
ESPECIAL - PRES...
ESPECIAL - ESTA...
ESPECIAL - CONC...
ESPECIAL - A GU...inicio contacto imprimir mapa web webmail

| < junio > | < 2012 > | ||||||||
| L | M | X | J | V | S | D | |||
| 1 O Ministerio de Educación convoca ata 1.005 axudas de 728,77 € cada unha para seguir un curso de inmersión lingüística en inglés organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo. | 2 La irrupción de seguidores en el césped supondría una grave infracción en materia de seguridad en un partido declarado de alto riesgo. | 3 Este Domingo taller de cerámicas de Leandro | |||||||
| 4 Está previsto que haxa unha actividade nas rúas para achegar un pouquiño máis este programa europeo á mocidade guardesa | 5 A Axencia europea de información e asesoramento para os xóvenes, convoca este concurso a través do facebook da campaña information right now. | 6 O Executivo Municipal de Valença reúne, em sessão ordinária, a 6 de junho, no Salão Nobre dos Paços do Concelho. | 7 Xoves 7 de Xuño ás 21:00h no Hotel Nova Colina de Tomiño | 8 Inscrições de 8 a 20 de junho, no Gabinete de Associativismo e Juventude, na Piscina Municipal | 9 A Deputación e o Concello conovan prazas para o Talaso de Oia, para persoas a partir de 50 anos e pensionistas, para ir e voltar no día. | 10 A Deputación e o Concello conovan prazas para o Talaso de Oia, para persoas a partir de 50 anos e pensionistas, para ir e voltar no día. | |||
| 11 A Deputación e o Concello conovan prazas para o Talaso de Oia, para persoas a partir de 50 anos e pensionistas, para ir e voltar no día. | 12 A Deputación e o Concello conovan prazas para o Talaso de Oia, para persoas a partir de 50 anos e pensionistas, para ir e voltar no día. | 13 A Deputación e o Concello conovan prazas para o Talaso de Oia, para persoas a partir de 50 anos e pensionistas, para ir e voltar no día. | 14 Acto no Centro Cultural da Guarda | 15 O vindeiro venres 15 de xuño, ás 17.30h, na Praza do Concello do Rosal terá lugar a actividade Galego de Cine, dentro do programa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia | 16 Sábado 16 de Xuño ás 20:30h no Auditorio de Goián en Tomiño | 17 A organização é da responsabilidade da Câmara Municipal. | |||
| 18 A organização é da responsabilidade da Câmara Municipal. | 19 Prazo de presentación ata o Venres día 22 de Xuño de 2012 | 20 Esta produção vai proporcionar três espetáculos de grande qualidade na Fortaleza, num espaço cénico único para receber estes eventos | 21 Esta produção vai proporcionar três espetáculos de grande qualidade na Fortaleza, num espaço cénico único para receber estes eventos | 22 Conferencia Sergio Manuel Nobre o 22 de Junho ás 18:00h | 23 calendario de competición do Torneo de A Guarda, co que comenza o Balonmán Praia 2012 | 24 Terá lugar o domingo 24 de xuño ás 19,00 horas na Igrexa de San Domingos | |||
| 25 Un concerto abre este programa o luns ás 19,00 horas | 26 Día Internacional de la lucha contra el uso indebido y el tráfico ilícito de drogas – 26 de junio | 27 O Presidente da Câmara Municipal de Valença, Jorge Salgueiro Mendes e o Alcalde de Tui, Moisés Rodrigues, vão assistir juntos ao do jogo das meias-finais do Euro2012, campeonato europeu de futebol, entre Portugal Espanha, quarta-feira, 27 de Junho. | 28 A oitava edição do Dancerveira – Festival Internacional de Dança de Vila Nova de Cerveira começa amanhã bem cedo, com uma série de workshops, que ocupam toda a manhã de quinta-feira. | 29 Venres día 29 de xuño ás 21h. na Casa da Cultura de Tomiño | 30 O próximo sábado 30 de xuño terá lugar a quinta andaina que pecha o primeiro ciclo da actividade -ANDAINAS 2012- organizada pola Concellería de Deportes. En setembro volverá a retomarse de novo a actividade. | ||||
As axudas para adquisición de vehículos “full hybrid” chegan aos 2.300 euros, e aos 2.000 euros para os “mild hybrid”
Realizaranse 300 transaccións, que permitirán un aforro anual de 82 toneladas de petróleo, evitando a emisión a atmosfera de 266 toneladas de CO2
O plan estará vixente ata o 30 de xuño, podendo xa os interesados consultar a listaxe de empresas colaboradoras a través da web do Instituto Enerxético de Galicia –www.inega.es-. Unha vez seleccionado o vehículo a comprar ou o tipo de transformación do motor, o taller ou concesionario debe reservar a axuda correspondente, agardando a confirmación de fondos por vía electrónica. A partir dese momento, a empresa dispón de 60 días naturais para presentar toda a documentación.
Nesta ocasión, as axudas
chegan aos 2.300 euros para vehículos “full hybrid”, aos 2.000 euros
para os “mild hybrid”, e ata os 7.000 euros para turismos de combustión
directa de hidróxeno ou con pila de combustible. No caso de
transformación do motor para que funcione con GLP ou gas natural, a
subvención alcanza os 1.200 euros en vehículos novos, e os 450 euros nos
de segunda man.
Obxectivos do Plan
Con
esta nova edición do Plan de Vehículos Eficientes, a Consellería, a
través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), aspira a realizar 300
transaccións, que permitirán unha diminución do impacto ambiental dos
medios de transporte traducida nun aforro anual de 82 toneladas de
petróleo, evitando a emisión á atmosfera de 266 toneladas de CO2.
Os interesados poden solicitar información nos teléfonos gratuítos 1004 de Telefónica e 1445 de R ou acudir as oficinas de venda destes operadores, que se encargarán de xestionar a subvención. Segundo establece a convocatoria, no ano 2012 o prazo de presentación de solicitudes quedará aberto ata o 30 de setembro, ou ata que se esgote o crédito orzamentario.
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica destina este ano un orzamento superior aos 570.000 euros a esta iniciativa que permitirá subvencionar a contratación deste servizo a máis de 3.000 familias.
Beneficiarios das axudas
Os
beneficiarios destas axudas serán as familias residentes en Galicia,
que teñan unha renda per cápita igual ou inferior a 9.000 € e que
soliciten unha nova alta de acceso ás entidades colaboradoras da
iniciativa, actualmente R e Telefónica. Para iso, a Xunta puxo a súa
disposición unha plataforma telemática para garantir unha xestión
totalmente electrónica das subvencións.
Para poder acceder á subvención, será condición obrigatoria que no domicilio non houbese contratada ningunha conexión a Internet no momento de efectuar a solicitude nin polo menos nos tres meses anteriores.
Importe e tramitación das axudas
O
programa establece a concesión dunha única subvención por unidade
familiar do 40% do custe da tarifa mensual de conexión a Internet a
partir do segundo mes de servizo e ata completar un ano, cunha contía
máxima de 180€ e condicionado á permanencia no servizo durante ese
período. A alta de liña e o importe da primeira cota mensual será
asumido pola entidade colaboradora.
Superar a barreira económica
Segundo
datos do INE o custo da conexión é a terceira causa aducida en Galicia
para non contratar o servizo de Internet no fogar. Este programa de
axudas busca reducir as barreiras económicas de entrada ao uso da banda
larga mediante apoios económicos de cara á contratación deste servizo
para seguir axudando aos colectivos máis desfavorecidos e así garantir a
igualdade de oportunidades no acceso á información..
Xunto coa eliminación da barreira económica a Xunta está a traballar na superación doutras dúas barreiras: a das infraestruturas de Telecomunicación co Plan de Banda Larga co que xa se reduciu nun terzo a poboación sen acceso a Internet na Comunidade; e a da formación, coa posta a disposición da cidadanía de instrumentos para o acceso as novas tecnoloxías como a Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica.
