Su navegador no soporta JavaScript!
Infomiño.com la web informativa del Baixo Miño y alrededores
Miercoles22/05/13

Aviso Legal LOPD

Envío de Noticias

Tarifas publicidad

Síguenos en:
junio >
2012 >
LMXJVSD
    1
O Ministerio de Educación convoca ata 1.005 axudas de 728,77 € cada unha para seguir un curso de inmersión lingüística en inglés organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo.
2
La irrupción de seguidores en el césped supondría una grave infracción en materia de seguridad en un partido declarado de alto riesgo.
3
Este Domingo taller de cerámicas de Leandro
4
Está previsto que haxa unha actividade nas rúas para achegar un pouquiño máis este programa europeo á mocidade guardesa
5
A Axencia europea de información e asesoramento para os xóvenes, convoca este concurso a través do facebook da campaña information right now.
6
O Executivo Municipal de Valença reúne, em sessão ordinária, a 6 de junho, no Salão Nobre dos Paços do Concelho.
7
Xoves 7 de Xuño ás 21:00h no Hotel Nova Colina de Tomiño
8
Inscrições de 8 a 20 de junho, no Gabinete de Associativismo e Juventude, na Piscina Municipal
9
A Deputación e o Concello conovan prazas para o Talaso de Oia, para persoas a partir de 50 anos e pensionistas, para ir e voltar no día.
10
A Deputación e o Concello conovan prazas para o Talaso de Oia, para persoas a partir de 50 anos e pensionistas, para ir e voltar no día.
11
A Deputación e o Concello conovan prazas para o Talaso de Oia, para persoas a partir de 50 anos e pensionistas, para ir e voltar no día.
12
A Deputación e o Concello conovan prazas para o Talaso de Oia, para persoas a partir de 50 anos e pensionistas, para ir e voltar no día.
13
A Deputación e o Concello conovan prazas para o Talaso de Oia, para persoas a partir de 50 anos e pensionistas, para ir e voltar no día.
14
Acto no Centro Cultural da Guarda
15
O vindeiro venres 15 de xuño, ás 17.30h, na Praza do Concello do Rosal terá lugar a actividade Galego de Cine, dentro do programa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
16
Sábado 16 de Xuño ás 20:30h no Auditorio de Goián en Tomiño
17
A organização é da responsabilidade da Câmara Municipal.
18
A organização é da responsabilidade da Câmara Municipal.
19
Prazo de presentación ata o Venres día 22 de Xuño de 2012
20
Esta produção vai proporcionar três espetáculos de grande qualidade na Fortaleza, num espaço cénico único para receber estes eventos
21
Esta produção vai proporcionar três espetáculos de grande qualidade na Fortaleza, num espaço cénico único para receber estes eventos
22
Conferencia Sergio Manuel Nobre o 22 de Junho ás 18:00h
23
calendario de competición do Torneo de A Guarda, co que comenza o Balonmán Praia 2012
24
Terá lugar o domingo 24 de xuño ás 19,00 horas na Igrexa de San Domingos
25
Un concerto abre este programa o luns ás 19,00 horas
26
Día Internacional de la lucha contra el uso indebido y el tráfico ilícito de drogas – 26 de junio
27
O Presidente da Câmara Municipal de Valença, Jorge Salgueiro Mendes e o Alcalde de Tui, Moisés Rodrigues, vão assistir juntos ao do jogo das meias-finais do Euro2012, campeonato europeu de futebol, entre Portugal Espanha, quarta-feira, 27 de Junho.
28
A oitava edição do Dancerveira – Festival Internacional de Dança de Vila Nova de Cerveira começa amanhã bem cedo, com uma série de workshops, que ocupam toda a manhã de quinta-feira.
29
Venres día 29 de xuño ás 21h. na Casa da Cultura de Tomiño
30
O próximo sábado 30 de xuño terá lugar a quinta andaina que pecha o primeiro ciclo da actividade -ANDAINAS 2012- organizada pola Concellería de Deportes. En setembro volverá a retomarse de novo a actividade.
  • Abre en nueva ventana: NADIS TERAPIA GOIÁN TOMIÑO ACUPUNTURA HIPNOSIS MASOTERAPIA DEJAR DE FUMAR ESGUINCES
  • Abre en nueva ventana: PHOTOTECA B&N EN A GUARDA
  • Abre en nueva ventana: GLOBAL A GUARDA
  • Abre en nueva ventana: AUTOMOTO A GUARDA ADSL TELEFONÍA MÓVIL Y FIJA RUA GALICIA
  • Abre en nueva ventana: PORTALMATIC CIERRES Y AUTOMATISMOS EN A GUARDA CALLE GALICIA PUERTAS AUTOMATICAS CIERRES DE SEGURIDAD SERVICIO TÉCNITO PROPIO PARA PARTICULARES Y COMUNIDADES
  • Abre en nueva ventana: ALUKPLAS INDUSTRIA SECTOR METAL EN O ROSAL VENTANAS PERSIANAS CRISTALERIA CELSO DOMINGUEZ
  • Abre en nueva ventana: MARISQUERIA O ROXO PORTO DE A GUARDA ESPECIALIDADES EN MARISCOS SALPICON DE BOI
  • Abre en nueva ventana: COSER Y CANTAR LA GUARDIA
  • Abre en nueva ventana: REFORMAS J ARTURO O ROSAL PAVIMENTADO ALICATADOS COCIÑA BAÑOS PINTURA INTERIOR EXTERIOR FONTANERIA CARPINTERIA ELECTRICIDAD
  • Abre en nueva ventana: MAS INSTALACIONS SL ENERGIA SOLAR CALEFACCION GEOTERMICA BIOMASA FONTANERIA
  • Abre en nueva ventana: AUTO-ESCUELA ELI´S EN A GUARDA CARNETS A B CURSOS FORMACION VIAL SACAR CARNET DE CONDUCIR
  • Abre en nueva ventana: RESTAURANTE O NOVO PORTIÑO A GUARDA
  • Abre en nueva ventana: BUGALLAS MOBLES SL
  • Abre en nueva ventana: FRENCH CAN-CAN PELUQUERÍA CANINA ALIMENTACIÓN Y COMPLEMENTOS EN A GUARDA
  • Abre en nueva ventana: PUNTERA ZAPATOS - TIENDA DE CALZADO EN O ROSAL
  • Abre en nueva ventana: SEGUROS BILBAO EN A GUARDA MERCEDES CORDERO Autos, Hogar, Ahorro, Financieros, Jubilación, Vida, Rc, Accidentes
  • Abre en nueva ventana: CERVECERÍA ZENTRAL (A GUARDA) ZONA WIFI CAFETERIA BILLARES FUTBOLINES EN LA CALLE MANUEL ALVAREZ

Agenda

  • ECONOMÍA E INDUSTRIA MANTÉN ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS DE ATA 7.000 EUROS PARA A ADQUISICIÓN DE VEHÍCULOS EFICIENTES

    Fecha: del 21.12.2011 al 30.06.2012

    As axudas para adquisición de vehículos “full hybrid” chegan aos 2.300 euros, e aos 2.000 euros para os “mild hybrid”

    Realizaranse 300 transaccións, que permitirán un aforro anual de 82 toneladas de petróleo, evitando a emisión a atmosfera de 266 toneladas de CO2

    O orzamento deste ano incrementouse un 37%, ata os 700.000 euros, o que permitirá xerar un investimento asociado duns 6,7 millóns de euros
     
    A Consellería de Economía e Industria abre o prazo para a solicitude de axudas encamiñadas á adquisición de vehículos eficientes. Así, a partir de hoxe, todos aqueles que o desexen poden acudir aos concesionarios e talleres adheridos para solicitar as axudas correspondentes, que nesta ocasión chegarán ata o 15% do prezo do vehículo e poderán alcanzar os 7.000 euros.

    O plan estará vixente ata o 30 de xuño, podendo xa os interesados consultar a listaxe de empresas colaboradoras a través da web do Instituto Enerxético de Galicia –www.inega.es-. Unha vez seleccionado o vehículo a comprar ou o tipo de transformación do motor, o taller ou concesionario debe reservar a axuda correspondente, agardando a confirmación de fondos por vía electrónica. A partir dese momento, a empresa dispón de 60 días naturais para presentar toda a documentación.

    Nesta ocasión, as axudas chegan aos 2.300 euros para vehículos “full hybrid”, aos 2.000 euros para os “mild hybrid”, e ata os 7.000 euros para turismos de combustión directa de hidróxeno ou con pila de combustible. No caso de transformación do motor para que funcione con GLP ou gas natural, a subvención alcanza os 1.200 euros en vehículos novos, e os 450 euros nos de segunda man. Plan de Vehículos Eficientes 2011

    Obxectivos do Plan
    Con esta nova edición do Plan de Vehículos Eficientes, a Consellería, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), aspira a realizar 300 transaccións, que permitirán unha diminución do impacto ambiental dos medios de transporte traducida nun aforro anual de 82 toneladas de petróleo, evitando a emisión á atmosfera de 266 toneladas de CO2.

    Para iso, Economía e Industria incrementou nun 37% o orzamento, alcanzado os 700.000 euros, cifra que permitirá xerar na industria automobilística un investimento asociado de aproximadamente 6,7 millóns de euros.

    Este programa facilitou xa en edicións anteriores que 876 automóbiles eficientes circulen polas estradas galegas. Deste xeito, impúlsase unha maior eficiencia enerxética no sector do transporte a través de incentivos para a adquisición de vehículos novos ou para transformacións que se alimenten con combustibles alternativos aos convencionais de gasolina e gasóleo.
    Ver más
  • AS FAMILIAS GALEGAS CON MENOS RECURSOS PODEN SOLICITAR AS AXUDAS DA XUNTA PARA CONTRATAR INTERNET NO FOGAR

    Fecha: del 02.01.2012 al 30.09.2012
    Desde hoxe as familias galegas cunha renda per cápita igual ou inferior a 9.000 euros poderán acceder ao programa de axudas para contratar Internet nos seus fogares. Os posibles beneficiarios deberán contratar o servizo de Internet con R ou Telefónica, que son as empresas que na actualidade completaron os trámites para acadar a condición de entidades colaboradoras desta iniciativa.

    Os interesados poden solicitar información nos teléfonos gratuítos 1004 de Telefónica e 1445 de R ou acudir as oficinas de venda destes operadores, que se encargarán de xestionar a subvención. Segundo establece a convocatoria, no ano 2012 o prazo de presentación de solicitudes quedará aberto ata o 30 de setembro, ou ata que se esgote o crédito orzamentario.

    A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica destina este ano un orzamento superior aos 570.000 euros a esta iniciativa que permitirá subvencionar a contratación deste servizo a máis de 3.000 familias.

    Beneficiarios das axudas
    Os beneficiarios destas axudas serán as familias residentes en Galicia, que teñan unha renda per cápita igual ou inferior a 9.000 € e que soliciten unha nova alta de acceso ás entidades colaboradoras da iniciativa, actualmente R e Telefónica. Para iso, a Xunta puxo a súa disposición unha plataforma telemática para garantir unha xestión totalmente electrónica das subvencións.

