
ESPECIAL - PRES...
ESPECIAL - ESTA...
ESPECIAL - CONC...
ESPECIAL - A GU...inicio contacto imprimir mapa web webmail

| < junio > | < 2012 > | ||||||||
| L | M | X | J | V | S | D | |||
| 1 O Ministerio de Educación convoca ata 1.005 axudas de 728,77 € cada unha para seguir un curso de inmersión lingüística en inglés organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo. | 2 La irrupción de seguidores en el césped supondría una grave infracción en materia de seguridad en un partido declarado de alto riesgo. | 3 Este Domingo taller de cerámicas de Leandro | |||||||
| 4 Está previsto que haxa unha actividade nas rúas para achegar un pouquiño máis este programa europeo á mocidade guardesa | 5 A Axencia europea de información e asesoramento para os xóvenes, convoca este concurso a través do facebook da campaña information right now. | 6 O Executivo Municipal de Valença reúne, em sessão ordinária, a 6 de junho, no Salão Nobre dos Paços do Concelho. | 7 Xoves 7 de Xuño ás 21:00h no Hotel Nova Colina de Tomiño | 8 Inscrições de 8 a 20 de junho, no Gabinete de Associativismo e Juventude, na Piscina Municipal | 9 A Deputación e o Concello conovan prazas para o Talaso de Oia, para persoas a partir de 50 anos e pensionistas, para ir e voltar no día. | 10 A Deputación e o Concello conovan prazas para o Talaso de Oia, para persoas a partir de 50 anos e pensionistas, para ir e voltar no día. | |||
| 11 A Deputación e o Concello conovan prazas para o Talaso de Oia, para persoas a partir de 50 anos e pensionistas, para ir e voltar no día. | 12 A Deputación e o Concello conovan prazas para o Talaso de Oia, para persoas a partir de 50 anos e pensionistas, para ir e voltar no día. | 13 A Deputación e o Concello conovan prazas para o Talaso de Oia, para persoas a partir de 50 anos e pensionistas, para ir e voltar no día. | 14 Acto no Centro Cultural da Guarda | 15 O vindeiro venres 15 de xuño, ás 17.30h, na Praza do Concello do Rosal terá lugar a actividade Galego de Cine, dentro do programa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia | 16 Sábado 16 de Xuño ás 20:30h no Auditorio de Goián en Tomiño | 17 A organização é da responsabilidade da Câmara Municipal. | |||
| 18 A organização é da responsabilidade da Câmara Municipal. | 19 Prazo de presentación ata o Venres día 22 de Xuño de 2012 | 20 Esta produção vai proporcionar três espetáculos de grande qualidade na Fortaleza, num espaço cénico único para receber estes eventos | 21 Esta produção vai proporcionar três espetáculos de grande qualidade na Fortaleza, num espaço cénico único para receber estes eventos | 22 Conferencia Sergio Manuel Nobre o 22 de Junho ás 18:00h | 23 calendario de competición do Torneo de A Guarda, co que comenza o Balonmán Praia 2012 | 24 Terá lugar o domingo 24 de xuño ás 19,00 horas na Igrexa de San Domingos | |||
| 25 Un concerto abre este programa o luns ás 19,00 horas | 26 Día Internacional de la lucha contra el uso indebido y el tráfico ilícito de drogas – 26 de junio | 27 O Presidente da Câmara Municipal de Valença, Jorge Salgueiro Mendes e o Alcalde de Tui, Moisés Rodrigues, vão assistir juntos ao do jogo das meias-finais do Euro2012, campeonato europeu de futebol, entre Portugal Espanha, quarta-feira, 27 de Junho. | 28 A oitava edição do Dancerveira – Festival Internacional de Dança de Vila Nova de Cerveira começa amanhã bem cedo, com uma série de workshops, que ocupam toda a manhã de quinta-feira. | 29 Venres día 29 de xuño ás 21h. na Casa da Cultura de Tomiño | 30 O próximo sábado 30 de xuño terá lugar a quinta andaina que pecha o primeiro ciclo da actividade -ANDAINAS 2012- organizada pola Concellería de Deportes. En setembro volverá a retomarse de novo a actividade. | ||||
As axudas para adquisición de vehículos “full hybrid” chegan aos 2.300 euros, e aos 2.000 euros para os “mild hybrid”
Realizaranse 300 transaccións, que permitirán un aforro anual de 82 toneladas de petróleo, evitando a emisión a atmosfera de 266 toneladas de CO2
O plan estará vixente ata o 30 de xuño, podendo xa os interesados consultar a listaxe de empresas colaboradoras a través da web do Instituto Enerxético de Galicia –www.inega.es-. Unha vez seleccionado o vehículo a comprar ou o tipo de transformación do motor, o taller ou concesionario debe reservar a axuda correspondente, agardando a confirmación de fondos por vía electrónica. A partir dese momento, a empresa dispón de 60 días naturais para presentar toda a documentación.