Estas medidas intégranse nas actuacións da Axenda Dixital de Galicia 2014.gal, a folla de ruta do Goberno galego en materia tecnolóxica para integrar as TIC na sociedade galega e eliminar a fenda dixital na Comunidade.
O departamento que dirixe Rosa Quintana, persegue con esta medida técnica favorecer a reprodución e reducir o esforzo pesqueiro que soportan as poboacións desta especie na Comunidade Autónoma de Galicia. Esta iniciativa, consensuada co sector, suporá que non se poderá atopar nécora fresca galega no mercado ata o 30 de xuño. Pode atoparse fresca, se é foránea, ou galega conxelada.
O SEGUNDO DOMINGO DE CADA MES
MARZO - OUTUBRO 2012
PRAZA DA GALIZA
VILANOVA DE CERVEIRA
Todo lo recaudado de la venta del libro se entregará a una organización, instituto, entidad o asociación que vosotros mismos podéis elegir.
El título del Libro aún está por decidir, por esto pedimos vuestro apoyo para dicidir el titulo. En este mismo libro queríamos dedicar un espacio a frases celebres que en algún momento han servido o en las cuales muchos de vosotros se reconocen a la hora de describir su vida, y en la otra parte publicar las historias de todos aquell@s que quisieran participar.
Tenemos pensado publicar el libro en Septiembre de 2012 con lo cual dejaremos abierto el plazo para recibir historias, frases celebres y votación para el/la beneficiari@ de lo recaudado de la venta del libro.
Estamos buscando una editorial para la publicación del libro.
COMO PARTICIPAR
Teneis que enviar vuestra historia a las siguiente dirección de correo electrónico: mepiro@ingalicia.org antes del 30 de Junio de 2012
Cada historia no deberá superar los 5000 caracteres (espacios incluidos) y no incluir citaciones de autores que ya han publicado. Junto con vuestra historia debéis enviarnos una foto vuestra y una del lugar del que habláis en vuestra historia, firmar y enviarnos un documento que ponga lo siguiente:
El abajo firmante (nombre y apellidos) con fecha __/__/____ autorizo la Asociación Cultural Ingalicia para la publicación de la composición enviada para realizar el libro "Me Piro, Historias y experiencias de viaje y vida". Cedo mi historia para los usos benéficos promovidos por la Asociación Cultural Ingalicia
No podremos publicar historias sin el presente documento firmado y recibido por nosotros.
COMO VOTAR Y ACONSEJAR LA ENTIDAD A LA CUAL QUIEREIS QUE LLEGUE LA RECAUDACIÓN DE LA VENTA DEL LIBRO
En el mismo correo, podéis indicar la entidad que más os gusta y a la cual quieres que llegue la recaudación derivada de la venta del libro. Se recomienda adjuntar una ficha descriptiva de la entidad para mejor presentarla, su dirección fisica, proyectos desarrollados, pagina web etc. Cuantas más informaciones tengamos mejor se puede presentar la entidad para que la voten.
COMO ELEGIREMOS LA ENTIDAD A LA CUAL DONAREMOS LO RECAUDADO POR LA VENTA DEL LIBRO?
Crearemos un álbum fotográfico donde pondremos las imágenes de cada entidad de la que tengamos una ficha descriptiva. Una vez publicado el álbum, los usuarios de Facebook podrán poner "Me Gusta" en la imagen y cada "Me Gusta" contará como un voto. Para votar tendréis 2 meses.
COMO COMPRAR EL LIBRO
Dependiendo de las modalidades de distribución os informaremos sobre los canales donde encontrar el libro y poder comprarlo.
COMO DONAR LA RECAUDACIÓN
El libro se venderá durante un tiempo limitado, y una vez finalizada su distribución Ingalicia procederá a ingresar por transferencia bancaria lo recaudado por la venta.
Poneros en contacto con nosotros si tenéis dudas! Por lo demás, a escribir!
O 20 de marzo abre o prazo de inscrición
en Roteiros para a xuventude, un programa da Dirección Xeral de
Xuventude e Voluntariado que consiste en saídas de fin de semana co
obxectivo de ofertar á xuventude novas experiencias e alternativas para
o tempo libre, así como a transmisión e coñecemento de valores como a
convivencia, a cooperación, o compañerismo, entre outros, favorecendo as
relacións interpersoais e a creación dun bo ambiente grupal que lle
permita acceder a un tempo libre de calidade.
Ofértase un total de 3.782 prazas prazas en 16 instalacións distintas dende o mes de abril ata o mes de setembro, incluíndo actividades náuticas, de multiaventura, de interpretación do noso patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico.
Os interesados en participar nesta iniciativa poderán facer a reserva da súa praza a partir do martes 20 de marzo a través da chamada telefónica nos teléfonos 981545937/545702/541689/545822 en horario de 09,00 a 14,00 horas de luns a venres.
A nova iniciativa posta en marcha pola Concellería de Turismo, en colaboración cas empresas de aloxamento da Guarda, ofrecerá visitas guiadas durante as mañás do sábado ata o mes de xullo.
Esta visita guiada comezará no Monte Santa Trega e permitirá coñecer os seus valores arqueolóxicos, relixiosos e paisaxísticos. Continuará no casco urbano da Guarda visitando o Museo do Mar, porto, casco antigo que engloba a Ruta Urbana e a rematará ca Ruta das Casas Indianas na Alameda.
A finalidade desta nova iniciativa é dar a coñecer máis profundamente a historia, patrimonio e recursos que fan da Guarda un interesante destino.
A Xira Galega Karting é a primeira actividade de karting móbil galega dirixida a tódolos públicos e situada no centro urbano de cada cidade.
Conducir un Kart é o máis parecido a gozar dunha carreira de Fórmula 1. Moitos pilotos profesionais comezaron a súa carreira deportiva a bordo dun destes pequenos e veloces monoprazas, e incluso hoxe en día, é considerado unha gran forma de comezar as pretempadas.
Xira Gálega Karting brinda un ano máis a oportunidade de iniciarse no mundo do motor a través do karting, sen ter coñecementos previos e sen necesidade de mercar equipo algún. Emular cadanseu ídolo, e en definitiva, vivenciar unha experiencia apaixonante en circuítos deseñados especificamente para cada cidade, provisto das medidas de seguridade máis esixentes, facilitando unha oferta lúdica deportiva exclusiva.
Escalas da Xira Galega Karting nesta edición:
Horarios:
Tarifas:
ACCESO MERCANDO O TICKET NA TAQUILLA
(As sesións teñen unha duración de 5 minutos)
ACCESO GRATUÍTO
Ademais de beneficiarvos dun desconto do 30% (presentando o carné xove en taquilla), os titulares de carné xove poderedes obter ENTRADAS DE BALDE, nos Servizos de Xuventude e Voluntariado, Casas da Xuventude e OMIX que se indican neste enlace.
As entradas poderán recollerse a partir do 10 de abril.Máximo 2 entradas por persoa, ata esgotar existencias. Para recollelas deberedes amosar o voso carné xove.
ACCESO ECONÓMICO
Contido: A Consellería Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca bolsas destinadas aos estudantes universitarios que participan en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2012-2013, agás o programa Erasmus. A bolsa terá unha dotación económica de 1.000 euros por alumno beneficiario
Requisitos:
• Estar matriculado en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica nunha universidade pertencente ao SUG ou centro asociado da UNED en Galicia.
• Ter cursados os últimos tres anos académicos nalgún centro ou universidade da Comunidade Autónoma.
• Os estudantes estranxeiros non comunitarios deberán acreditar a condición de residentes e non poderán realizar o intercambio con universidades do seu país de orixe.
• Realizar o programa de mobilidade a través da universidade ou centro asociado da UNED en Galicia.
Prazo: ata o 30 de xuño.
Información detallada da convocatoria no DOG do 29 de marzo.
A ligação de saneamento na freguesia de Cristelo e nas zonas de ampliação da rede existente em Seixas vai continuar com uma redução de 50% até ao dia 31 de agosto. O prolongamento foi aprovado em reunião de câmara na sexta-feira, dia 13.