    Para poder acceder á subvención, será condición obrigatoria que no domicilio non houbese contratada ningunha conexión a Internet no momento de efectuar a solicitude nin polo menos nos tres meses anteriores.

    Importe e tramitación das axudas
    O programa establece a concesión dunha única subvención por unidade familiar do 40% do custe da tarifa mensual de conexión a Internet a partir do segundo mes de servizo e ata completar un ano, cunha contía máxima de 180€ e condicionado á permanencia no servizo durante ese período. A alta de liña e o importe da primeira cota mensual será asumido pola entidade colaboradora.

    Superar a barreira económica
    Segundo datos do INE o custo da conexión é a terceira causa aducida en Galicia para non contratar o servizo de Internet no fogar. Este programa de axudas busca reducir as barreiras económicas de entrada ao uso da banda larga mediante apoios económicos de cara á contratación deste servizo para seguir axudando aos colectivos máis desfavorecidos e así garantir a igualdade de oportunidades no acceso á información..

    Xunto coa eliminación da barreira económica a Xunta está a traballar na superación doutras dúas barreiras: a das infraestruturas de Telecomunicación co Plan de Banda Larga co que xa se reduciu nun terzo a poboación sen acceso a Internet na Comunidade; e a da formación, coa posta a disposición da cidadanía de instrumentos para o acceso as novas tecnoloxías como a Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica.

    Estas medidas intégranse nas actuacións da Axenda Dixital de Galicia 2014.gal, a folla de ruta do Goberno galego en materia tecnolóxica para integrar as TIC na sociedade galega e eliminar a fenda dixital na Comunidade.

    Ver más
  • ÁBRESE A VEDA DA NÉCORA QUE SE ESTENDERÁ ATA FINAIS DE XUÑO

    Fecha: del 09.01.2012 al 29.06.2012
    A Consellería do Medio Rural e do Mar prohibe a captura da nécora, atendendo a criterios de explotación comercial e ao estado biolóxico do recurso. Así o recolle a Orde do 23 de decembro de 2011 pola que se aproba o Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o 2012. O calendario aprobado establece que a actividade de extracción deste crustáceo estará prohibida ata o 30 de xuño.

    O departamento que dirixe Rosa Quintana, persegue con esta medida técnica favorecer a reprodución e reducir o esforzo pesqueiro que soportan as poboacións desta especie na Comunidade Autónoma de Galicia. Esta iniciativa, consensuada co sector, suporá que non se poderá atopar nécora fresca galega no mercado ata o 30 de xuño. Pode atoparse fresca, se é foránea, ou galega conxelada.

    A extracción da nécora estivo autorizada dende o 4 de xullo de 2011. Neste período de tempo capturáronse máis de 110.500 quilos nas augas galegas cun importe total de preto de 1.730.000 euros. A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que dende o 1 de xaneiro ata o 30 de setembro tamén está en veda o santiaguiño (Scyllarus arctus).
    Ver más
  • AXUDAS ECONÓMICAS A PROXECTOS DIRIXIDOS A PERSOAS CON DISCAPACIDADE

    Fecha: del 25.01.2012 al 30.09.2012
    Convoca: Fundación Once
    Contido:  A Fundación ONCE convoca axudas económicas a proxectos dirixidos a persoas con discapacidade para a cooperación e inclusión social de persoas con discapacidade.
    Beneficiarios: Son beneficiarios potenciais das axudas da Fundación:
    - Calquera entidade de nacionalidade española, dotada de personalidade xurídica que, con arranxo aos seus estatutos, desenvolva unha actividade coincidente coa que leva a cabo a Fundación ONCE. Contémplase particularmente neste grupo ás entidades sen fins lucrativos no ámbito do movemento asociativo de persoas con discapacidade, é dicir, asociacións, federacións, fundacións e confederacións nos distintos ámbitos de actuación xeográfica.
    - Calquera persoa física de nacionalidade española afectada por calquera tipo de discapacidade. A estes efectos será imprescindible que dita persoa estea en posesión do correspondente certificado de minusvalía emitido pola Administración Pública competente.
    Prazo: 30 de setembro.
    Máis información na Fundación ONCE. Rúa Sebastián Herrera, 15. Madrid
    http://www.fundaciononce.es/es/ambitosactuacion/proyectossolicitudes/paginas/introduccion.aspx e no BOE do 3 de xaneiro.
    Ver más
  • FEIRA DE ARTES E VELHARIAS O SEGUNDO DOMINGO DE CADA MES EN CERVEIRA

    Fecha: del 11.03.2012 al 14.10.2012

    O SEGUNDO DOMINGO DE CADA MES

    MARZO - OUTUBRO 2012

    PRAZA DA GALIZA

    VILANOVA DE CERVEIRA

    Ver más
  • ME PIRO! EL LIBRO CON VUESTRAS HISTORIAS!

    Fecha: del 12.03.2012 al 30.06.2012
    La Asociación Cultural Ingalicia quiere lanzar una nueva e interesante iniciativa: publicar un libro solo para fines benéficos!!

    Todo lo recaudado de la venta del libro se entregará a una organización, instituto, entidad o asociación que vosotros mismos podéis elegir.

    El título del Libro aún está por decidir, por esto pedimos vuestro apoyo para dicidir el titulo. En este mismo libro queríamos dedicar un espacio a frases celebres que en algún momento han servido o en las cuales muchos de vosotros se reconocen a la hora de describir su vida, y en la otra parte publicar las historias de todos aquell@s que quisieran participar.

    Tenemos pensado publicar el libro en Septiembre de 2012 con lo cual dejaremos abierto el plazo para recibir historias, frases celebres y votación para el/la beneficiari@ de lo recaudado de la venta del libro.

    Estamos buscando una editorial para la publicación del libro.

    COMO PARTICIPAR

    Teneis que enviar vuestra historia a las siguiente dirección de correo electrónico: mepiro@ingalicia.org antes del 30 de Junio de 2012

    Cada historia no deberá superar los 5000 caracteres (espacios incluidos) y no incluir citaciones de autores que ya han publicado. Junto con vuestra historia debéis enviarnos una foto vuestra y una del lugar del que habláis en vuestra historia, firmar y enviarnos un documento que ponga lo siguiente:

    El abajo firmante (nombre y apellidos) con fecha __/__/____ autorizo la Asociación Cultural Ingalicia para la publicación de la composición enviada para realizar el libro "Me Piro, Historias y experiencias de viaje y vida". Cedo mi historia para los usos benéficos promovidos por la Asociación Cultural Ingalicia
    No podremos publicar historias sin el presente documento firmado y recibido por nosotros.

    COMO VOTAR Y ACONSEJAR LA ENTIDAD A LA CUAL QUIEREIS QUE LLEGUE LA RECAUDACIÓN DE LA VENTA DEL LIBRO

    En el mismo correo, podéis indicar la entidad que más os gusta y a la cual quieres que llegue la recaudación derivada de la venta del libro. Se recomienda adjuntar una ficha descriptiva de la entidad para mejor presentarla, su dirección fisica, proyectos desarrollados, pagina web etc. Cuantas más informaciones tengamos mejor se puede presentar la entidad para que la voten.

    COMO ELEGIREMOS LA ENTIDAD A LA CUAL DONAREMOS LO RECAUDADO POR LA VENTA DEL LIBRO?

    Crearemos un álbum fotográfico donde pondremos las imágenes de cada entidad de la que tengamos una ficha descriptiva. Una vez publicado el álbum, los usuarios de Facebook podrán poner "Me Gusta" en la imagen y cada "Me Gusta" contará como un voto. Para votar tendréis 2 meses.

    COMO COMPRAR EL LIBRO

    Dependiendo de las modalidades de distribución os informaremos sobre los canales donde encontrar el libro y poder comprarlo.

    COMO DONAR LA RECAUDACIÓN

    El libro se venderá durante un tiempo limitado, y una vez finalizada su distribución Ingalicia procederá a ingresar por transferencia bancaria lo recaudado por la venta.

    Poneros en contacto con nosotros si tenéis dudas! Por lo demás, a escribir!

    Ver más
  • CONTINÚA ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN DOS ROTEIROS PARA A XUVENTUDE

    Fecha: del 20.03.2012 al 31.08.2012

    O 20 de marzo abre o prazo de inscrición en Roteiros para a xuventude, un programa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado que consiste en saídas de fin de semana co obxectivo de  ofertar á xuventude novas experiencias e alternativas para o tempo libre, así como a transmisión e coñecemento de valores como a convivencia, a cooperación, o compañerismo, entre outros, favorecendo as relacións interpersoais e a creación dun bo ambiente grupal que lle permita acceder a un tempo libre de calidade.kaiak_surf_2

    Ofértase un total de 3.782 prazas prazas en 16 instalacións distintas dende o mes de abril ata o mes de setembro,  incluíndo actividades náuticas, de multiaventura, de interpretación do noso patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico.

    Os interesados en participar nesta iniciativa poderán facer a reserva da súa praza a partir do martes 20 de marzo a través da chamada telefónica nos teléfonos 981545937/545702/541689/545822 en horario de 09,00 a 14,00 horas de luns a venres.

    Mais Informaciónroteiros2012

    Ver más
  • A CONCELLERÍA DE TURISMO REALIZARÁ VISITAS GUIADAS ÓS ALOXADOS NA GUARDA

    Fecha: del 31.03.2012 al 07.07.2012
    Trala boa acollida das visitas guiadas ó Monte Santa Trega dos últimos anos o concello da Guarda ofrecerá un novo servizo turístico ós visitantes e turistas que se aloxen nos establecementos turísticos da Guarda.

    A nova iniciativa posta en marcha pola Concellería de Turismo, en colaboración cas empresas de aloxamento da Guarda, ofrecerá visitas guiadas durante as mañás do sábado ata o mes de xullo.

    Esta visita guiada comezará no Monte Santa Trega e permitirá coñecer os seus valores arqueolóxicos, relixiosos e paisaxísticos. Continuará no casco urbano da Guarda visitando o Museo do Mar, porto, casco antigo que engloba a Ruta Urbana e a rematará ca Ruta das Casas Indianas na Alameda.

    A finalidade desta nova iniciativa é dar a coñecer máis profundamente a historia, patrimonio e recursos que fan da Guarda un interesante destino.

    Ver más
  • PROMOCIÓNS CARNÉ XOVE: 6ª XIRA GALEGA DE KARTING. QUERES PILOTAR?

    Fecha: del 03.05.2012 al 22.07.2012

    A Xira Galega Karting é a primeira actividade de karting móbil galega dirixida a tódolos públicos e situada no centro urbano de cada cidade.

    Conducir un Kart é o máis parecido a gozar dunha carreira de Fórmula 1. Moitos pilotos profesionais comezaron a súa carreira deportiva a bordo dun destes pequenos e veloces monoprazas, e incluso hoxe en día, é considerado unha gran forma de comezar as pretempadas.