Nesta ocasión, as axudas
chegan aos 2.300 euros para vehículos “full hybrid”, aos 2.000 euros
para os “mild hybrid”, e ata os 7.000 euros para turismos de combustión
directa de hidróxeno ou con pila de combustible. No caso de
transformación do motor para que funcione con GLP ou gas natural, a
subvención alcanza os 1.200 euros en vehículos novos, e os 450 euros nos
de segunda man.
Obxectivos do Plan
Con
esta nova edición do Plan de Vehículos Eficientes, a Consellería, a
través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), aspira a realizar 300
transaccións, que permitirán unha diminución do impacto ambiental dos
medios de transporte traducida nun aforro anual de 82 toneladas de
petróleo, evitando a emisión á atmosfera de 266 toneladas de CO2.
Os interesados poden solicitar información nos teléfonos gratuítos 1004 de Telefónica e 1445 de R ou acudir as oficinas de venda destes operadores, que se encargarán de xestionar a subvención. Segundo establece a convocatoria, no ano 2012 o prazo de presentación de solicitudes quedará aberto ata o 30 de setembro, ou ata que se esgote o crédito orzamentario.
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica destina este ano un orzamento superior aos 570.000 euros a esta iniciativa que permitirá subvencionar a contratación deste servizo a máis de 3.000 familias.
Beneficiarios das axudas
Os
beneficiarios destas axudas serán as familias residentes en Galicia,
que teñan unha renda per cápita igual ou inferior a 9.000 € e que
soliciten unha nova alta de acceso ás entidades colaboradoras da
iniciativa, actualmente R e Telefónica. Para iso, a Xunta puxo a súa
disposición unha plataforma telemática para garantir unha xestión
totalmente electrónica das subvencións.
Para poder acceder á subvención, será condición obrigatoria que no domicilio non houbese contratada ningunha conexión a Internet no momento de efectuar a solicitude nin polo menos nos tres meses anteriores.
Importe e tramitación das axudas
O
programa establece a concesión dunha única subvención por unidade
familiar do 40% do custe da tarifa mensual de conexión a Internet a
partir do segundo mes de servizo e ata completar un ano, cunha contía
máxima de 180€ e condicionado á permanencia no servizo durante ese
período. A alta de liña e o importe da primeira cota mensual será
asumido pola entidade colaboradora.
Superar a barreira económica
Segundo
datos do INE o custo da conexión é a terceira causa aducida en Galicia
para non contratar o servizo de Internet no fogar. Este programa de
axudas busca reducir as barreiras económicas de entrada ao uso da banda
larga mediante apoios económicos de cara á contratación deste servizo
para seguir axudando aos colectivos máis desfavorecidos e así garantir a
igualdade de oportunidades no acceso á información..
Xunto coa eliminación da barreira económica a Xunta está a traballar na superación doutras dúas barreiras: a das infraestruturas de Telecomunicación co Plan de Banda Larga co que xa se reduciu nun terzo a poboación sen acceso a Internet na Comunidade; e a da formación, coa posta a disposición da cidadanía de instrumentos para o acceso as novas tecnoloxías como a Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica.
Estas medidas intégranse nas actuacións da Axenda Dixital de Galicia 2014.gal, a folla de ruta do Goberno galego en materia tecnolóxica para integrar as TIC na sociedade galega e eliminar a fenda dixital na Comunidade.
O departamento que dirixe Rosa Quintana, persegue con esta medida técnica favorecer a reprodución e reducir o esforzo pesqueiro que soportan as poboacións desta especie na Comunidade Autónoma de Galicia. Esta iniciativa, consensuada co sector, suporá que non se poderá atopar nécora fresca galega no mercado ata o 30 de xuño. Pode atoparse fresca, se é foránea, ou galega conxelada.
