción do deporte e testemuña o alto nivel dos equipamentos deportivos que posúe este Concello ao servizo dos deportistas e afeccionados tudenses. Engade o edil tudense que estas actividades deportivas contribúen a promoción da nosa cidade e á dinamización do seu sector turístico pois xunto aos deportistas achéganse, en moitos casos, as súas familias que visitan e consumen na nosa cidade.

    Ver más
  • Abre en nueva ventana: CAMPAÑA RENTA 2012 EN ASNELA GESTIONES Y SERVICIOS

Danos tu opinión

¿Qué tipo de información te gusta más?

  • Cultural
  • Deportiva
  • Política
  • Economía
  • Sucesos
  • Reportajes
  • Local
  • Autonómica
  • votarresultados
  • Abre en nueva ventana: TAPERÍA RESTAURANTE ARRUAZ EN A GUARDA MARISCOS MENU DEL DÍA CON EXCELENTES VISTAS AL PUERTO DE A GUARDA GASTRONOMIA GALLEGA
  • Abre en nueva ventana: Asnela - Gestiones y Servicios
  • Abre en nueva ventana: GRÁFICAS LA GUARDIA SL IMPRENTA CARTELERÍA FLYERS LONAS SELLOS TARJETAS DE VISITA IMPRESIÓN VINILOS
  • Abre en nueva ventana: GRÚAS Y DESGUACE ELOY VICENTE - O ROSAL
  • Abre en nueva ventana: www.aguarda1948.com
  • Abre en nueva ventana: CONCELLO DE TOMIÑO - FACENDO VIDA
  • Abre en nueva ventana: XANELUX EN A GUARDA EMPRESA VENTANAS METAL CRISTALERÍA PERSIANAS ESTORES PVC VENECIANAS MOSQUITERAS TOLDOS BAIXO MIÑO MAMPARAS DE BAÑO PORTALES GARAJE
  • Abre en nueva ventana: XANELA A GUARDA
  • Abre en nueva ventana: GUTTERKEL CUBIERTAS DE PIZARRA CAPIGAL SL CANALONES
  • Abre en nueva ventana: MARENGO A GUARDA Y TOMIÑO - COSMÉTICA PROFESIONAL
  • Abre en nueva ventana: ELECTRODOMÉSTICOS EXPERT LA GUARDIA
  • Abre en nueva ventana: TU MENU LA GUARDIA COMIDA CASERA PARA LLEVAR CATERING PRESUPUESTOS EVENTOS PINCHOS PRODUCTOS TÍPICOS
  • Abre en nueva ventana: PELUQUERÍA ADDICT EN O ROSAL PELUQUEROS PEINADOS TINTES
  • Abre en nueva ventana: Seguros Catalana Occidente O Rosal Hogar Vehículos Comunidades Cálculo online de tu seguro
  • Abre en nueva ventana: MIGUEL AMENEDO DISEÑO GRÁFICO LOGOS PAPELERIA MANUAL MARCA IDENTIDAD CORPORATIVA FOLLETOS CATALOGOS FLYERS SEÑALÉCTICA WEBSITES PORTALES
  • Abre en nueva ventana: Infomiño PUBLICIDAD ANUNCIOS EMPRESAS BANNERS PROMOCION OFERTAS BAIXO MIÑO COMERCIO INDUSTRIA HOSTELERÍA RESTAURANTES GALICIA PONTEVEDRA TARIFAS

© www.infomiño.comC/Vicente Sobrino nº24 1º - 36780 A Guarda - Pontevedra Teléfono: 617 583 508 Fax: 986 62 63 79 [ LOPD ]

XHTML CSS TawUDEControl

Itea Soluciones