Assim, até ao final de agosto, os munícipes de Cristelo e de algumas
zonas da freguesia de Seixas, nomeadamente os que habitam nas ruas do
Vale e da Boalheira, podem efetuar a ligação das suas casas à rede de
saneamento com 50% de desconto.
A rede de saneamento de Cristelo foi um investimento de 664.889,40 euros, cofinanciado em 80% do valor elegível, pelo Fundo Europeu de Desenvolvimento Regional (FEDER). Em Seixas, o investimento foi de 57.096,63 euros, cofinanciado em 80%, do valor elegível, pelo FEDER.
Esta medida insere-se na política de qualificação ambiental do Concelho e no esforço que o Município tem efetuado no sentido de dotar todas as freguesias do concelho de Caminha e o maior número possível de aglomerados populacionais com uma rede de saneamento e de abastecimento de água moderna e eficaz.
Até 31 de julho, as Piscinas Municipais - Vila Praia de Âncora estão a
dinamizar a campanha "Pague 2 leve 5". Esta promoção insere-se na
programação das comemorações do 2º aniversário daquele equipamento
desportivo, que se celebra a 1 de maio.
"Pague 2 leve 5" é a campanha que as piscinas estão a promover até dia 31 de Julho, e que consiste no seguinte: quem se inscrever em 2 aulas de grupo por semana, pode usufruir de 3 banhos livres por semana, ou seja, para além das aulas de grupo, o utente poderá escolher os dias em que pretende realizar os banhos livres.
Além desta campanha, as Piscinas ainda vão promover no dia 12 de maio o "Aqua Open Day" e deverá avançar ainda este mês a campanha "Verão Seguro".
Mais informações no balcão das Piscinas Municipais - Vila Praia de Âncora.
Se es capaz de combinar unha fotografía cun texto de 140 caracteres (un
tweet), podes participar, sensibilizar e até gañar un premio (¡)
E LEMBRA, A IDEA É MÁIS IMPORTANTE QUE A CALIDADE DA TÚA CÁMARA FOTOGRÁFICA...
‘Imaxes con Fondo’ divídese en dúas categorías con cadansúa temática:
- Categoría xuvenil (de 13 a 17 anos, ambos inclusive): As/os concursantes deberán achegar fotografías nas que se amose a solidariedade na nosa sociedade, entendido como un dos valores fundamentais e universais nos que deberían basearse as relacións entre os pobos e as persoas.
- Categoría adultas/os (de 18 anos en adiante): As/os concursantes deberán achegar imaxes que amosen como algunhas prácticas na nosa sociedade (tanto de persoas particulares coma de empresas e gobernos) repercuten negativamente nas poboacións dos países do sur de forma directa ou de forma indirecta, de cara a denunciar as iniquidades entre o norte e o sur que obstaculizan o desenvolvemento humano.
Haberá só un premio por categoría:
- Para a categoría xuvenil: Cámara fotográfica Canon EOS 1100 + Obxectivo EF-S 18-55 mm (ou similar) e un lote de produtos de comercio xusto, valorado todo en 450€.
- Para a categoría adultas/os: Viaxe (inclúe billetes de avión e aloxamento) a un dos proxectos do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en Cabo Verde, co obxectivo e compromiso de realizar un traballo fotográfico para o arquivo do Fondo Galego a modo de acción voluntaria. A viaxe ao terreo será realizada no 2013 e terá entre 15 días e un mes de duración.
Cada participante poderá presentar ata un máximo de 3 fotografías
individuais, ou ben ata tres series compostas de tres fotografías cada
unha. As fotografías deberán ser presentadas en formato JPG, cunha
resolución mínima de 300ppp e deberá ocupar 5MB como máximo.
Pero, o máis importante é a breve descrición de cada obra (tweet), de 140 caracteres e en galego, na que se explique a relación da fotografía ou serie co tema proposto, facendo unha reflexión sobre o significado da imaxe.
Aquelas persoas interesadas poderán facer entrega das súas obras e demais documentos requiridos dende o 15 de abril ata o 15 de outubro de 2012 no seguinte enderezo electrónico: imaxesconfondo@yahoo.es . Para máis información poden escribir un correo electrónico a dito enderezo ou chamar ao 698 156 127.
Para a elaboración das bases do concurso contouse co apoio de diferentes colectivos vinculados ao mundo da fotografía: Asociación de reporteiros solidarios (AGARESO), Asociación Provincial de Fotógrafos de Pontevedra, Asociación Provincial de Fotógrafos de Lugo, Agrupación Fotográfica Galega, Asociación Fotográfica ‘Os Negativos’ e a Asociación Fotográfica Galega ‘Phosgalicia’.
BASES CONCURSO FOTOGRÁFICO “IMAXES CON FONDO”
FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE. 2012.
Para calquera dúbida sobre o concurso pódese chamar ao 698 156 127 de luns a venres de 9:30 a 14:00h ou escribir un correo electrónico a imaxesconfondo@yahoo.es .
1. PARTICIPANTES
Poderán presentarse tódalas persoas interesadas, de 13 anos en diante,
de calquera nacionalidade e residentes na Comunidade Autónoma de
Galicia.
Haberá dúas categorías:
- Dos 13 aos 17 anos (ambos inclusive): categoría xuvenil
- A partir dos 18 anos: categoría adultas/os
2. TEMÁTICA DO CONCURSO
Os traballos deberán axustarse ás temáticas propostas, que son as seguintes:
Para a categoría xuvenil: A solidariedade dá sentido ás nosas vidas.
A solidariedade é un dos valores fundamentais e universais nos que
deberían basearse as relacións entre os pobos e entre as persoas dunha
mesma sociedade. É tamén un dos piares centrais da cooperación
internacional, mais non é necesario participar directamente nos
proxectos do sur para poñer en práctica a nosa solidariedade. A
solidariedade é dar apoio e comprensión ante as dificultades que pode
ter outra persoa, dende o respecto, a igualdade e o desinterese, sendo
conscientes de que podemos influenciarnos entre todas as persoas dun
xeito positivo. Ao solidarizarnos implicámonos na resolución dos
problemas do noso contorno , contribuíndo á construción dun mundo en
paz, máis xusto e equitativo. Cada día preséntanse oportunidades para
practicar a solidariedade con quen nos rodea, como por exemplo:
Acompañar a unha persoa maior que vive soa, reciclaxe de residuos,
contribuír nas tarefas domésticas, axudar a un compañeiro/a cos deberes,
respectar o medio ambiente, ceder o asento do autobús a unha
embarazada, respectar as normas de circulación para evitar accidentes,
tratar de frear burlas ou ofensas contra outras/os compañeiras/os da
clase, etc.
As/os concursantes que entren dentro desta categoría deberán achegar
fotografías nas que se amose a solidariedade na nosa sociedade. Ademais
de reflectir imaxes da solidariedade cotiá tamén poderán achegar imaxes
de mobilizacións ou actividades que se dean no seu concello en torno a
este principio.
Para a categoría adultas/os: Cambia, reivindica e constrúe.
No contexto actual de globalización observamos na nosa sociedade
innumerables prácticas que a simple vista poden resultar inofensivas,
pero que pola contra van acompañadas de efectos nefastos para os pobos
do sur e para o noso propio. Seguindo os informes do PNUD,
aproximadamente o 20% da humanidade aproveita e explota o 80% dos bens
da terra, mentres que o 80% restante deben repartirse menos do 20% dos
bens. O desigual reparto de riquezas continúa a perpetuar as
iniquidades entre os países do norte e do sur. Crear conciencia social
sobre os efectos perversos da globalización e sobre os actos que levamos
a cabo na nosa sociedade é un acto de xenerosidade, mais tamén de
creación dunha cidadanía global responsable que denuncie as corrupcións,
as inxustizas, e as malas prácticas adquiridas e xa normalizadas que
obstaculizan o desenvolvemento humano tanto no norte coma no sur.
As/os concursantes desta categoría deberán achegar imaxes que amosen como algunhas prácticas na nosa sociedade (tanto de persoas particulares coma de empresas e gobernos) repercuten negativamente nas poboacións dos países do sur de forma directa ou de forma indirecta. Algúns exemplos poderían ser: consumo de enerxía, explotación laboral, racismo, prostitución de inmigrantes, narcotráfico, comercio “inxusto”, malas prácticas empresariais, quecemento global, consumismo, etc.