O SEGUNDO DOMINGO DE CADA MES
MARZO - OUTUBRO 2012
PRAZA DA GALIZA
VILANOVA DE CERVEIRA
Todo lo recaudado de la venta del libro se entregará a una organización, instituto, entidad o asociación que vosotros mismos podéis elegir.
El título del Libro aún está por decidir, por esto pedimos vuestro apoyo para dicidir el titulo. En este mismo libro queríamos dedicar un espacio a frases celebres que en algún momento han servido o en las cuales muchos de vosotros se reconocen a la hora de describir su vida, y en la otra parte publicar las historias de todos aquell@s que quisieran participar.
Tenemos pensado publicar el libro en Septiembre de 2012 con lo cual dejaremos abierto el plazo para recibir historias, frases celebres y votación para el/la beneficiari@ de lo recaudado de la venta del libro.
Estamos buscando una editorial para la publicación del libro.
COMO PARTICIPAR
Teneis que enviar vuestra historia a las siguiente dirección de correo electrónico: mepiro@ingalicia.org antes del 30 de Junio de 2012
Cada historia no deberá superar los 5000 caracteres (espacios incluidos) y no incluir citaciones de autores que ya han publicado. Junto con vuestra historia debéis enviarnos una foto vuestra y una del lugar del que habláis en vuestra historia, firmar y enviarnos un documento que ponga lo siguiente:
El abajo firmante (nombre y apellidos) con fecha __/__/____ autorizo la Asociación Cultural Ingalicia para la publicación de la composición enviada para realizar el libro "Me Piro, Historias y experiencias de viaje y vida". Cedo mi historia para los usos benéficos promovidos por la Asociación Cultural Ingalicia
No podremos publicar historias sin el presente documento firmado y recibido por nosotros.
COMO VOTAR Y ACONSEJAR LA ENTIDAD A LA CUAL QUIEREIS QUE LLEGUE LA RECAUDACIÓN DE LA VENTA DEL LIBRO
En el mismo correo, podéis indicar la entidad que más os gusta y a la cual quieres que llegue la recaudación derivada de la venta del libro. Se recomienda adjuntar una ficha descriptiva de la entidad para mejor presentarla, su dirección fisica, proyectos desarrollados, pagina web etc. Cuantas más informaciones tengamos mejor se puede presentar la entidad para que la voten.
COMO ELEGIREMOS LA ENTIDAD A LA CUAL DONAREMOS LO RECAUDADO POR LA VENTA DEL LIBRO?
Crearemos un álbum fotográfico donde pondremos las imágenes de cada entidad de la que tengamos una ficha descriptiva. Una vez publicado el álbum, los usuarios de Facebook podrán poner "Me Gusta" en la imagen y cada "Me Gusta" contará como un voto. Para votar tendréis 2 meses.
COMO COMPRAR EL LIBRO
Dependiendo de las modalidades de distribución os informaremos sobre los canales donde encontrar el libro y poder comprarlo.
COMO DONAR LA RECAUDACIÓN
El libro se venderá durante un tiempo limitado, y una vez finalizada su distribución Ingalicia procederá a ingresar por transferencia bancaria lo recaudado por la venta.
Poneros en contacto con nosotros si tenéis dudas! Por lo demás, a escribir!
O 20 de marzo abre o prazo de inscrición
en Roteiros para a xuventude, un programa da Dirección Xeral de
Xuventude e Voluntariado que consiste en saídas de fin de semana co
obxectivo de ofertar á xuventude novas experiencias e alternativas para
o tempo libre, así como a transmisión e coñecemento de valores como a
convivencia, a cooperación, o compañerismo, entre outros, favorecendo as
relacións interpersoais e a creación dun bo ambiente grupal que lle
permita acceder a un tempo libre de calidade.
Ofértase un total de 3.782 prazas prazas en 16 instalacións distintas dende o mes de abril ata o mes de setembro, incluíndo actividades náuticas, de multiaventura, de interpretación do noso patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico.
Os interesados en participar nesta iniciativa poderán facer a reserva da súa praza a partir do martes 20 de marzo a través da chamada telefónica nos teléfonos 981545937/545702/541689/545822 en horario de 09,00 a 14,00 horas de luns a venres.
A nova iniciativa posta en marcha pola Concellería de Turismo, en colaboración cas empresas de aloxamento da Guarda, ofrecerá visitas guiadas durante as mañás do sábado ata o mes de xullo.