    Xira Gálega Karting brinda un ano máis a oportunidade de iniciarse no mundo do motor a través do karting, sen ter coñecementos previos e sen necesidade de mercar equipo algún. Emular cadanseu ídolo, e en definitiva, vivenciar unha experiencia apaixonante en circuítos deseñados especificamente para cada cidade, provisto das medidas de seguridade máis esixentes, facilitando unha oferta lúdica deportiva exclusiva.

    Escalas da Xira Galega Karting nesta edición:

    • Ferrol. Do 3 ó 6 de Maio
    • Santiago de Compostela. Do 10 ó 13 de Maio
    • Padrón / Rois / Dodro. Do 17 ó 20 de Maio
    • Ortigueira. Do 24 ó 27 de Maio
    • Narón. Do 7 ó 10 de Xuño
    • Ourense. Do 28 de Xuño ó 1 de Xullo
    • A Coruña. Do 5 ó 8 de Xullo
    • Vilagarcía de Arousa. Do 12 ó 15 de Xullo
    • Vigo. Do 19 ó 22 de Xullo

     

    6xiragalegadekarting

    Horarios:

    • Mañás:
      • Xoves e Venres 10 a 14 h h
      • Sábados e Domingos 12 a 14 h
    • Tardes:
      • Xoves e Venres 17 a 22 h
      • Sábados e Domingos 17 a 00 h

    Tarifas: 

    ACCESO MERCANDO O TICKET NA TAQUILLA

    • KARTS INFANTILES (oito a doce anos): 7 € / sesión.
    • KARTS (mais de doce anos): 10 € / sesión.

    (As sesións teñen unha duración de 5 minutos) 

    ACCESO GRATUÍTO

    • FÓRMULA ESTRELLA GALICIA 0,0 : consigue a túa invitación participando no facebook de Estrella Galicia 0,0.
    • FÓRMULA GADIS: obtén a túa invitación de balde na túa compra nos supermercados Gadis.

    Ademais de beneficiarvos dun desconto do 30% (presentando o carné xove en taquilla), os titulares de carné xove poderedes obter ENTRADAS DE BALDE, nos Servizos de Xuventude e Voluntariado, Casas da Xuventude e OMIX que se indican neste enlace.

    As entradas poderán recollerse a partir do 10 de abril.Máximo 2 entradas por persoa, ata esgotar existencias. Para recollelas deberedes amosar o voso carné xove.

    ACCESO ECONÓMICO

    • FÓRMULA DESCONTO:
      • a través dos vales desconto nos supermercados Gadis.
      • a través da web da Xira Karting para as tardes de xoves e venres.
      • a través das redes sociais
    • FÓRMULA XOVE : desconto do 30 % presentando o teu Carné Xove na taquilla.
    • FÓRMULA ENXIRA : descontos e promocións en cada cidade no mostrador de recepción da Xira Galega Karting.
    • FÓRMULA WOMAN : os venres as condutoras teñen un 50 % de desconto.
    • FÓRMULA FAMILY : un 30 % de desconto co teu carné de familia numerosa.
    • FÓRMULA 4 + 1 : adquire unha invitación gratuíta pola compra dun bono de catro entradas (maiores de 13 anos ). (40€)
    • FÓRMULA 5 : adquire unha invitación infantil gratuíta pola compra dun bono de catro entradas, 2 adultos e 2 infantil (menores de 13 anos ). (34€)
    • FÓRMULA GROUPS : 30% de desconto para grupos a partir das 20 persoas. (5€ entrada infantil / 7€ adulto)
    Ver más
  • BOLSAS PARA ESTUDANTES UNIVERSITARIOS PARTICIPANTES EN PROGRAMAS DE MOBILIDADE CON PAISES EXTRACOMUNITARIOS PARA O VINDEIRO CURSO (NON ERASMUS)

    Fecha: del 31.03.2012 al 30.06.2012
    Convoca: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

    Contido: A Consellería Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca bolsas destinadas aos estudantes universitarios que participan en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2012-2013, agás o programa Erasmus. A bolsa terá unha dotación económica de 1.000 euros por alumno beneficiario

    Requisitos:
    • Estar matriculado en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica nunha universidade pertencente ao SUG ou centro asociado da UNED en Galicia.
    • Ter cursados os últimos tres anos académicos nalgún centro ou universidade da Comunidade Autónoma.
    • Os estudantes estranxeiros non comunitarios deberán acreditar a condición de residentes e non poderán realizar o intercambio con universidades do seu país de orixe.
    • Realizar o programa de mobilidade a través da universidade ou centro asociado da UNED en Galicia.
    Prazo: ata o 30 de xuño.

    Información detallada da convocatoria no DOG do 29 de marzo.

    Ver más
  • REDUÇÃO DE 50 PORCENTO PARA LIGAÇÃO AO SANEAMENTO PROLONGA-SE ATÉ 31 DE AGOSTO EM SEIXAS E CRISTELO (CAMINHA)

    Fecha: del 19.04.2012 al 30.08.2012

    A ligação de saneamento na freguesia de Cristelo e nas zonas de ampliação da rede existente em Seixas vai continuar com uma redução de 50% até ao dia 31 de agosto. O prolongamento foi aprovado em reunião de câmara na sexta-feira, dia 13.

    Redução de 50% para ligação ao saneamento prolonga-se até 31 de agosto em Seixas e CristeloAssim, até ao final de agosto, os munícipes de Cristelo e de algumas zonas da freguesia de Seixas, nomeadamente os que habitam nas ruas do Vale e da Boalheira, podem efetuar a ligação das suas casas à rede de saneamento com 50% de desconto.

    A rede de saneamento de Cristelo foi um investimento de 664.889,40 euros, cofinanciado em 80% do valor elegível, pelo Fundo Europeu de Desenvolvimento Regional (FEDER). Em Seixas, o investimento foi de 57.096,63 euros, cofinanciado em 80%, do valor elegível, pelo FEDER.

    Esta medida insere-se na política de qualificação ambiental do Concelho e no esforço que o Município tem efetuado no sentido de dotar todas as freguesias do concelho de Caminha e o maior número possível de aglomerados populacionais com uma rede de saneamento e de abastecimento de água moderna e eficaz.

    Ver más
  • CONCURSO -ERES XOVEN TRIUNFARÁS- DE INJUVE

    Fecha: del 24.04.2012 al 30.06.2012
    A Fundación Bertelsmann organiza este concurso, dirixido a alumnos/as entre 12 e 18 anos que presenten proxecto para fomentar no seu instituto ou escola xóvenes de orixe inmigrante. A participación realizarase a través da web www.eresjoventriunfaras.org
    O prazo de presentación remata o 30 de xuño de 2012. Máis información www.injuve.es
    Ver más
  • PISCINAS MUNICIPAIS DE CAMINHA PROMOVEM CAMPANHA -PAGUE 2 LEVE 5- ATE O 31 DE JULHO

    Fecha: del 25.04.2012 al 31.07.2012

    Piscinas Municipais promovem campanha Até 31 de julho, as Piscinas Municipais - Vila Praia de Âncora estão a dinamizar a campanha "Pague 2 leve 5". Esta promoção insere-se na programação das comemorações do 2º aniversário daquele equipamento desportivo, que se celebra a 1 de maio.

    "Pague 2 leve 5" é a campanha que as piscinas estão a promover até dia 31 de Julho, e que consiste no seguinte: quem se inscrever em 2 aulas de grupo por semana, pode usufruir de 3 banhos livres por semana, ou seja, para além das aulas de grupo, o utente poderá escolher os dias em que pretende realizar os banhos livres.

    Além desta campanha, as Piscinas ainda vão promover no dia 12 de maio o "Aqua Open Day" e deverá avançar ainda este mês a campanha "Verão Seguro".

    Mais informações no balcão das Piscinas Municipais - Vila Praia de Âncora.

    Ver más
  • CONCURSO FOTOGRÁFICO IMAXES CON FONDO - PRAZO ATA HOXE 15 DE OUTUBRO DE 2012

    Fecha: del 01.05.2012 al 15.10.2012
    O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade sorprende neste 2012 co concurso ‘Imaxes con Fondo’. O concurso é unha ferramenta para promover a reflexión e un cambio de actitude na cidadanía, apostando por condutas solidarias e respectuosas co entorno do planeta e coas persoas que nel habitan.


    Se es capaz de combinar unha fotografía cun texto de 140 caracteres (un tweet), podes participar, sensibilizar e até gañar un premio (¡)

    E LEMBRA, A IDEA É MÁIS IMPORTANTE QUE A CALIDADE DA TÚA CÁMARA FOTOGRÁFICA...

    ‘Imaxes con Fondo’ divídese en dúas categorías con cadansúa temática:

    - Categoría xuvenil (de 13 a 17 anos, ambos inclusive): As/os concursantes deberán achegar fotografías nas que se amose a solidariedade na nosa sociedade, entendido como un dos valores fundamentais e universais nos que deberían basearse as relacións entre os pobos e as persoas.

    - Categoría adultas/os (de 18 anos en adiante): As/os concursantes deberán achegar imaxes que amosen como algunhas prácticas na nosa sociedade (tanto de persoas particulares coma de empresas e gobernos) repercuten negativamente nas poboacións dos países do sur de forma directa ou de forma indirecta, de cara a denunciar as iniquidades entre o norte e o sur que obstaculizan o desenvolvemento humano.

    Haberá só un premio por categoría:

    - Para a categoría xuvenil: Cámara fotográfica Canon EOS 1100 + Obxectivo EF-S 18-55 mm (ou similar) e un lote de produtos de comercio xusto, valorado todo en 450€.

    - Para a categoría adultas/os: Viaxe (inclúe billetes de avión e aloxamento) a un dos proxectos do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en Cabo Verde, co obxectivo e compromiso de realizar un traballo fotográfico para o arquivo do Fondo Galego a modo de acción voluntaria. A viaxe ao terreo será realizada no 2013 e terá entre 15 días e un mes de duración.

    Cada participante poderá presentar ata un máximo de 3 fotografías individuais, ou ben ata tres series compostas de tres fotografías cada unha. As fotografías deberán ser presentadas en formato JPG, cunha resolución mínima de 300ppp e deberá ocupar 5MB como máximo.

    Pero, o máis importante é a breve descrición de cada obra (tweet), de 140 caracteres e en galego, na que se explique a relación da fotografía ou serie co tema proposto, facendo unha reflexión sobre o significado da imaxe.

    Aquelas persoas interesadas poderán facer entrega das súas obras e demais documentos requiridos dende o 15 de abril ata o 15 de outubro de 2012 no seguinte enderezo electrónico: imaxesconfondo@yahoo.es . Para máis información poden escribir un correo electrónico a dito enderezo ou chamar ao 698 156 127.

    Para a elaboración das bases do concurso contouse co apoio de diferentes colectivos vinculados ao mundo da fotografía: Asociación de reporteiros solidarios (AGARESO), Asociación Provincial de Fotógrafos de Pontevedra, Asociación Provincial de Fotógrafos de Lugo, Agrupación Fotográfica Galega, Asociación Fotográfica ‘Os Negativos’ e a Asociación Fotográfica Galega ‘Phosgalicia’.