3. PRESENTACIÓN DAS OBRAS AO CONCURSO
As/os concursantes poderán facer entrega dos seus traballos entre o 15 de abril e o 15 de outubro de 2012.
As fotografías e documentos requiridos para concursar enviaranse por correo electrónico ao enderezo imaxesconfondo@yahoo.es
. A xeito de acuse de recibo, a Secretaría Técnica do Fondo Galego
responderá cunha mensaxe de correo electrónico confirmando a recepción.
Ata que non reciba esta mensaxe, a persoa solicitante non poderá dar por
feita a súa participación.
3.1 PRESENTACIÓN E ENVÍO DAS FOTOGRAFÍAS:
As fotografías deberán ser presentadas en formato JPG, cunha resolución mínima de 300ppp. A imaxe poderá ocupar 5MB como máximo.
Cada participante poderá presentar ata un máximo de 3 fotografías
individuais, ou ben ata tres series compostas de tres fotografías cada
unha.
Admítense fotografías en cor e en branco e negro.
Cada fotografía presentada a concurso nomearase co pseudónimo da autora
ou autor seguido do número da fotografía (1, 2 ou 3) máis a extensión
do ficheiro. Por exemplo: bolboreta1.JPG, bolboreta2.JPG.
No caso das series fotográficas, estas serán nomeadas co pseudónimo da/o
concursante seguido da palabra ‘serie’ xunto co número da mesma (1, 2
ou 3) máis o lugar que ocupa a fotografía na serie (1, 2 ou 3). Por
exemplo: bolboretaserie11.JPG, bolboretaserie12.JPG,
bolboretaserie13.JPG.
Non se admitirán fotomontaxes ou fotografías retocadas dixitalmente, se
ben serán admitidas as fotografías con axustes de brillo, contraste e
cor empregados para mellorar a calidade da imaxe.
As imaxes deben ser inéditas e exclusivas do/a autor/a. Non se
admitirán, polo tanto, obras que se teñan presentado a outros concursos
ou que teñan recibido premios anteriormente.
A/o concursante garante ser a/o única/o titular dos dereitos de autor
sobre as fotografías presentadas e faise responsable de calquera tipo de
reclamación, eximindo á organización de dita responsabilidade.
As/os concursantes certifican que dispoñen dos dereitos de imaxe das
persoas identificadas ou identificables e eximen ao Fondo Galego de
calquera responsabilidade que puidera derivarse como consecuencia da non
obtención destes correspondentes permisos.
No caso de que aparezan menores de idade as/os concursantes deberán
dispoñer da correspondente autorización da nai ou pai ou do/a do titor/a
legal.
O Fondo Galego garante ás/aos autoras/es o respecto absoluto aos seus dereitos conforme a lexislación vixente.
As/os concursantes non poderán exhibir as fotografías presentadas ao
concurso a través dos diferentes medios de comunicación e redes sociais
antes do fallo do concurso.
3.2 PRESENTACIÓN E ENVÍO DA INFORMACIÓN REQUIRIDA:
Documento de texto “FOTOS”: este documento deberá nomearse co pseudónimo
da/o concursante seguido da palabra “fotos”. Por exemplo:
bolboretafotos
Deberá conter a seguinte información:
- Pseudónimo da/o concursante
- Título de cada fotografía, asociado ao nome que leve o arquivo
fotográfico, ou título de cada serie, vinculado ao número de fotografías
que o compoñen.
- Breve descrición de cada obra (TWEET), de 140 caracteres e en galego,
na que se explique a relación da fotografía ou serie co tema proposto.
- Lugar de realización de cada unha das fotografías ou series.
Documento de texto “DATOS PERSOAIS”: este documento deberá nomearse co
pseudónimo da/o concursante seguido de “datos persoais”. Por exemplo:
bolboretadatospersoais.
Deberá conter a seguinte información:
- Nome e apelidos.
- Data de nacemento.
- Domicilio, código postal e poboación.
- Teléfono de contacto e enderezo electrónico.
- En caso de ser menor de idade, autorización asinada con DNI da/o nai/pai ou titor/a.
3.3 DEREITO DE EXCLUSIÓN
A organización resérvase o dereito de exclusión:
- cando se incumpran as presentes bases
- cando se inscriban datos falsos na ficha de inscrición
- cando de forma fraudulenta manipulen a participación
- cando as fotografías poidan considerarse contrarias aos dereitos e liberdades fundamentais
Os documentos de texto nos que se indiquen os datos persoais da/o
concursante será arquivado pola Secretaría Técnica do Fondo Galego e en
ningún caso as persoas que compoñen o xurado terán acceso aos mesmos ata
unha vez decidido cales son as fotografías gañadoras. A Secretaría
Técnica do Fondo Galego será a única responsable do ficheiro de datos.
Seguirase minuciosamente a normativa vixente sobre a protección de datos
de carácter persoal (Lei 15/1999).
4. XURADO E SELECCIÓN DE GAÑADORAS/ES
Participar no concurso implica aceptar estas bases e a inapelable decisión do xurado, que estará composto por sete persoas:
- Representante da Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
- Representante Coordinadora Galega de ONGD.
- Técnica/o dalgún concello e/ou deputación integrada no Fondo Galego.
- Catro representantes de prestixio do mundo da fotografía e/ou artes plásticas.
Calquera continxencia non contida nas bases pode ser resolta pola entidade organizadora.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade desenténdese de calquera controversia.
5. ENTREGA DE PREMIOS
Haberá un premio por categoría. Os premios serán os seguintes:
- Para a categoría xuvenil: Cámara fotográfica Canon EOS 1100 +
Obxectivo EF-S 18-55 mm (ou similar) e un lote de produtos de comercio
xusto, valorado todo en 450€.
- Para a categoría adultas/os: Viaxe (inclúe billetes de avión e
aloxamento) a un dos nosos proxectos en Cabo Verde, co obxectivo e
compromiso de realizar un traballo fotográfico para o arquivo do Fondo
Galego a modo de acción voluntaria. A viaxe ao terreo será realizada no
2013 e terá entre 15 días e un mes de duración. O uso de ditas
fotografías quedará cedido ao Fondo Galego de Cooperación e
Solidariedade, que poderá empregalas para realizar calquera actividade
sen fins lucrativos, citando sempre ao/á autor/a das obras. Tamén poderá
difundilas polas súas canles de comunicación habituais (boletín, web). A
persoa premiada asinará un documento de cesión de dereitos de
reprodución das imaxes que debe achegar tras a viaxe.
O fallo do concurso farase público no mes de novembro de 2012 a través da páxina web do Fondo Galego www.fondogalego.org. Con anterioridade comunicaráselle individualmente ás persoas premiadas.
Se o xurado o estimase oportuno algún dos premios podería quedar deserto.
A entrega de premios será realizada no mes de novembro de 2012, durante
as VII Xornadas anuais de cooperación do Fondo Galego de Cooperación e
Solidariedade (está por decidir o lugar e o día concreto).
As persoas premiadas cederán ao Fondo Galego os seus dereitos para a
utilización das mesmas polas súas canles de comunicación habituais,
sempre sen fins lucrativos.
Para calquera dúbida sobre o concurso pódese chamar ao 698 156 127 de luns a venres de 9:30 a 14:00h ou escribir un correo electrónico a imaxesconfondo@yahoo.es .
No âmbito de ações de proteção da natureza e biodiversidade, até 31
de agosto, nas praias entre a foz do Rio Minho e o Forte do Cão, estão a
ser implementadas medidas para garantir a reprodução do borrelho de
coleira interrompida, uma ave em vias de extinção, que nidifica nos
areais dessas praias.
O borrelho (Charadrius alexandrinus) é uma ave que põe os seus ovos em pequenas covas feitas na areia, a partir do mês de abril. Isto quer dizer que os ovos podem ser pisados pelos utilizadores das praias, destruídos pelos tratores que limpam as praias ou por animais.