Esta visita guiada comezará no Monte Santa Trega e permitirá coñecer os seus valores arqueolóxicos, relixiosos e paisaxísticos. Continuará no casco urbano da Guarda visitando o Museo do Mar, porto, casco antigo que engloba a Ruta Urbana e a rematará ca Ruta das Casas Indianas na Alameda.
A finalidade desta nova iniciativa é dar a coñecer máis profundamente a historia, patrimonio e recursos que fan da Guarda un interesante destino.
A Xira Galega Karting é a primeira actividade de karting móbil galega dirixida a tódolos públicos e situada no centro urbano de cada cidade.
Conducir un Kart é o máis parecido a gozar dunha carreira de Fórmula 1. Moitos pilotos profesionais comezaron a súa carreira deportiva a bordo dun destes pequenos e veloces monoprazas, e incluso hoxe en día, é considerado unha gran forma de comezar as pretempadas.
Xira Gálega Karting brinda un ano máis a oportunidade de iniciarse no mundo do motor a través do karting, sen ter coñecementos previos e sen necesidade de mercar equipo algún. Emular cadanseu ídolo, e en definitiva, vivenciar unha experiencia apaixonante en circuítos deseñados especificamente para cada cidade, provisto das medidas de seguridade máis esixentes, facilitando unha oferta lúdica deportiva exclusiva.
Escalas da Xira Galega Karting nesta edición:
Horarios:
Tarifas:
ACCESO MERCANDO O TICKET NA TAQUILLA
(As sesións teñen unha duración de 5 minutos)
ACCESO GRATUÍTO
Ademais de beneficiarvos dun desconto do 30% (presentando o carné xove en taquilla), os titulares de carné xove poderedes obter ENTRADAS DE BALDE, nos Servizos de Xuventude e Voluntariado, Casas da Xuventude e OMIX que se indican neste enlace.
As entradas poderán recollerse a partir do 10 de abril.Máximo 2 entradas por persoa, ata esgotar existencias. Para recollelas deberedes amosar o voso carné xove.
ACCESO ECONÓMICO
Contido: A Consellería Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca bolsas destinadas aos estudantes universitarios que participan en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2012-2013, agás o programa Erasmus. A bolsa terá unha dotación económica de 1.000 euros por alumno beneficiario
Requisitos:
• Estar matriculado en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica nunha universidade pertencente ao SUG ou centro asociado da UNED en Galicia.
• Ter cursados os últimos tres anos académicos nalgún centro ou universidade da Comunidade Autónoma.
• Os estudantes estranxeiros non comunitarios deberán acreditar a condición de residentes e non poderán realizar o intercambio con universidades do seu país de orixe.
• Realizar o programa de mobilidade a través da universidade ou centro asociado da UNED en Galicia.
Prazo: ata o 30 de xuño.
Información detallada da convocatoria no DOG do 29 de marzo.
A ligação de saneamento na freguesia de Cristelo e nas zonas de ampliação da rede existente em Seixas vai continuar com uma redução de 50% até ao dia 31 de agosto. O prolongamento foi aprovado em reunião de câmara na sexta-feira, dia 13.
Assim, até ao final de agosto, os munícipes de Cristelo e de algumas
zonas da freguesia de Seixas, nomeadamente os que habitam nas ruas do
Vale e da Boalheira, podem efetuar a ligação das suas casas à rede de
saneamento com 50% de desconto.
A rede de saneamento de Cristelo foi um investimento de 664.889,40 euros, cofinanciado em 80% do valor elegível, pelo Fundo Europeu de Desenvolvimento Regional (FEDER). Em Seixas, o investimento foi de 57.096,63 euros, cofinanciado em 80%, do valor elegível, pelo FEDER.
Esta medida insere-se na política de qualificação ambiental do Concelho e no esforço que o Município tem efetuado no sentido de dotar todas as freguesias do concelho de Caminha e o maior número possível de aglomerados populacionais com uma rede de saneamento e de abastecimento de água moderna e eficaz.
Até 31 de julho, as Piscinas Municipais - Vila Praia de Âncora estão a
dinamizar a campanha "Pague 2 leve 5". Esta promoção insere-se na
programação das comemorações do 2º aniversário daquele equipamento
desportivo, que se celebra a 1 de maio.
"Pague 2 leve 5" é a campanha que as piscinas estão a promover até dia 31 de Julho, e que consiste no seguinte: quem se inscrever em 2 aulas de grupo por semana, pode usufruir de 3 banhos livres por semana, ou seja, para além das aulas de grupo, o utente poderá escolher os dias em que pretende realizar os banhos livres.