     

    Bases do Concurso: Imaxes con Fondo

    BASES CONCURSO FOTOGRÁFICO “IMAXES CON FONDO”
    FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE. 2012.

    Para calquera dúbida sobre o concurso pódese chamar ao 698 156 127 de luns a venres de 9:30 a 14:00h ou escribir un correo electrónico a imaxesconfondo@yahoo.es .

    1. PARTICIPANTES
    Poderán presentarse tódalas persoas interesadas, de 13 anos en diante, de calquera nacionalidade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
    Haberá dúas categorías:
    - Dos 13 aos 17 anos (ambos inclusive): categoría xuvenil
    - A partir dos 18 anos: categoría adultas/os

    2. TEMÁTICA DO CONCURSO
    Os traballos deberán axustarse ás temáticas propostas, que son as seguintes:
    Para a categoría xuvenil: A solidariedade dá sentido ás nosas vidas.
    A solidariedade é un dos valores fundamentais e universais nos que deberían basearse as relacións entre os pobos e entre as persoas dunha mesma sociedade. É tamén un dos piares centrais da cooperación internacional, mais non é necesario participar directamente nos proxectos do sur para poñer en práctica a nosa solidariedade. A solidariedade é dar apoio e comprensión ante as dificultades que pode ter outra persoa, dende o respecto, a igualdade e o desinterese, sendo conscientes de que podemos influenciarnos entre  todas as persoas dun xeito positivo. Ao solidarizarnos implicámonos na resolución dos problemas do noso contorno , contribuíndo á construción dun mundo en paz, máis xusto e equitativo. Cada día preséntanse oportunidades para practicar a solidariedade con quen nos rodea, como por exemplo: Acompañar a unha persoa maior que vive soa, reciclaxe de residuos, contribuír nas tarefas domésticas, axudar a un compañeiro/a cos deberes, respectar o medio ambiente, ceder o asento do autobús a unha embarazada, respectar as normas de circulación para evitar accidentes, tratar de frear burlas ou ofensas contra outras/os compañeiras/os da clase, etc.
    As/os concursantes que entren dentro desta categoría deberán achegar fotografías nas  que se amose a solidariedade na nosa sociedade. Ademais de reflectir imaxes da solidariedade cotiá tamén poderán achegar imaxes de mobilizacións ou actividades que se dean no seu concello en torno a este principio.

    Para a categoría adultas/os: Cambia, reivindica e constrúe.
    No contexto actual de globalización observamos na nosa sociedade innumerables prácticas que a simple vista poden resultar inofensivas, pero que pola contra van acompañadas de efectos nefastos para os pobos do sur e para o noso propio. Seguindo os informes do PNUD, aproximadamente o 20% da humanidade aproveita e explota o 80% dos bens da terra, mentres que o 80% restante deben repartirse menos do 20% dos bens. O desigual reparto de riquezas continúa  a perpetuar as iniquidades entre os países do norte e do sur.  Crear conciencia social sobre os efectos perversos da globalización e sobre os actos que levamos a cabo na nosa sociedade é un acto de xenerosidade, mais tamén de creación dunha cidadanía global responsable que denuncie as corrupcións, as inxustizas, e as malas prácticas adquiridas e xa normalizadas que obstaculizan o desenvolvemento humano tanto no norte coma no sur.

    As/os concursantes desta categoría deberán achegar imaxes que amosen como algunhas prácticas na nosa sociedade (tanto de persoas particulares coma de empresas e gobernos) repercuten negativamente nas poboacións dos países do sur de forma directa ou de forma indirecta. Algúns exemplos poderían ser: consumo de enerxía, explotación laboral, racismo, prostitución de inmigrantes, narcotráfico, comercio “inxusto”, malas prácticas empresariais, quecemento global, consumismo, etc.

    3. PRESENTACIÓN DAS OBRAS AO CONCURSO
    As/os concursantes poderán facer entrega dos seus traballos entre o 15 de abril e o 15 de outubro de 2012.
    As fotografías e documentos requiridos para concursar enviaranse por correo electrónico ao enderezo imaxesconfondo@yahoo.es . A xeito de acuse de recibo, a Secretaría Técnica do Fondo Galego responderá cunha mensaxe de correo electrónico confirmando a recepción. Ata que non reciba esta mensaxe, a persoa solicitante non poderá dar por feita a súa participación.

    3.1 PRESENTACIÓN E ENVÍO DAS FOTOGRAFÍAS:
    As fotografías deberán ser presentadas en formato JPG, cunha resolución mínima de 300ppp. A imaxe poderá ocupar 5MB como máximo.
    Cada participante poderá presentar ata un máximo de 3 fotografías individuais, ou ben ata tres series compostas de tres fotografías cada unha.
    Admítense fotografías en cor e en branco e negro.
    Cada fotografía presentada a concurso nomearase co pseudónimo da autora ou autor  seguido do número da fotografía (1, 2 ou 3) máis a extensión do ficheiro. Por exemplo: bolboreta1.JPG, bolboreta2.JPG.
    No caso das series fotográficas, estas serán nomeadas co pseudónimo da/o concursante seguido da palabra ‘serie’ xunto co número da mesma (1, 2 ou 3) máis o lugar que ocupa a fotografía na serie (1, 2 ou 3). Por exemplo: bolboretaserie11.JPG, bolboretaserie12.JPG, bolboretaserie13.JPG.
    Non se admitirán fotomontaxes ou fotografías retocadas dixitalmente, se ben serán admitidas as fotografías con axustes de brillo, contraste e cor empregados para mellorar a calidade da imaxe.
    As imaxes deben ser inéditas e exclusivas do/a autor/a. Non se admitirán, polo tanto, obras que se teñan presentado a outros concursos ou que teñan recibido premios anteriormente.
    A/o concursante garante ser a/o única/o titular dos dereitos de autor sobre as fotografías presentadas e faise responsable de calquera tipo de reclamación, eximindo á organización de dita responsabilidade.
    As/os concursantes  certifican que dispoñen dos dereitos de imaxe das persoas identificadas ou identificables e eximen ao Fondo Galego de calquera responsabilidade que puidera derivarse como consecuencia da non obtención destes correspondentes permisos.
    No caso de que aparezan menores de idade as/os concursantes deberán dispoñer da correspondente autorización da nai ou pai ou do/a do titor/a legal.
    O Fondo Galego garante ás/aos autoras/es o respecto absoluto aos seus dereitos conforme a lexislación vixente. 
    As/os concursantes non poderán exhibir  as fotografías presentadas ao concurso a través dos diferentes medios de comunicación e redes sociais antes do fallo do concurso.

    3.2 PRESENTACIÓN E ENVÍO DA INFORMACIÓN REQUIRIDA:
    Documento de texto “FOTOS”: este documento deberá nomearse co pseudónimo da/o concursante seguido da palabra “fotos”. Por exemplo: bolboretafotos
    Deberá conter a seguinte información:
    - Pseudónimo da/o concursante
    - Título de cada fotografía, asociado ao nome que leve o arquivo fotográfico, ou título de cada serie, vinculado ao número de fotografías que o compoñen.
    - Breve descrición de cada obra (TWEET), de 140 caracteres e en galego, na que se explique a relación da fotografía ou serie co tema proposto.
    - Lugar de realización de cada unha das fotografías ou series.
    Documento de texto “DATOS PERSOAIS”: este documento deberá nomearse co pseudónimo da/o concursante seguido de “datos persoais”. Por exemplo: bolboretadatospersoais.
    Deberá conter a seguinte información:
    - Nome e apelidos.
    - Data de nacemento.
    - Domicilio, código postal e poboación.
    - Teléfono de contacto e enderezo electrónico.
    - En caso de ser menor de idade, autorización asinada con DNI da/o nai/pai ou titor/a.

    3.3 DEREITO DE EXCLUSIÓN
    A organización resérvase o dereito de exclusión:
    - cando se incumpran as presentes bases
    - cando se inscriban datos falsos na ficha de inscrición
    - cando de forma fraudulenta manipulen a participación
    - cando as fotografías poidan considerarse contrarias aos dereitos e liberdades fundamentais
    Os documentos de texto nos que se indiquen os datos persoais da/o concursante será arquivado pola Secretaría Técnica do Fondo Galego e en ningún caso as persoas que compoñen o xurado terán acceso aos mesmos ata unha vez decidido cales son as fotografías gañadoras. A Secretaría Técnica do Fondo Galego será a única responsable do ficheiro de datos. Seguirase minuciosamente a normativa vixente sobre a protección de datos de carácter persoal (Lei 15/1999).

    4. XURADO E SELECCIÓN DE GAÑADORAS/ES
    Participar no concurso implica aceptar estas bases e a inapelable decisión do xurado, que estará composto por sete persoas:
    - Representante da Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
    - Representante Coordinadora Galega de ONGD.
    - Técnica/o dalgún concello e/ou deputación integrada no Fondo Galego.
    - Catro representantes de prestixio do mundo da fotografía e/ou artes plásticas.
    Calquera continxencia non contida nas bases pode ser resolta pola entidade organizadora.

    O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade desenténdese de calquera controversia.

    5. ENTREGA DE PREMIOS
    Haberá un premio por categoría. Os premios serán os seguintes:
    - Para a categoría xuvenil: Cámara fotográfica Canon EOS 1100 + Obxectivo EF-S 18-55 mm (ou similar) e un lote de produtos de comercio xusto, valorado todo en 450€.
    - Para a categoría adultas/os: Viaxe (inclúe billetes de avión e aloxamento) a un dos nosos proxectos en Cabo Verde, co obxectivo e compromiso de realizar un traballo fotográfico para o arquivo do Fondo Galego a modo de acción voluntaria. A viaxe ao terreo será realizada no 2013 e terá entre 15 días e un mes de duración. O uso de ditas fotografías quedará cedido ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que poderá empregalas para realizar calquera actividade sen fins lucrativos, citando sempre ao/á autor/a das obras. Tamén poderá difundilas polas súas canles de comunicación habituais (boletín, web). A persoa premiada asinará un documento de cesión de dereitos de reprodución das imaxes que debe achegar tras a viaxe.

    O fallo do concurso farase público no mes de novembro de 2012 a través da páxina web do Fondo Galego www.fondogalego.org. Con anterioridade comunicaráselle individualmente ás persoas premiadas.
    Se o xurado o estimase oportuno algún dos premios podería quedar deserto.
    A entrega de premios será realizada no mes de novembro de 2012, durante as VII Xornadas anuais de cooperación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (está por decidir o lugar e o día concreto).
    As persoas premiadas cederán  ao Fondo Galego os seus dereitos para a utilización das mesmas polas súas canles de comunicación habituais, sempre sen fins lucrativos.

    Para calquera dúbida sobre o concurso pódese chamar ao 698 156 127 de luns a venres de 9:30 a 14:00h ou escribir un correo electrónico a imaxesconfondo@yahoo.es .