Assim, as medidas que estão a ser implementadas consistem na colocação de gaiolas de proteção nos ninhos e na delimitação da área envolvente, de forma a evitar o seu pisoteio e a perturbação das aves.
A violação do perímetro de segurança, bem como a sua captura, abate ou detenção dos respetivos juvenis, faz incorrer o seu autor em contraordenação punível com coima pela entidade competente pelo domínio marítimo.
Recorde-se que, já no ano passado, foi implementado um projeto para proteger esta espécie de aves. Para além do Município de Caminha, participaram nesse projeto a Capitania do Porto de Caminha, ICNB (Instituto da Conservação da Natureza e da Biodiversidade), Juntas de Freguesia de Cristelo, de Vila Praia de Âncora e de Âncora, Anabam (Asociación Naturalista "Baixo Miño"), COREMA - Associação de Defesa do Património, NUCEARTES (Núcleo de Estudos e Artes do Vale do Âncora), NAIAA (Núcleo Amador de Investigação Arqueológica de Afife), Centro de Monitorização e Interpretação Ambiental de Viana do Castelo, Agrupamento de Escolas Coura e Minho, Associação de Pais e Encarregados de Educação da EB1/JI de Moledo e SUMA.
A ESG/Escola Superior Gallaecia e a Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira inauguram, no próximo dia 30 de Maio, às 19h:00, a instalação de vídeo A história que vos vou contar... A Viagem de Comboio, do escultor Iemenita Zadok Ben-David.
A obra estará patente na "Magic Box", também da autoria de Zadok Ben-David, localizada nas novas instalações da ESG, na Vila das Artes. A Magic Box, ou Caixa Mágica, é o resultado de um desafio lançado pela Escola ao artista Zadok para realizar uma escultura habitável, capaz de albergar exposições e instalações artísticas.
O autor considera que a Magic Box/ Caixa Mágica ou a Floating Shoe Box/ Caixa de Sapatos Flutuante é o mais recente desenvolvimento das suas obras relacionadas com a ilusão e a gravidade. Descrita pelo artista como "minimal e funcional", o pavilhão tem como referência o conhecido pavilhão Serpentine Gallery, em Londres, onde regularmente os mais prestigiados arquitetos realizam um exercício semelhante.
A instalação de vídeo estará aberta ao público até ao dia 28 de Julho de 2012.
Esta veda é de aplicación ás augas competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para as embarcacións con artes menores que teñan porto base nesta comunidade, así como para aquelas que tendo porto base noutras comunidades teñan permisos especiais de pesca para faenar nas augas galegas. Así o recolle o plan de explotación marisqueira deste ano, no que se establecen as súas medidas de xestión.
A Axencia europea de información e asesoramento para os xóvenes, convoca este concurso a través do facebook da campaña information right now. As fotografías deben versar sobre o tema "young people are asking". Ganará a fotografía con máis votos ata o 31 de agosto. O premio consiste nun viaxe a Budapest. Máis información http://www.informationrightnow.eu/
Desta maneira tentamos favorecer por umha banda que a gente trabalhadora com menor poder adquisitivo poida mercar cousas que noutros sítios nom poderia, por outra dar a oportunidade a que gente se saque uns cartos extras e por último tentar manter um equilibrio neste planeta descerebrado onde temos o consumo por bandeira.
Junto ao propio mercadinho teremos obradoiros de reciclagem e pintar camisolas, jogos para os máis pequenos e foliada, ademais dum posto com comida e bebida os dous dias.
O custo do posto é de 3 euros cada dia. Reserva o teu ligando ao
605789915 ou o 647132307 ou escrevendo a avelhanahorta@gmail.com.
Estas axudas económicas están destinadas para a atención de nenos/as de 0 a 3 anos en escolas infantís, non sostidas con fondos públicos por un período máximo de 11 meses. Poderá eximirse do límite de idade os nenos con discapacidade física, psíquica ou sensorial susceptibles de integración, logo do informe do equipo de orientación específico, dependente da Inspección de Educación.
A contía da axuda estará en función da renda per cápita da unidade familiar de acordo cos baremos aprobados na devandita Orde.
Poden beneficiarse as familias residentes en Galicia que se atopen nos supostos seguintes:
1. Renovación de praza: Terán preferencia aquelas persoas beneficiarias que tiveran recoñecida a axuda no curso anterior. Deberán cumprir os requisitos establecidos e renovar a praza do curso anterior.
2. Novas solicitudes de praza: as persoas con responsabilidade sobre nenas/os de 0 a 3 anos:
• Solicitantes de praza, nas modalidades de atención educativa ou atención educativa con comedor, en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos e que non resultaran adxudicatarios/as dunha delas por falta de prazas dispoñibles. Consideraranse solicitantes sempre que exercesen a opción polo programa cheque infantil na solicitude de praza, polo que non terán que presentar solicitude.
• Residentes en localidades onde non existan escolas infantís 0-3 sostidos con fondos públicos e desexen obter praza nas modalidades de atención educativa ou atención educativa con comedor, nalgún centro partícipe do programa, existente no concello de residencia, noutro que sexa limítrofe ou ben no concello onde traballen os pais, nais ou titores legais. Neste suposto, deberán presentar a solicitude e a documentación correspondente
Requisitos das persoas beneficiarias e dos centros:
• Ter unha/un nena/o a cargo nacida/o con posterioridade a 31 de decembro de 2009. No caso de nenos/as de integración poderá eximirse do cumprimento deste requisito.
• Non dispoñer doutras axudas para igual ou análoga finalidade outorgadas por outros organismos ou institucións públicas.
Os servizos sociais do Concello de Tui, segundo informa a concelleira responsable Olga Montes Moldes, ofrecen o seu asesoramento para preparar a documentación requirida e para resolver as dúbidas que os posibles beneficiarios teñan sobre esta normativa e o seu procedemento de solicitude. Tamén poden acceder á a páxina web do concello onde atoparán tanto as bases como os anexos de solicitude.
BASES PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA DIURNO DE CARÁCTER LÚDICO DE BALNEARIOS ANO 2012
Bases | Nota informativa | Solicitude | Puntuación concellos
Un ano máis a Deputación de Pontevedra a través do Servicio de Acción Social convoca unha nova edición do Programa Diurno de carácter Lúdico de Balnearios, contribuíndo desta maneira ao fomento do envellecemento activo e a mellorar a calidade de vida dos nosos maiores.
C L Á U S U L A S
PRIMEIRA.—OBXETO E DESTINATARIOS
O Programa Diurno de Balnearios ten por obxecto proporcionar, as persoas a partir de 50 anos,
pensionistas ou con necesidades de respiro familiar que residan na nosa provincia, unha serie de
actividades encamiñadas a mellorar a sua calidade de vida, ofertandolles a oportunidade de ocupar o
seu tempo de lecer a uns precios reducidos.
Poderán participar no Programa todas as persoas que reúnan os seguintes requisitos.
É requisito indispensable non padecer ninguha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa , así como estar en condicións de total autonomía.
SEGUNDA.—CARACTERÍSTICAS E SERVIZOS OFERTADOS
O Programa consiste en pasar cinco tardes seguidas (de luns a venres), nos Balnearios , talasos e
Spas da nosa provincia. Este levarasea cabo nunha soa campaña e as saidas realizaranse ao longo de
todo o ano, exceptuando as vacacions de semana santa e o mes de agosto.
Para a organización do Programa a Deputación contratará a unha empresa especializada na organización de viaxes.
Cada semana sairá un autobús con cartel identificativo do punto estipulado previamente, onde recollerán os beneficiarios trasladándoos aos balnearios , talasos ou spas elixidos, onde permanecerán por unha media de dúas horas, disfrutando das instalacións e dos servizos contemplados neste Programa.
O guía repartirá o primeiro día un bono viaxe con data e hora de recollida, e indicará a cota a pagar por cada participante, informando detalladamente da cobertura do seguro durante o traxecto. En cada balneario ou talaso facilitaranse unhas chanclas e un gorro, para utilizar nas suas instalacions.