     

     
    Ver más
  • AVE EM VIAS DE EXTINÇÃO VOLTA A SER PROTEGIDA NAS PRAIAS DE CAMINHA

    Fecha: del 11.05.2012 al 31.08.2012

    Ave em vias de extinção volta a ser protegida nas praias de CaminhaNo âmbito de ações de proteção da natureza e biodiversidade, até 31 de agosto, nas praias entre a foz do Rio Minho e o Forte do Cão, estão a ser implementadas medidas para garantir a reprodução do borrelho de coleira interrompida, uma ave em vias de extinção, que nidifica nos areais dessas praias.

    O borrelho (Charadrius alexandrinus) é uma ave que põe os seus ovos em pequenas covas feitas na areia, a partir do mês de abril. Isto quer dizer que os ovos podem ser pisados pelos utilizadores das praias, destruídos pelos tratores que limpam as praias ou por animais.

    Assim, as medidas que estão a ser implementadas consistem na colocação de gaiolas de proteção nos ninhos e na delimitação da área envolvente, de forma a evitar o seu pisoteio e a perturbação das aves.

    A violação do perímetro de segurança, bem como a sua captura, abate ou detenção dos respetivos juvenis, faz incorrer o seu autor em contraordenação punível com coima pela entidade competente pelo domínio marítimo.

    Recorde-se que, já no ano passado, foi implementado um projeto para proteger esta espécie de aves. Para além do Município de Caminha, participaram nesse projeto a Capitania do Porto de Caminha, ICNB (Instituto da Conservação da Natureza e da Biodiversidade), Juntas de Freguesia de Cristelo, de Vila Praia de Âncora e de Âncora, Anabam (Asociación Naturalista "Baixo Miño"), COREMA - Associação de Defesa do Património, NUCEARTES (Núcleo de Estudos e Artes do Vale do Âncora), NAIAA (Núcleo Amador de Investigação Arqueológica de Afife), Centro de Monitorização e Interpretação Ambiental de Viana do Castelo, Agrupamento de Escolas Coura e Minho, Associação de Pais e Encarregados de Educação da EB1/JI de Moledo e SUMA.

    Ver más
  • ESG/ESCOLA SUPERIOR GALLAECIA ABRE A INSTALAÇÃO DE VÍDEO DO ESCULTOR ZADOK BEN-DAVID

    Fecha: del 30.05.2012 al 28.07.2012

    A ESG/Escola Superior Gallaecia e a Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira inauguram, no próximo dia 30 de Maio, às 19h:00, a instalação de vídeo A história que vos vou contar... A Viagem de Comboio, do escultor Iemenita Zadok Ben-David.

    A obra estará patente na "Magic Box", também da autoria de Zadok Ben-David, localizada nas novas instalações da ESG, na Vila das Artes. A Magic Box, ou Caixa Mágica, é o resultado de um desafio lançado pela Escola ao artista Zadok para realizar uma escultura habitável, capaz de albergar exposições e instalações artísticas.

    O autor considera que a Magic Box/ Caixa Mágica ou a Floating Shoe Box/ Caixa de Sapatos Flutuante é o mais recente desenvolvimento das suas obras relacionadas com a ilusão e a gravidade. Descrita pelo artista como "minimal e funcional", o pavilhão tem como referência o conhecido pavilhão Serpentine Gallery, em Londres, onde regularmente os mais prestigiados arquitetos realizam um exercício semelhante.


    A instalação de vídeo estará aberta ao público até ao dia 28 de Julho de 2012.

    Ver más
  • VALENÇA COMEMORA O FORAL MANUELINO COM EXPOSIÇAO

    Fecha: del 01.06.2012 al 27.10.2012
        Os atos comemorativos começam sexta-feira, 1 de Junho, com a inauguração da exposição “D Manuel I O Crescimento Urbano de Valença e as Alterações à Muralha”, no Núcleo Museológico Municipal, às 17h00.  A exposição estará patente ao público entre 1 de Junho e 27 de Outubro.
        Sexta-feira está programada, também, a conferência “Valença entre o Foral Antigo e o Foral Manuelino”por Doutor Matos Reis, no auditório da Escola Superior de Ciências Empresariais de Valença, às 21h30. Os atos comemorativos de sexta-feira encerram com um concerto de fados a cargo do grupo Viana Canta Coimbra, na avenida da Estação, às 22h00.
        Dos atos comemorativos destaca-se, ainda, uma visita guiada noturna, com lanternas, pelas marcas medievais da Fortaleza de Valença, em 22 de Junho, a partir das 22h00.
        Para fins de Agosto está programada, também, uma recriação histórica evocativa da atribuição do Foral Manuelino a Valença.
    Ver más
  • COMEZA A VEDA DA CENTOLA QUE REMATARÁ O 4 DE NOVEMBRO NAS PROVINCIA DE PONTEVEDRA

    Fecha: del 01.06.2012 al 04.11.2012
    Hoxe comeza a veda da centola que rematará o 4 de novembro nas provincias de Pontevedra e a Coruña e o 2 de decembro na de Lugo. Isto indica que a partir do primeiro de xuño deixa de poxarse nas lonxas galegas, e tampouco poderemos atopala nos establecementos de venda aos consumidores, salvo que sexa conxelada ou foránea.

    Esta veda é de aplicación ás augas competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para as embarcacións con artes menores que teñan porto base nesta comunidade, así como para aquelas que tendo porto base noutras comunidades teñan permisos especiais de pesca para faenar nas augas galegas. Así o recolle o plan de explotación marisqueira deste ano, no que se establecen as súas medidas de xestión.

    Dende comezos deste ano ata finais de maio en Galicia extraéronse unhas 75 toneladas desta especie, o que supuxo un valor económico de máis de 935.000 euros, sendo O Grove e A Coruña con preto de 12 toneladas cada un, as lonxas que máis descargas rexistraron desta especie. O prezo medio que acadou foi de 12,80 euros.
    Ver más
  • PROGRAMACIÓN HORA DO CONTO - JUNHO 2012 NA BIBLIOTECA DE VILANOVA DE CERVEIRA

    Fecha: del 02.06.2012 al 30.06.2012

    Ver más
  • SE LICHINGA COÑECEU TEIS... NO CENTRO CULTURAL DE PEDORNES

    Fecha: del 10.06.2012 al 01.07.2012
    A exposición pode visitarse os días 3, 10, 17 e 24 de Xuño, e 1 de Xullo de 16.00 a 22.30 h no Centro Cultural de Pedornes, xusto a carón do terreiro das festas.
    A Exposición
    A exposición está conformada por 56 fotografías de 22×15 e 7 fotografías de 45×30 que se presentan montadas en varios formatos (1, 2 ou 4 xuntas), e, a súa vez, organizadas baixo sete temáticas diferentes elixidas polo autor: "Camiños", "Dia da Muller Mozambicana", "Traballos", "Momentos de descanso", "Paseos", "Crianças" e "Animais". Outro aspecto salientable da exposición é que cada temática vai acompañada dun caderno no que se amosa un pequeno esquema das fotos que inclúe, xunto coa súa distribución e unha pequena explicación que facilita a contextualización e interpretación de cada unha delas; por outra banda, indícase a data na que foi realizada (mes e ano), así como unha pequena historia arredor de cada unha das temáticas que se abordan, a modo de resumo das anotacións de Suso nos seus cadernos de viaxe. En definitiva, un pedazo da vida real dos habitantes de Lichinga, vida e costumes, e os seus arredores, engadindo comparacións coas súas lembranzas de Teis. Aínda que se amosan dúas realidades ben distintas, no fondo hai moitas semellanzas xa que os seres humanos somos e sentimos do mesmo xeito con independencia da realidade na que nos toque vivir. Finalmente, compre sinalar que cada un dos cadernos ten un bolígrafo (ambos de papel reciclado), para que cada quen poida deixar comentarios, críticas, impresións, ......, ou sinxelamente reflectir os sentimentos transmitidos tanto polas fotografías como polos textos que as acompañan.

    A exposición pode visitarse os días 3, 10, 17 e 24 de Xuño, e 1 de Xullo de 16.00 a 22.30 h no Centro Cultural de Pedornes, xusto a carón do terreiro das festas.

    O Autor
    Esta impresionante exposición fotográfica foi realizada por Suso Iglesias. Suso pasou un ano (de decembro de 2008 a decembro de 2009) desenvolvendo funcións como técnico nun proxecto de cooperación para o desenvolvemento da acuicultura (proxecto dirixido pola Fundación CETMAR), na provincia de Niassa (Mozambique). Nese ano viviu en Lichinga (capital de Niassa), convivindo coas súas xentes, e "vivindo experiencias que me marcaron e que mudaron moitas cousas en min", segundo el mesmo conta. Unha vez de volta en Vigo, naceu un pequeno gran soño na súa cachola matinando sobre as intensas experiencias vividas en Lichinga, onde tamén tivo tempo de falar coa xente e lembrar (e contar) moitas cousas relacionadas coa súa nenez no barrio de Teis (Vigo); xa que, dalgunha maneira, Lichinga coñeceu parte da realidade de Teis a través das súas historias, tamén Teis podía coñecer Lichinga. Así comezou o xerme que deu lugar á exposición que se presenta (e de aí o seu título), e que comezou o seu percorrido no seu propio barrio (Centro Cívico de Teis) o pasado mes de maio. Agora temos unha oportunidade inmellorable para coñecer Lichinga no Centro Cultural de Pedornes, grazas a Suso e ás Asociacións de Veciños e Cultural da citada parroquia.

    Suso tamén pon a disposición dos visitantes o seu enderezo electrónico por se alguén está interesado nalgunha fotografía ou ben en saber mais sobre a súa experiencia nas terras do norte de Mozambique.
    Ver más
  • A EXPOSICIÓN -PATRIMONIO NATURAL- PRODUCIDA POLO GAC 7 VISITA O CENTRO CULTURAL DE PEDORNES

    Fecha: del 10.06.2012 al 01.07.2012
    A citada exposición poderá visitarse os días 3, 10, 17 e 24 de Xuño, e o 1 de Xullo de 16.00 a 22.30 h.
    As asociacións Cultural e de Veciños da parroquia de Pedornes (Oia) en colaboración co Grupo de Acción Costeira (GAC) 7: Ría de Vigo-A Guarda, a Asociación Naturalista do Baixo Miño (ANABAM) organizan unha exposición sobre o Patrimonio Natural da costa sur pontevedresa no marco do proxecto TEAM Miño (POCTEP, 2007-2013). A exposición consta de 10 paneis de grandes dimensións (85 cm ancho x 200 cm de alto) e foi producida polo GAC 7. Os paneis da exposición están organizados baixo diferentes temáticas que inclúen "A Riqueza do Patrimonio", a "Toponimia de Cangas e Cíes", "A Talasonimia da Costa Sur", "O Mar das Gamelas", ou o "Patrimonio Industrial".

    Dentro da Talasonimia da Costa Sur, a que se lle dedican 4 paneis, cabe salientar o traballo de recollida de topónimos feito por Roberto Rodríguez Álvarez (veciño da parroquia de Pedornes) e Xosé Lois Vilar Pedreira (veciño de Baiona). En canto ó Patrimonio Industrial, que conta con dous paneis, coméntanse aspectos relacionados coa Fábrica de Regasende, a Fábrica do Alemán, un Cargadoiro de Mineral tipo "Cantilever", un Forno de Cal ou a Granxa das Saíñas. Por outra banda, a abundante Riqueza Patrimonial da costa sur pontevedresa desglósase en en tres listados baixo os títulos: Bens Culturais Mobles, Bens Culturais Inmobles e Bens Culturais Inmateriais. Finalmente, amósanse, a modo de resumo, información diversa relacionada coas actividades desenvolvidas polo GAC 7.

    A citada exposición poderá visitarse os días 3, 10, 17 e 24 de Xuño, e o 1 de Xullo de 16.00 a 22.30 h. Todos aqueles que queiran coñecer un pouco mais da nosa costa están convidados a visitar a exposición Patrimonio Natural, xa que: Para protexer, hai que coñecer.
    Ver más
  • CONVOCADO CONCURSO FOTOGRÁFICO -YOUNG PEOPLE ARE ASKING-

    Fecha: del 05.06.2012 al 31.08.2012

    camara

     

    A Axencia europea de información e asesoramento para os xóvenes, convoca este concurso a través do facebook da campaña information right now. As fotografías deben versar sobre o tema "young people are asking". Ganará a fotografía con máis votos ata o 31 de agosto. O premio consiste nun viaxe a Budapest. Máis información http://www.informationrightnow.eu/

    Ver más
  • A CONCELLERIA DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE TUI INFORMA QUE ESTÁ ABERTO ATA O DÍA 30 O PRAZO DE SOLICITUDE DO -CHEQUE INFANTÍL-

    Fecha: del 20.06.2012 al 30.06.2012
    A concelleira de servizos sociais do Concello de Tui informa que ata o vindeiro 30 de xuño está aberto o prazo para solicitar as axudas económicas para atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos a través do programa "Cheque infantil" segundo a Orde da Xunta de Galicia publicada no Diario Oficial de Galicia so pasado 30 de maio.

    Estas axudas económicas están destinadas para a atención de nenos/as de 0 a 3 anos en escolas infantís, non sostidas con fondos públicos por un período máximo de 11 meses. Poderá eximirse do límite de idade os nenos con discapacidade física, psíquica ou sensorial susceptibles de integración, logo do informe do equipo de orientación específico, dependente da Inspección de Educación.

    A contía da axuda estará en función da renda per cápita da unidade familiar de acordo cos baremos aprobados na devandita Orde.

    Poden beneficiarse as familias residentes en Galicia que se atopen nos supostos seguintes:
    1. Renovación de praza: Terán preferencia aquelas persoas beneficiarias que tiveran recoñecida a axuda no curso anterior. Deberán cumprir os requisitos establecidos e renovar a praza do curso anterior.
    2. Novas solicitudes de praza: as persoas con responsabilidade sobre nenas/os de 0 a 3 anos:
    • Solicitantes de praza, nas modalidades de atención educativa ou atención educativa con comedor, en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos e que non resultaran adxudicatarios/as dunha delas por falta de prazas dispoñibles. Consideraranse solicitantes sempre que exercesen a opción polo programa cheque infantil na solicitude de praza, polo que non terán que presentar solicitude.
    • Residentes en localidades onde non existan escolas infantís 0-3 sostidos con fondos públicos e desexen obter praza nas modalidades de atención educativa ou atención educativa con comedor, nalgún centro partícipe do programa, existente no concello de residencia, noutro que sexa limítrofe ou ben no concello onde traballen os pais, nais ou titores legais. Neste suposto, deberán presentar a solicitude e a documentación correspondente
    Requisitos das persoas beneficiarias e dos centros:
    • Ter unha/un nena/o a cargo nacida/o con posterioridade a 31 de decembro de 2009. No caso de nenos/as de integración poderá eximirse do cumprimento deste requisito.
    • Non dispoñer doutras axudas para igual ou análoga finalidade outorgadas por outros organismos ou institucións públicas.


    Os servizos sociais do Concello de Tui, segundo informa a concelleira responsable Olga Montes Moldes, ofrecen o seu asesoramento para preparar a documentación requirida e para resolver as dúbidas que os posibles beneficiarios teñan sobre esta normativa e o seu procedemento de solicitude. Tamén poden acceder á a páxina web do concello onde atoparán tanto as bases como os anexos de solicitude.

    Ver más
  • MAÑÁ PÉCHASE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS

    Fecha: del 14.06.2012 al 29.06.2012
    Un total de 5.500 persoas poderán participar este ano no Programa Diúrno de Balnearios que pon en marcha a Deputación Provincial de Pontevedra co obxecto de contribuír a mellorar a calidade de vida dos maiores e a promover o seu envellecemento activo, ao tempo que se contribúe a dinamizar e desestacionalizar o sector dos balnearios e spas da provincia.

    Os interesados en participar neste programa poderán solicitar praza desde o 7 de xuño, ata o vindeiro 29 de xuño, ambos os dous incluídos e poderán presentar as súas solicitudes ben nos concellos adheridos ben directamente na Deputación naqueles casos nos que o concello non se sume ao programa.

    A iniciativa, que leva varios anos desenvolvéndose con moi bos resultados, vai destinada a persoas de máis de 50 anos, a pensionistas e tamén a aqueles homes e mulleres que se dedican ao coidado de enfermos ou dependentes e que precisan dun respiro familiar.

    A través deste programa, as persoas interesadas poderán pasar cinco tardes seguidas nun dos balnearios ou talasos da provincia a uns prezos reducidos, dado que o custe total da praza será cofinanciado entre a Deputación -35 euros-, os concellos adheridos -10 euros- e os usuarios (que aboarán entre 29 e 69 euros en función do balneario).

    Así, os prezos que deberán aboar os usuarios son os seguintes: Balneario Termas de Cuntis: 69 euros; Balneario de Mondariz: 62 euros; Balneario Hesperia Isla de la Toja: 66 euros; Thalaso Atlántico de Oia: 61 euros; Balneario Baños de Brea de Vila de Cruces: 52 euros; Spa Oca Galatea de Sanxenxo: 51 euros; Spa Norat Marina do Grove: 48 euros; Spa Oca Katiuska de Silleda: 30 euros; Spa Torre do Deza de Lalín: 29 euros.

    A estes prezos haberá que sumar 10 euros naqueles casos nos que o usuario sexa dun concello que non participe no programa e, polo tanto, non faga a súa achega.

    Campaña única
    Como novidade, este ano o programa desenvolverase nunha única campaña e non en dúas como se viña facendo ata o de agora. Nos anos anteriores había unha campaña de primavera e outra de outono, con dous prazos de inscrición. Nesta ocasión, haberá un único prazo de inscrición (do 7 ao 29 de xuño) e o programa desenvolverase ao longo de todo o ano.
     

    BASES PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA DIURNO DE CARÁCTER LÚDICO DE BALNEARIOS ANO 2012

    Bases | Nota informativa | Solicitude | Puntuación concellos

     

    Un ano máis a Deputación de Pontevedra a través do Servicio de Acción Social convoca unha nova edición do Programa Diurno de carácter Lúdico de Balnearios, contribuíndo desta maneira ao fomento do envellecemento activo e a mellorar a calidade de vida dos nosos maiores.

    C L Á U S U L A S

    PRIMEIRA.—OBXETO E DESTINATARIOS
    O Programa Diurno de Balnearios ten por obxecto proporcionar, as persoas a partir de 50 anos, pensionistas ou con necesidades de respiro familiar que residan na nosa provincia, unha serie de actividades encamiñadas a mellorar a sua calidade de vida, ofertandolles a oportunidade de ocupar o seu tempo de lecer a uns precios reducidos.

    Poderán participar no Programa todas as persoas que reúnan os seguintes requisitos.

    1. Persoas a partir de 50 anos
    2. Pensionistas.
    3. Aquelas persoas que mediante informe da traballadora social do concello, se estime conveniente, entendendose como unha situación de respiro familiar.

    É requisito indispensable non padecer ninguha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa , así como estar en condicións de total autonomía.

    SEGUNDA.—CARACTERÍSTICAS E SERVIZOS OFERTADOS
    O Programa consiste en pasar cinco tardes seguidas (de luns a venres), nos Balnearios , talasos e Spas da nosa provincia. Este levarasea cabo nunha soa campaña e as saidas realizaranse ao longo de todo o ano, exceptuando as vacacions de semana santa e o mes de agosto.

    Para a organización do Programa a Deputación contratará a unha empresa especializada na organización de viaxes.

    Cada semana sairá un autobús con cartel identificativo do punto estipulado previamente, onde recollerán os beneficiarios trasladándoos aos balnearios , talasos ou spas elixidos, onde permanecerán por unha media de dúas horas, disfrutando das instalacións e dos servizos contemplados neste Programa.

    O guía repartirá o primeiro día un bono viaxe con data e hora de recollida, e indicará a cota a pagar por cada participante, informando detalladamente da cobertura do seguro durante o traxecto. En cada balneario ou talaso facilitaranse unhas chanclas e un gorro, para utilizar nas suas instalacions.

    A axencia de viaxes adxudicataria para a organización do programa comunicará a cada concello a semana outorgada, sendo estes os que determinen as paradas (como máximo dúas, que deberán dispoñer de espazos amplios, onde os autobuses poidan entrar e maniobrar) e informen posteriormente a axencia de viaxes.

    TERCEIRA.—PRESUPOSTO E FINANZAMENTO
    A contía consignada para este programa ascende a 192.500 euros, con cargo a aplicación 12/230.230.227.07 do orzamento ordinario prorrogado da Deputación Provincial. O programa será cofinanciado pola Deputación Provincial de Pontevedra, os concellos e ó usuario/a.

    A Deputación partindo dun prezo máximo de licitación de 140 euros/persoa (IVA engadido) realizará unha aportación de 35 euros/ praza. O concello fará unha aportación de 10 euros/praza e o usuario aboará unha contía que dependerá do prezo ofertado pola empresa adxudicataria.

    No caso de que o concello no se adhira, ó solicitante deberá custear a parte proporcional de subvención do mesmo.

    Si na contratación para a organización deste programa se producise algunha baixa de adxudicación, respecto ao prezo de licitación a mesma se procederá a incrementar a oferta de prazas para os participantes.

    Os prezos de cada establecemento hoteleiro expoñeránse ao público na páxina web e daranse a coñecer a través dos medios de comunicación.

    CUARTA.—ADHESIÓN DOS CONCELLOS
    Todos os concellos da provincia de Pontevedra poderán sumarse ao programa mediante acordo de adhesión adoptado polo órgano competente e remitíndose certificación expedida polo Secretario do mencionado acordó, dentro dos 15 días naturais seguintes á notificación da apertura do programa, que se trasladará mediante carta certificada aos concellos. Se o último día coincidise en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte.

    Pasado dito prazo de 15 día naturais, de non enviar a adhesión, entenderase que o concello non quere participar, sen que teña que facelo constar por escrito.