A axencia de viaxes adxudicataria para a organización do programa comunicará a cada concello a semana outorgada, sendo estes os que determinen as paradas (como máximo dúas, que deberán dispoñer de espazos amplios, onde os autobuses poidan entrar e maniobrar) e informen posteriormente a axencia de viaxes.
TERCEIRA.—PRESUPOSTO E FINANZAMENTO
A contía consignada para este programa ascende a 192.500 euros, con cargo a aplicación
12/230.230.227.07 do orzamento ordinario prorrogado da Deputación Provincial.
O programa será cofinanciado pola Deputación Provincial de Pontevedra, os concellos e ó usuario/a.
A Deputación partindo dun prezo máximo de licitación de 140 euros/persoa (IVA engadido) realizará unha aportación de 35 euros/ praza. O concello fará unha aportación de 10 euros/praza e o usuario aboará unha contía que dependerá do prezo ofertado pola empresa adxudicataria.
No caso de que o concello no se adhira, ó solicitante deberá custear a parte proporcional de subvención do mesmo.
Si na contratación para a organización deste programa se producise algunha baixa de adxudicación, respecto ao prezo de licitación a mesma se procederá a incrementar a oferta de prazas para os participantes.
Os prezos de cada establecemento hoteleiro expoñeránse ao público na páxina web e daranse a coñecer a través dos medios de comunicación.
CUARTA.—ADHESIÓN DOS CONCELLOS
Todos os concellos da provincia de Pontevedra poderán sumarse ao programa mediante acordo de
adhesión adoptado polo órgano competente e remitíndose certificación expedida polo Secretario do
mencionado acordó, dentro dos 15 días naturais seguintes á notificación da apertura do programa, que
se trasladará mediante carta certificada aos concellos. Se o último día coincidise en festivo, prorrogarase
o prazo ata o primeiro día hábil seguinte.
Pasado dito prazo de 15 día naturais, de non enviar a adhesión, entenderase que o concello non quere participar, sen que teña que facelo constar por escrito.
Tanto a Deputación como os concellos que se queiran adherir ó programa subvencionarán parte do custo que supón a realización do mesmo. A cantidade restante deberá aboala o beneficiario. Os concellos que se adhiran actuarán como entidades colaboradoras na xestión do Programa e deberán reunir determinados requisitos e cumprir coas obrigas que se establezcan nas Bases Reguladoras de acordó co disposto na LXS.
QUINTA- SELECCIÓN DE SOLICITUDES DOS CONCELLOS ADHERIDOS
Nos concellos adheridos, cando as prazas subvencionadas fosen inferiores ás demandas, realizarase
a selección dende os Servicios Sociais Municipais, dando preferencia primeiramente ás persoas que
non participaron no ano anterior, e de seguido ás persoas de maior idade ou con necesidades de respiro
familiar. No caso de solicitudes de conxuxe ou parella, os expedientes baremaranse establecendo a
media aritmética das suas idades.
SEXTA.—SELECCIÓN DOS CONCELLOS NON ADHERIDOS
No caso de que os concellos non se adhiran ó Programa, as persoas que desexen participar deberán
entregar a solicitude na Deputación Provincial, e rexiráse a selección das solicitudes polos mesmos
criterios sinalados na cláusula quinta.
SÉTIMA.—PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de inscripción tanto para ós concellos adheridos, asi como para as persoas que solicitan de
forma independente será de 20 días hábiles a partir do día seguinte a publicación destas bases no B.O.P:
No caso dos concellos que no se adhiran as instancias presentaranse no Rexistro Xeral da
Deputación. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos
38.4 da lei 30/92 de 26 de novembro, de Réximen Xurídico das Administracións Públicas e do
Procedemento Administrativo común e o art.80 do R.D. 1098/2001 de 12 de outubro polo que se aproba
o Regulamento Xeral da lei de contratos das Administracións Públicas.
No suposto de que as prazas oufertadas non queden cubertas, esta Institución reservarase o dereito de abrir un novo prazo de inscripción.
OCTAVA.—DOCUMENTACIÓN
Os concellos Adheridos ó Programa deberán remitir ó Rexistro de entrada da Deputación a seguinte
documentación:
Aqueles interesados nos que os concellos non se adhiran deberán remitir a mesma documentación a excepción do acordó de adhesión.
NOVENA.—PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN
A concesión destas subvencions realizaranse polo réxime de concorrencia competitiva,
correspondendolle a instrucción ó Servizo de Acción Social e a adxudicación á Xunta de Goberno.
A Deputación de Pontevedra establece a convocatoria de prazas do Programa Diurno de Balnearios, no marco de actividades para as persoas maiores, ofertando inicialmente un máximo de 5.500 prazas, que serán outorgadas ás persoas que reúnan os requisitos e presenten a documentación debidamente cumprimentada.
As baixas dos usuarios deberán estar xustificadas e só en ese caso se xestionará pola Empresa adxudicataria da Asistencia Técnica a devolución correspondente.
DÉCIMA.—PUBLICIDADE
En toda publicidade que se elabore débese facer constar a organización e a colaboración da
Deputación, mediante a inclusión da sua imaxe institucional en conformidad co artigo 31 do RLXS.
Para todo o relacionado coa citada publicidade a axencia de viaxes adxudicataria da organización
do Programa, poderá dirixirse a seguinte dirección de correo electrónico: imaxe@depo.es
DÉCIMO PRIMERA.—XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO
Conforme establece o artigo 17.3.i da LXS, para proceder ó pago da subvención, a empresa
adxudicataria presentará xunto coas facturas os listados das persoas participantes no Programa.
O pago realizarase directamente no número da conta bancaria da empresa adxudicataria. No caso do usuario farase directamente o primeiro día no lugar de saida.
DÉCIMO SEGUNDA.—PRAZO DE VIXENCIA
As presentes Bases terán unha vixencia correspondente a todo exercicio 2012.
DÉCIMO TERCERA.—LEXISLACIÓN APLICABLE
Requisitos dos solicitantes:
– Ter veciñanza administrativa en Galicia cunha antigüidade superior a 24 meses.
– Ser natural de Galicia.
– Ser fillo ou descendente en liña directa ata o terceiro grao de emigrantes galegos no exterior.
Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións universitarias: física, enxeñaría, matemáticas, química, ciencias económicas e empresariais, administración e dirección de empresas, ciencias empresariais, economía, e dereito.
A finalidade das bolsas e formar a titulados universitarios en diversas áreas relacionadas coa profesionalización e desenvolvemento estratéxico da empresa, entre outras:
• Optimización financeira/mellora do circulante.
• Profesionalización da produción.
• Relanzamento comercial.
• Xestión por procesos.
• Imaxe e comunicación empresarial.
• Construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial.
• Desenvolvemento de plans de acción.
• Identificación de redes de cooperación e socios.
• Innovación na empresa.
• Desenvolvemento do capital humano.
• Execución de vixilancia tecnolóxica/intelixencia competitiva.
A duración inicial da bolsa establécese nun máximo de 12 meses.
A contía das bolsas é de 9.960 € anuais (830 mensuais).
Os titulados incorporaranse en primeiro lugar a un itinerario formativo especificamente deseñado para a participación no programa, e a seguir realizarán prácticas formativas baixo a tutela de axentes colaboradores do Igape en proxectos de mellora para implantar en pequenas e medianas empresas, período en que recibirán formación e titorización directamente por parte do axente colaborador.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 12 de xullo de 2012
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento IG401B
Máis información no DOG do 12 de xuño de 2012 e en www.igape.es
“Caras, caretos e carantonhas” em exposição na Casa do Turismo
“Caras, caretos e carantonhas” é o tema da exposição que vai estar patente, a partir de 16 de junho e até 14 de julho, na Casa do Turismo de Vila Nova de Cerveira.
A exposição “Caras, caretos e carantonhas” é
uma mostra de cerâmica, composta por cerca de 30 peças (máscaras), que
tentam retratar o percurso da vida desde a infância à velhice. O autor
das peças é o artista plástico Domingos Viterbo.
A mostra pode ser visitada de segunda-feira a sábado, das 10h00 às 13h00
e das 14h00 às18h00. Ao domingo o horário vai das 9h30 às 12h30.
Concerto de fin de curso organizado polas Pandereteiras da Asociación Veciñal Río do Folón De Fornelos ( O Rosal )
O acto terá lugar no local de dita asociación sito na Praza de Fornelos ás 21.30 h
Actuarán :
Pandereteiras Río do Folón de Fornelos
Pandereteiras da Agrupación Cultural Guardesa
Pandereteiras Alto da Cruz do Malleiro da Asociación Cultural de Pexegueiro.
Luns 25 de xuño:
Concerto de fin de curso organizado pola Agrupación Cultural Guardesa.
O acto terá lugar nas aulas do antigo colexio do Sinde ás 21.30 h
actuarán:
Pandereteiras Río do Folón de Fornelos
Pandereteiras da Agrupación Cultural Guardesa
Así este domingo 24 de xuño celebrarase un recital poético ás 19,00 horas na Igrexa de San Domingos no que participarán os poetas Manuel Forcadela e Marta Dacosta. No decurso do recital poético haberá un acompañamento musical ao acordeón polos alumnos do Conservatorio Municipal de Música de Tui, Alexandre González Fernández e Sheila Domínguez Gómez.
O Concello de Tui ven realizando dende o ano 2008 un acto poético en lembranza deste acontecemento cultural de tanta transcendencia para a cultura de Galicia. Téñense achegado ata Tui voces como Darío Xohan Cabana, María Xosé Quizán, Eva Veiga, Yolanda Castaño, Marga do Val, Alfonso Pexegueiro, etc. Neste ano, comenta a concelleira de cultura tudense - Vanesa Rodríguez Pereira-, contaremos con dúas voces moi ligadas á nosa comarca do Baixo Miño: Manuel Forcadela e Marta Dacosta, que co recitado dos seus versos farán memoria daquela gloriosa xornada.
Xogos Florais
Estes actos rememoran a celebración na nosa cidade o 24 de xuño de 1891 dos Xogos Florais de Galicia, primeiro acto público realizado exclusivamente na nosa lingua, e que organizados pola Asemblea Rexionalista Galega premiaban composicións en galego e castelán de diversos xéneros, como no caso tudense, a poesía. O primeiro presidente da institución, Manuel Murguía converteríase aquel día no primeiro intelectual en dirixirse ao público en galego, lendo un discurso que constitúe un compendio do seu pensamento historicista e reivindicador sinalando que o principal obxectivo era "o renacemento dunha nacionalidade case morta e esquecida por medio da literatura, das tradicións e da historia".
Na cidade de Tui unha Xunta Rexionalista integrada por Manuel Fernández de Herva, como presidente, xunto a Eduardo Caballero Canals, o coengo Antonino Cerviño González, Juan Areses Alonso, o tamén coengo Manuel Lago González, Juan Ávarez Cordero, Indalecio Rodríguez de Córdoba, Justo Salvador Fortes, Leoncio Comesaña González, Vicente García Rivera e Martín Díaz Spuch, organizaron, como representantes do Consistorio dos Xogos un amplo programa que supuxo incluso o traslado das festas patronais de San Telmo. Do amplo programa desenvolvido salienta o propio acto dos Xogos, xunto a un concurso de gaiteiros, un banquete "rexionalista" ou a función solemne de San Telmo na Catedral tudense coa actuación da orquestra catedralicia dirixida polo mestre Manuel Martínez Posse.
Manuel Forcadela
Manuel Santiago Fernández Álvarez, máis coñecido polo pseudónimo de Manuel Forcadela, nado en Forcadela, Tomiño, o 25 de xullo de 1958, é Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, Catedrático de Lingua Galega e Literatura de Ensino Medio en excedencia e, na actualidade, exerce como Profesor Titular na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Doutorouse en Filoloxía Galaico-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela cunha tese sobre a poesía de Eduardo Pondal. Traballou como profesor invitado no Graduate Center da CUNY (City University of New York).
Colabora habitualmente en revistas e xornais, e é autor de máis dunha vintena de obras que abranguen a poesía, a narrativa e o ensaio literario.
Poesía
o Ferida acústica de río, 1982, Xerais.
o O regreso das ninfas, 1985, Caixa Ourense. Edición bilingüe galego-castelán publicada no 2001, en Libertarias.
o O varredor en outono, 1988, Sotelo Blanco.
o Nausícaa, 1992, edición do autor. Con tres gravuras de Laxeiro.
o Profecía, 1992, Sons Galiza.
o Morte do fadista, 2000, Espiral Maior.
o Refutación da musa, 2001, Espiral Maior. Edición bilingüe galego-castelán publicada no 2002, en Lumen.
o Lámpada e medusa, 2002, Sociedade de Cultura Valle-Inclán.
o Música de cinza, 2008, Galaxia.
Narrativa
o Relato policial, 1989, Promocións Culturais Galegas.
o Paisaxe con muller e barco, 1990, Xerais (novela).
o Sangue sobre a neve, 1990, Edicións do Cumio (novela negra).
o Barato, barato, 1991, Edicións do Cumio (novela negra).
o Contos interruptus, 1992, Diario 16 de Galicia.
o Fóra de xogo, 1993, Edicións do Cumio (novela negra).
o Anxélica, 1994, Nigra (conto).
o A equipaxe do azar, 1994, Pentalfa (novela).
o A armada invencible, 1996, Edicións do Cumio (novela).
Literatura infanto-xuvenil
o A procura do falso Grial, 2006, Galaxia (novela).
Ensaio
o A harpa e a terra (Unha visión da poesía lírica de Eduardo Pondal), 1988, Xerais.
o Eduardo Blanco Amor, fotógrafo, 1993, Clube Cultural Alexandre Bóveda.
o A poesía de Eduardo Pondal, 1995, Edicións do Cumio.
o Diálogos na néboa: Álvaro Cunqueiro e Ramón Piñeiro na xénese da literatura galega de posguerra, 2005, Centro Ramón Piñeiro.
o A mecánica da maxia. Ficción e ideoloxía en Álvaro Cunqueiro, 2009, Galaxia.
o Sete leccións de poesía, 2009, Espiral Maior.
Edicións
o Eduardo Pondal. Poesía, edición crítica, prologada e anotada, 1989, Xerais.
o Guía de lectura de A esmorga, de Eduardo Blanco Amor, 1991, Edicións do Cumio.
o Manual e escolma da Nova Narrativa Galega, 1993, Sotelo Blanco.
o Guía de lectura de Á lus do candil, de Ánxel Fole, 1997, Edicións do Cumio.
o Poesía de posguerra: antoloxía, 1997, AS-PG, A Nosa Terra.
o Aires da miña terra, de Manuel Curros Enríquez, 2001, Galaxia.
Traducións
o Despois de Magritte, de Tom Stoppard, 1993, Teatro Keyzán.
o Ancho mar de argazo, de Jean Rhys, 2007, Xerais.
Premios
o Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Vigo no 1981, por Ferida acústica de río.
o Premio Leliadoura de Poesía no 1987, por O varredor en outono.
o Premio García Barros no 1989, por Paisaxe con muller e barco.
o VIII Premio Espiral Maior de Poesía no 1999, por Morte do fadista.
o Premio Aula de Poesía de Barcelona no 2000, por Refutación da musa.
o Premio da Crítica de poesía galega no 2001, por Refutación da musa.
o Premio Esquío de poesía no 2001, por Lámpada e medusa.
o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio no 2005, por Diálogos na néboa: Álvaro Cunqueiro e Ramón Piñeiro na xénese da literatura galega de posguerra.
o Premio de ensaio da AELG no 2007, por Diálogos na néboa: Álvaro Cunqueiro e Ramón Piñeiro na xénese da literatura galega de posguerra.
o Premio da Crítica Galicia de Ensaio e Pensamento no 2010, por A mecánica da maxia.
Marta Dacosta
Vigo, 1966, licenciada en filoloxía galego-portuguesa, docente en Ensino Medio.