    Tanto a Deputación como os concellos que se queiran adherir ó programa subvencionarán parte do custo que supón a realización do mesmo. A cantidade restante deberá aboala o beneficiario. Os concellos que se adhiran actuarán como entidades colaboradoras na xestión do Programa e deberán reunir determinados requisitos e cumprir coas obrigas que se establezcan nas Bases Reguladoras de acordó co disposto na LXS.

    QUINTA- SELECCIÓN DE SOLICITUDES DOS CONCELLOS ADHERIDOS
    Nos concellos adheridos, cando as prazas subvencionadas fosen inferiores ás demandas, realizarase a selección dende os Servicios Sociais Municipais, dando preferencia primeiramente ás persoas que non participaron no ano anterior, e de seguido ás persoas de maior idade ou con necesidades de respiro familiar. No caso de solicitudes de conxuxe ou parella, os expedientes baremaranse establecendo a media aritmética das suas idades.

    SEXTA.—SELECCIÓN DOS CONCELLOS NON ADHERIDOS
    No caso de que os concellos non se adhiran ó Programa, as persoas que desexen participar deberán entregar a solicitude na Deputación Provincial, e rexiráse a selección das solicitudes polos mesmos criterios sinalados na cláusula quinta.

    SÉTIMA.—PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
    O prazo de inscripción tanto para ós concellos adheridos, asi como para as persoas que solicitan de forma independente será de 20 días hábiles a partir do día seguinte a publicación destas bases no B.O.P: No caso dos concellos que no se adhiran as instancias presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4 da lei 30/92 de 26 de novembro, de Réximen Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo común e o art.80 do R.D. 1098/2001 de 12 de outubro polo que se aproba o Regulamento Xeral da lei de contratos das Administracións Públicas.

    No suposto de que as prazas oufertadas non queden cubertas, esta Institución reservarase o dereito de abrir un novo prazo de inscripción.

    OCTAVA.—DOCUMENTACIÓN
    Os concellos Adheridos ó Programa deberán remitir ó Rexistro de entrada da Deputación a seguinte documentación:

    1. Acordo de adhesión adoptado polo órgano competente e certificación do mesmo expedida polo Secretario.
    2. Listado nominal dos participantes seleccionados e da correspondente lista de espera (os concellos deberán remitir ademáis, unha copia destes listados á empresa adxudicataria).
    3. Impreso de solicitude, acompañado da fotocopia do D.N.I. dos solicitantes, e debidamente cumplimentado.

    Aqueles interesados nos que os concellos non se adhiran deberán remitir a mesma documentación a excepción do acordó de adhesión.

    NOVENA.—PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN
    A concesión destas subvencions realizaranse polo réxime de concorrencia competitiva, correspondendolle a instrucción ó Servizo de Acción Social e a adxudicación á Xunta de Goberno.

    A Deputación de Pontevedra establece a convocatoria de prazas do Programa Diurno de Balnearios, no marco de actividades para as persoas maiores, ofertando inicialmente un máximo de 5.500 prazas, que serán outorgadas ás persoas que reúnan os requisitos e presenten a documentación debidamente cumprimentada.

    As baixas dos usuarios deberán estar xustificadas e só en ese caso se xestionará pola Empresa adxudicataria da Asistencia Técnica a devolución correspondente.

    DÉCIMA.—PUBLICIDADE
    En toda publicidade que se elabore débese facer constar a organización e a colaboración da Deputación, mediante a inclusión da sua imaxe institucional en conformidad co artigo 31 do RLXS. Para todo o relacionado coa citada publicidade a axencia de viaxes adxudicataria da organización do Programa, poderá dirixirse a seguinte dirección de correo electrónico: imaxe@depo.es

    DÉCIMO PRIMERA.—XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO
    Conforme establece o artigo 17.3.i da LXS, para proceder ó pago da subvención, a empresa adxudicataria presentará xunto coas facturas os listados das persoas participantes no Programa.

    O pago realizarase directamente no número da conta bancaria da empresa adxudicataria. No caso do usuario farase directamente o primeiro día no lugar de saida.

    DÉCIMO SEGUNDA.—PRAZO DE VIXENCIA
    As presentes Bases terán unha vixencia correspondente a todo exercicio 2012.

    DÉCIMO TERCERA.—LEXISLACIÓN APLICABLE

    • Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
    • Real Decreto 887/2006 de 21 de xullo, aprobando o Reglamento da Lei Xeral de Subvencións.
    • Lei 13/2008 del 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia.
    • Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de Bases de Réxime Local.
    • R.D. Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais.
    • Lei 30 /1992 de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo común.
    • Bases de execución do vixente orzamento provincial
     
    Ver más
  • O CONCELLO DE TOMIÑO PECHA HOXE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CAMPUS DE FÚTBOL

    Fecha: del 08.06.2012 al 16.07.2012
    O campus está organizado polo Concello de Tomiño en colaboración coa Asociación Deportiva Tomiño F.C. Feminino, Tomiño A-I e Goián F.C.
     
    O Concello de Tomiño abre o prazo de inscrición para o campus de fútbol que rematará o vindeiro día 15 de xuño.

    Este ano o campus estará organizado polo Concello de Tomiño, a Asociación Deportiva Tomiño F.C. Feminino, o Tomiño A-I e o Goián F.C. E celebrarase nos campos de fútbol municipais de "A Carballa" en Tomiño e o "Regatiño" en Goián.

    Novamente o Concello de Tomiño aposta polo campus de verán visto o éxito do ano pasado no que participaran máis de 150 nenos e nenas de Tomiño. Este ano ofértanse 200 prazas dirixidas a nenos e nenas de entre 4 e 16 anos.

    As datas do campus son do 16 ao 28 de xullo en horario de 10h00 a 13h30. O prezo da actividade é de 55 euros con desconto se se inscriben máis dun membro dunha mesma familia.

    Os obxectivos deste campus son por un lado desenvolver aspectos técnicos de xogo e por outro lado actitudes adecuadas aos xogo en equipo como o respeto, unión ou comunicación.

    A Concelleira de Deportes, Cristina Martínez, enfatizou a labor das tres asociacións que participan no campus e resaltou "o seu espíritu de compromiso e de mellora. Este ano ademáis puidemos mellorar aspectos con respeto a pasada edición grazas as enquisas que se cubriron ao finalizar o campus 2011. Ademáis, todo o material a empregar durante a actividade vai ser mercado integramente nos establecementos de Tomiño".
    Ver más
  • BOLSAS FORMATIVAS PARA A REALIZACIÓN DE PROXECTOS DE MELLORA DAS PEMES - ATA O 12 DE XULLO

    Fecha: del 21.06.2012 al 12.07.2012
    O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), convoca bolsas formativas para a realización de proxectos de mellora das pemes galegas.

    Requisitos dos solicitantes:
    – Ter veciñanza administrativa en Galicia cunha antigüidade superior a 24 meses.
    – Ser natural de Galicia.
    – Ser fillo ou descendente en liña directa ata o terceiro grao de emigrantes galegos no exterior.

    Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións universitarias: física, enxeñaría, matemáticas, química, ciencias económicas e empresariais, administración e dirección de empresas, ciencias empresariais, economía, e dereito.

    A finalidade das bolsas e formar a titulados universitarios en diversas áreas relacionadas coa profesionalización e desenvolvemento estratéxico da empresa, entre outras:

    • Optimización financeira/mellora do circulante.
    • Profesionalización da produción.
    • Relanzamento comercial.
    • Xestión por procesos.
    • Imaxe e comunicación empresarial.
    • Construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial.
    • Desenvolvemento de plans de acción.
    • Identificación de redes de cooperación e socios.
    • Innovación na empresa.
    • Desenvolvemento do capital humano.
    • Execución de vixilancia tecnolóxica/intelixencia competitiva.

    A duración inicial da bolsa establécese nun máximo de 12 meses.
    A contía das bolsas é de 9.960 € anuais (830 mensuais).

    Os titulados incorporaranse en primeiro lugar a un itinerario formativo especificamente deseñado para a participación no programa, e a seguir realizarán prácticas formativas baixo a tutela de axentes colaboradores do Igape en proxectos de mellora para implantar en pequenas e medianas empresas, período en que recibirán formación e titorización directamente por parte do axente colaborador.

    O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 12 de xullo de 2012
    As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento IG401B

    Máis información no DOG do 12 de xuño de 2012 e en www.igape.es

    Ver más
  • -CARAS, CARETOS E CARANTONHAS- EM EXPOSIÇÃO NA CASA DO TURISMO DE VILANOVA DE CERVEIRA

    Fecha: del 16.06.2012 al 14.07.2012

    “Caras, caretos e carantonhas” em exposição na Casa do Turismo

     

    “Caras, caretos e carantonhas” é o tema da exposição que vai estar patente, a partir de 16 de junho e até 14 de julho, na Casa do Turismo de Vila Nova de Cerveira.

    A exposição “Caras, caretos e carantonhas” é uma mostra de cerâmica, composta por cerca de 30 peças (máscaras), que tentam retratar o percurso da vida desde a infância à velhice. O autor das peças é o artista plástico Domingos Viterbo.
    A mostra pode ser visitada de segunda-feira a sábado, das 10h00 às 13h00 e das 14h00 às18h00. Ao domingo o horário vai das 9h30 às 12h30.

    Ver más
  • A AULA CEMIT DE TUI ACOLLE UN CURSO DENOMINADO -RETOQUE FOTOGRÁFICO- DO 25 AO 28 DE XUÑO

    Fecha: del 25.06.2012 al 28.06.2012
    A aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Tui acolle na vindeira semana un novo curso de formación en materia audiovisual dirixido a todas as persoas interesadas neste novo ámbito profesional. Trátase dun curso sobre retoque fotográfico.

    Se o interesado é usuario da Rede CeMIT, poderá inscribirse a través da web aulascemit.xunta.es/inscripcion e poderá seguir o seu proceso de reserva de praza; se aínda non é usuario da Rede CeMIT ou accede por primeira vez, debe achegarse á aula CeMIT (antigo Telecentro) de Tui, situada na rúa Colón, 2 (Edificio Área Panorámica - primeiro andar), co seu DNI e formalizar o proceso de inscrición como usuario da Rede para poder preinscribirse en calquera curso de Programa de Formación 2012.

    Curso: Retoque fotográfico
    Datos Xerais
    Nivel: Básico
    Prazas: 40
    Número de horas: 15
    Datas: 25 de xuño de 2012 - 28 de xuño de 2012
    Horario: 16,00 a 20,00

    Descrición: Este microcurso de 15 horas ten como obxectivo dotar aos participantes dos coñecementos e prácticas necesarios para a manipulación de imaxes dixitais, obtidas por medio de escáneres ou cámaras dixitais, a través do correcto manexo de todas as posibilidades que ofrece a aplicación informática de software libre Gimp no tratamento de imaxes. Está orientada fundamentalmente a aquelas persoas interesadas na formación básica e media das ferramentas de retoque fotográfico que desexen aprender como funciona o software libre Gimp, abrindo vías de formación e emprego, e coñecendo a realidade da posibilidade da ferramenta para o emprego de xeito profesional.