A súa obra está recollida tamén en publicacións colectivas como Intifada, oferenda dos poetas galegos a Palestina, 8 e méio de Edicións do Dragón, Negra Sombra, intervención poética contra a marea negra; Homenaxe a Anxel Casal, Cartafol poético para Alexandre Bóveda; Volverlles a palabra; Polifonía. Voces poéticas contra a violencia de xénero; Vanakkam, Benvidas ou nas antoloxías Para saír do século, nova proposta poética, de Ed. Xerais, Efecto 2000, de Letras de Cal, Novas Voces da Poesía Galega, do Consello da Cultura Galega, Compañeira tristeza, antoloxía de poesía galega traducida ao ruso; Poetes gallecs d'avui, antoloxía traducida ao catalán, entre outras.
Colabora como articulista con diferentes medios de comunicación, investigou sobre a sintaxe do galego medieval e a súa reflexión literaria céntrase no papel da muller escritora, na súa xeración ou no significado simbólico do mar na poesía galega. Ten analizado a obra de autores como Manuel María, Victoriano Taibo ou Méndez Ferrín.
Obra poética:
o Crear o mar en Compostela, 1994, premio de poesía «O Grelo», 1993.
o Pel de ameixa, 1996, premio González Garcés, 1995
o Setembro, 1998, premio «Martín Códax» 1998.
o En atalaia alerta, 2000, accésit do premio de poesía Esquío 1999.
o As Amantes de Hamlet, 2003, Edicións Espiral Maior.
o Cinza, 2009, http://www.blogoteca.com/acuatica07/
o Acuática alma, 2011, Edicións Espiral Maior
O cartel anunciador deste conmemoración do CXXI aniversario dos Xogos Florais de Galicia é obra do artista e gravador Enrique Maté.
O punto de encontro será o Torreiro da Festa de San Miguel do Anxo (Pazos de Reis), ás 09.00 horas (españolas). Para todas aquelas persoas que non coñezan esa localización, quedarase ás 09.00 horas españolas na gasolineira da Repsol do Parador de Tui. O percorrido terá unha duración de aproximadamente 2h30' e o grao de dificultade é baixo.
Breve descrición:
O punto de encontro e remate desta rota é a igrexa parroquial de Pazos de Reis, principiamos por una carreiro entre viñas altas que nos leva a un lavadoiro antes de adentarnos no monte e iniciar o ascenso cara o Aloia entre enraizados camiños que nos conducen á Macoca.
Con esta camiñada contemplaremos a vista panorámica do Vales do Miño e do Louro que domina o Alto chamado Castro dos Cubos, lugar no que queda constancia dun poboado castrexo, da Idade de Ferro. O castro, datado en torno ao s. I a. C - tamén denominado como Cabeza de Francos debido a un asentamento galo nas proximidades pertencente á época de Napoleón Bonaparte - acollía unha sociedade baseada na agricultura e na gandería que tamén practicaba a caza, a pesca, a recolección e realizaban algunha actividade manufactureira, como curtido de peles e fabricación de útiles de pedra, bronce, madeira e ferro.
O Alto dos Cubos levantase a 270 m sobre o nivel do mar. Neste poboado castrexo - contornado polas pegadas dunha muralla ciclópea - pódense apreciar varias vivendas que foron escavadas por primeira vez en 1933, dúas de elas conservan o vestíbulo e actualmente están parcialmente reconstruídas. O material arqueolóxico atopado en diversas catas posteriores: morteiro, muíños de man e vasillas, confirman que este asentamento, sufriu un proceso de aculturación co mundo romano nos albores da nova era.
Punto de encontro:
Torreiro da Festa de San Miguel do Anxo (Pazos de Reis)
Coordenadas 42º 3'34" N / 8º 38'44" O
Será
en el Estadio Municipal de A Guarda y dará comienzo a las 9:00h de la mañana
con los siguientes equipos participantes:
ALEVINES BENJAMINES
U.D.A GUÍA U.D.A
GUÍA
SAN CAYETANO SAN
CAYETANO A
ALAMEDA SAN
CAYETANO B
OIENSE ALAMEDA
U.D.RIBERA OIENSE-OIA
GOIÁN F.C. U.D.RIBERA
INDEPENDIENTE DE VIGO GOIÁN
F.C.
REDONDELA E.F.B. INDEPENDIENTE
DE VIGO
VERDUGO-PONTEVEDRA REDONDELA
E.F.B.
VILANOVA DE AROSA VERDUGO-PONTEVEDRA
VILANOVA
DE AROSA
CON EL PATROCINIO DE:
Bar Galicia, Bar Saudade, Bar San Roque, Bar Portiño, Bar Farola, Informática San Benito, Polisport, Bar Oasis, Hotel Pazo Santa Tecla, Bar Arruaz, Panadería do Muño, Bar Meigallo, Jamonería Avenida, Bar Chupa Ovos, ORPAGU, Restaurante JUAN, Bar Marbella, Carpintería CODEMA, Bar Puerto Guardés, Pescados Pérez Piñeiro S.L., Supermercados FROIZ y Concello da Guarda.
TORNEO ORGANIZADO POR:
O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 13 de xullo de 2012.
A quen vai dirixido?
Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2012.
Non poderán participar nunha especialidade aquelas persoas que gañasen o primeiro premio desa mesma especialidade na edición do ano anterior.
Salvo no caso das especialidades de teatro, música, banda deseñada e graffiti, a participación será sempre a título individual.
Bases e información no seguinte enlace:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120518/AnuncioCA05-090512-0005_gl.html
No próximo domingo, dia 24 de junho, haverá uma "aula aberta" de danças de salão, no Parque de Lazer do Castelinho. A iniciativa insere-se no projeto "Cerveira Saudável", a decorrer naquele espaço, aos domingos de manhã até 29 de julho e de 2 a 30 de Setembro.
A iniciativa do município desenvolve-se em parceria com diversas entidades associativas de Vila Nova de Cerveira, como Populum, Citius Fit, Pedal'art, Clube Celtas do Minho, Escuteiros de Reboreda e Instituto Politécnico de Viana do Castelo.
O objetivo é proporcionar exercício físico e convívio social. A iniciativa é, como referimos, gratuita e não necessita de inscrição prévia, já que se pretende diversificar e aumentar as oportunidades de lazer e sensibilizar a população para a prática da atividade física como fator de promoção da saúde e da qualidade de vida.
El itinerario de Portugal transcurre por las freguesías de: Vila Nova de Cerveira, Valença do Minho, Monção, llegando a Barroca e Taias ahí comienza la subida que es de 15,5 kilómetros, pasando por Regoufe, Extremo, Sins para terminar coronando el puerto en el Alto do Padroso. Continuando el recorrido por Meca, Venade, San Silvestre, Gondelim, Cerdal, São Pedro da Torre y Vila Nova de Cerveira.
La ruta pasa por los Municipios de Vila Nova de Cerveira, Valença do Minho, Monção, Arcos de Valdevez y Paredes de Coura.
Para ver mejor los perfiles de la ruta y subida: http://www.ccguardes.es/
Y el recorrido en Google: http://goo.gl/maps/sBgj
Xogos Florais
Estes actos rememoran a celebración na nosa cidade o 24 de xuño de 1891 dos Xogos Florais de Galicia, primeiro acto público realizado exclusivamente na nosa lingua, e que organizados pola Asamblea Rexionalista Galega premiaban composicións en galego e castelán de diversos xéneros, como no caso tudense, a poesía. O primeiro presidente da institución, Manuel Murguía converteríase aquel día no primeiro intelectual en dirixirse ao público en galego, lendo un discurso que constitúe un compendio do seu pensamento historicista e reivindicador sinalando que o principal obxectivo era "o renacemento dunha nacionalidade case morta e esquecida por medio da literatura, das tradicións e da historia".
Danos tu opinión
¿Qué tipo de información te gusta más?
© www.infomiño.comC/Vicente Sobrino nº24 1º - 36780 A Guarda - Pontevedra Teléfono: 617 583 508 Fax: 986 62 63 79 [ LOPD ]