    Para o Concello de Tui esta nova actividade amplía a oferta de formación que promove o Concello de Tui coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para favorecer a formación en novas especialidades e materias que atopan demanda no mercado laboral. Así este Aula ven funcionando como "Aula Aberta" en horario (de luns a venres) de 10,00 a 13,30 horas, agás cando existan cursos en que poderá modificarse este horario en función destas actividades formativas. Deste xeito o Concello promove o funcionamento deste espazo de tecnoloxías da información e á comunicación aberta ao público en xeral.

    Ver más
  • CERTAME GALEGO DE CREADORES NOVOS XUVENTUDE CREA 2012

    Fecha: del 22.06.2012 al 13.07.2012
    A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convídavos a participar neste certame galego de creadores novos, que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, deseño de xoias e monólogos.

    O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 13 de xullo de 2012.

    A quen vai dirixido?
    Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2012.

    Non poderán participar nunha especialidade aquelas persoas que gañasen o primeiro premio desa mesma especialidade na edición do ano anterior.

    Salvo no caso das especialidades de teatro, música, banda deseñada e graffiti, a participación será sempre a título individual.

    Bases e información no seguinte enlace:

    http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120518/AnuncioCA05-090512-0005_gl.html

    Ver más
  • DANÇAS DE SALÃO, DOMINGO, NO PARQUE DE LAZER DO CASTELINHO DE VILANOVA DE CERVEIRA

    Fecha: del 24.06.2012 al 29.07.2012

    As atividades propostas são várias e gratuitas. Além das danças de salão, haverá passeios de bicicleta, caminhadas, aulas de patinagem e ginástica de manutenção.

    No próximo domingo, dia 24 de junho, haverá uma "aula aberta" de danças de salão, no Parque de Lazer do Castelinho. A iniciativa insere-se no projeto "Cerveira Saudável", a decorrer naquele espaço, aos domingos de manhã até 29 de julho e de 2 a 30 de Setembro.

    A iniciativa do município desenvolve-se em parceria com diversas entidades associativas de Vila Nova de Cerveira, como Populum, Citius Fit, Pedal'art, Clube Celtas do Minho, Escuteiros de Reboreda e Instituto Politécnico de Viana do Castelo.


    O objetivo é proporcionar exercício físico e convívio social. A iniciativa é, como referimos, gratuita e não necessita de inscrição prévia, já que se pretende diversificar e aumentar as oportunidades de lazer e sensibilizar a população para a prática da atividade física como fator de promoção da saúde e da qualidade de vida.
     

    Ver más
  • CONFERENCIA E EXPOSICIÓN GRAU-ZERO ARQUITECTURA HOJE NA ESG DE VILANOVA DE CERVEIRA

    Fecha: del 22.06.2012 al 31.08.2012
    Conferencia Sergio Manuel Nobre o 22 de Junho ás 18:00h
    Ver más
  • ATA O 15 DE XULLO PISTA GRATUÍTA DE SCALEXTRIC NA SOCIEDADE DE SAN MIGUEL EN O ROSAL

    Fecha: del 26.06.2012 al 15.07.2012
    Ya tenemos una nueva oferta de ocio en San Miguel de Tabagón, Scalextric para todos y GRATUITO hasta el 15/07/2012. Luego no será mucho más caro, 5 euros al mes por todas las horas que quieras dedicarle. En la sociedad recreativa de San Miguel, junto al restaurante "As Brasas"
     
     Ya tenemos una nueva oferta de ocio en San Miguel de Tabagón, Scalextric para todos y GRATUITO hasta el 15/07/2012.
    Ver más
  • DENDE HOXE MERCORES ABRE AO PÚBLICO AS PISCINAS MUNICIPAIS DE VERÁN DE TUI

    Fecha: del 27.06.2012 al 27.06.2012

    A partires de hoxe, mércores 27 de xuño, abres as súas portas ao publico as Piscinas Municipais de Tui cun horario de apertura diaria de 13,00 a 20,30 horas de lúns a domingo.

     

    Os prezos establecidos para este servizo municipal son os seguintes

     

    Ata 16 anos de idade

     1,50 Euros

    Xubilados e pensionistas

    1,50 Euros

    Adultos

    2,00 Euros

    Bono por 30 baños infantil

    35,00 Euros

    Bono por 30 baños adultos

    40,00 Euros

     

    Para a concelleira responsable deste servizo, Olga Montes Moldes, a apertura das instalacións das Piscinas Municipal tudense supoñen unha atractiva oferta de ocio para os veciños do noso concello e para cantos se achegan a visitar á nosa cidade.

     

    Tamén informa a concelleira Montes Moldes que o Concello de Tui apostou por conxelar os prezos deste servizo, mantendo os prezos do pasado ano para facilitar o acceso dos cidadáns a esta oferta de lecer.

     

    A céntrica situación destas instalación, que abranguen unha Piscina grande para mozos e adultos e unha piscina para rapaces de curta idade, garante que neste ano de novo terán unha grande afluencia de bañistas que disfrutaran destas coidadas instalacións.

    Ver más
  • O CONCELLO DE TOMIÑO PROMOVE ESCOLA DE VERÁN DE PADEL E TENIS

    Fecha: del 27.06.2012 al 29.06.2012
    As actividades van dirixidas a nenos e nenas pero tamén a adultos sen límite de idade
    O Concello de Tomiño organiza dúas escolas de verán, unha de tenis e outra de padel. O periodo da escola é do 2 de xullo ao 31 de agosto nas pistas do Colexio Pedro Caselles e no caso de choiva no pavillón de Goián. As inscricións son ata o 29 de xuño para ambas actividades e o seu prezo é de 15 euros ao mes.

    A escola de tenis vai dirixida a nenos de nenas a partires dos 6 anos. As clases serán de unha hora de entre as 10h00 e as 13h00 os luns, mércores e venres.

    No caso da escola de padel o alumnado ten que ter máis de 12 anos e organizaranse dous grupos. Un grupo practicará os luns e mércores e outro os martes e xoves. Tamén serán clases de unha hora de entre as 09h00 e as 13h00.

    En ambas actividades poden participar tamén adultos sen límite de idade. Esta é unha actividade que organiza a Concellería de Deportes, da cal a súa responsable, Cristina Martínez, adiantou que "este verán o noso obxectivo é ofrecer aos veciños e veciñas de Tomiño actividades que habitualmente non son as máis recurrentes como tenis e padel, volei praia, fútbol praia ou tenis praia, cursos de piragüismo... Dende o Concello de Tomiño cremos que debemos tamén atender outros deportes. Apostamos polo deporte de base orientado sobre todo a fomentar hábitos de vida saudable entre os máis cativos pero tamén para os adultos sen límite de idade ".
    Ver más
  • VALENÇA E TUI VIVEM COM EMOÇÃO HOJE O JOGO PORTUGAL-ESPANHA

    Fecha: del 27.06.2012 al 27.06.2012
    Programa (Horas Portuguesas)
    18h15 - As Previsões do Jogo
    O Presidente da Câmara e o Alcalde darão a conhecer as suas previsões sobre o jogo, nos Paços do Concelho de Valença;

    A partir das 19h05 - Visualização do Jogo em Espanha
    O Presidente da Câmara e o Alcalde vão para a Zona Histórica de Tui para assistir à primeira parte do jogo, num ecrã panorâmico;

    A partir das 20h30 - Visualização do Jogo em Portugal
    Os dois dignatários municipais vão assistir à segunda parte do jogo numa unidade de restauração de Valença. Se Portugal ganhar paga o jantar Jorge Salgueiro Mendes e se ganhar Espanha a refeição será paga por Moisés Rodrigues.

    Ver más
  • Abre en nueva ventana: SEGURO AUTOMOVIL EN ASNELA GESTIONES Y SERVICIOS
  • Abre en nueva ventana: CAMPAÑA RENTA 2012 EN ASNELA GESTIONES Y SERVICIOS

Danos tu opinión

¿Qué tipo de información te gusta más?

  • Cultural
  • Deportiva
  • Política
  • Economía
  • Sucesos
  • Reportajes
  • Local
  • Autonómica
  • votarresultados
  • Abre en nueva ventana: TAPERÍA RESTAURANTE ARRUAZ EN A GUARDA MARISCOS MENU DEL DÍA CON EXCELENTES VISTAS AL PUERTO DE A GUARDA GASTRONOMIA GALLEGA
  • Abre en nueva ventana: Asnela - Gestiones y Servicios
  • Abre en nueva ventana: GRÁFICAS LA GUARDIA SL IMPRENTA CARTELERÍA FLYERS LONAS SELLOS TARJETAS DE VISITA IMPRESIÓN VINILOS
  • Abre en nueva ventana: GRÚAS Y DESGUACE ELOY VICENTE - O ROSAL
  • Abre en nueva ventana: www.aguarda1948.com
  • Abre en nueva ventana: CONCELLO DE TOMIÑO - FACENDO VIDA
  • Abre en nueva ventana: XANELUX EN A GUARDA EMPRESA VENTANAS METAL CRISTALERÍA PERSIANAS ESTORES PVC VENECIANAS MOSQUITERAS TOLDOS BAIXO MIÑO MAMPARAS DE BAÑO PORTALES GARAJE
  • Abre en nueva ventana: XANELA A GUARDA
  • Abre en nueva ventana: GUTTERKEL CUBIERTAS DE PIZARRA CAPIGAL SL CANALONES
  • Abre en nueva ventana: MARENGO A GUARDA Y TOMIÑO - COSMÉTICA PROFESIONAL
  • Abre en nueva ventana: ELECTRODOMÉSTICOS EXPERT LA GUARDIA
  • Abre en nueva ventana: TU MENU LA GUARDIA COMIDA CASERA PARA LLEVAR CATERING PRESUPUESTOS EVENTOS PINCHOS PRODUCTOS TÍPICOS
  • Abre en nueva ventana: PELUQUERÍA ADDICT EN O ROSAL PELUQUEROS PEINADOS TINTES
  • Abre en nueva ventana: Seguros Catalana Occidente O Rosal Hogar Vehículos Comunidades Cálculo online de tu seguro
  • Abre en nueva ventana: MIGUEL AMENEDO DISEÑO GRÁFICO LOGOS PAPELERIA MANUAL MARCA IDENTIDAD CORPORATIVA FOLLETOS CATALOGOS FLYERS SEÑALÉCTICA WEBSITES PORTALES
  • Abre en nueva ventana: Infomiño PUBLICIDAD ANUNCIOS EMPRESAS BANNERS PROMOCION OFERTAS BAIXO MIÑO COMERCIO INDUSTRIA HOSTELERÍA RESTAURANTES GALICIA PONTEVEDRA TARIFAS

© www.infomiño.comC/Vicente Sobrino nº24 1º - 36780 A Guarda - Pontevedra Teléfono: 617 583 508 Fax: 986 62 63 79 [ LOPD ]

XHTML CSS TawUDEControl

Itea Soluciones