Além desta campanha, as Piscinas ainda vão promover no dia 12 de maio o "Aqua Open Day" e deverá avançar ainda este mês a campanha "Verão Seguro".
Mais informações no balcão das Piscinas Municipais - Vila Praia de Âncora.
Se es capaz de combinar unha fotografía cun texto de 140 caracteres (un
tweet), podes participar, sensibilizar e até gañar un premio (¡)
E LEMBRA, A IDEA É MÁIS IMPORTANTE QUE A CALIDADE DA TÚA CÁMARA FOTOGRÁFICA...
‘Imaxes con Fondo’ divídese en dúas categorías con cadansúa temática:
- Categoría xuvenil (de 13 a 17 anos, ambos inclusive): As/os concursantes deberán achegar fotografías nas que se amose a solidariedade na nosa sociedade, entendido como un dos valores fundamentais e universais nos que deberían basearse as relacións entre os pobos e as persoas.
- Categoría adultas/os (de 18 anos en adiante): As/os concursantes deberán achegar imaxes que amosen como algunhas prácticas na nosa sociedade (tanto de persoas particulares coma de empresas e gobernos) repercuten negativamente nas poboacións dos países do sur de forma directa ou de forma indirecta, de cara a denunciar as iniquidades entre o norte e o sur que obstaculizan o desenvolvemento humano.
Haberá só un premio por categoría:
- Para a categoría xuvenil: Cámara fotográfica Canon EOS 1100 + Obxectivo EF-S 18-55 mm (ou similar) e un lote de produtos de comercio xusto, valorado todo en 450€.
- Para a categoría adultas/os: Viaxe (inclúe billetes de avión e aloxamento) a un dos proxectos do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en Cabo Verde, co obxectivo e compromiso de realizar un traballo fotográfico para o arquivo do Fondo Galego a modo de acción voluntaria. A viaxe ao terreo será realizada no 2013 e terá entre 15 días e un mes de duración.
Cada participante poderá presentar ata un máximo de 3 fotografías
individuais, ou ben ata tres series compostas de tres fotografías cada
unha. As fotografías deberán ser presentadas en formato JPG, cunha
resolución mínima de 300ppp e deberá ocupar 5MB como máximo.
Pero, o máis importante é a breve descrición de cada obra (tweet), de 140 caracteres e en galego, na que se explique a relación da fotografía ou serie co tema proposto, facendo unha reflexión sobre o significado da imaxe.
Aquelas persoas interesadas poderán facer entrega das súas obras e demais documentos requiridos dende o 15 de abril ata o 15 de outubro de 2012 no seguinte enderezo electrónico: imaxesconfondo@yahoo.es . Para máis información poden escribir un correo electrónico a dito enderezo ou chamar ao 698 156 127.
Para a elaboración das bases do concurso contouse co apoio de diferentes colectivos vinculados ao mundo da fotografía: Asociación de reporteiros solidarios (AGARESO), Asociación Provincial de Fotógrafos de Pontevedra, Asociación Provincial de Fotógrafos de Lugo, Agrupación Fotográfica Galega, Asociación Fotográfica ‘Os Negativos’ e a Asociación Fotográfica Galega ‘Phosgalicia’.
BASES CONCURSO FOTOGRÁFICO “IMAXES CON FONDO”
FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE. 2012.
Para calquera dúbida sobre o concurso pódese chamar ao 698 156 127 de luns a venres de 9:30 a 14:00h ou escribir un correo electrónico a imaxesconfondo@yahoo.es .
1. PARTICIPANTES
Poderán presentarse tódalas persoas interesadas, de 13 anos en diante,
de calquera nacionalidade e residentes na Comunidade Autónoma de
Galicia.
Haberá dúas categorías:
- Dos 13 aos 17 anos (ambos inclusive): categoría xuvenil
- A partir dos 18 anos: categoría adultas/os
2. TEMÁTICA DO CONCURSO
Os traballos deberán axustarse ás temáticas propostas, que son as seguintes:
Para a categoría xuvenil: A solidariedade dá sentido ás nosas vidas.
A solidariedade é un dos valores fundamentais e universais nos que
deberían basearse as relacións entre os pobos e entre as persoas dunha
mesma sociedade. É tamén un dos piares centrais da cooperación
internacional, mais non é necesario participar directamente nos
proxectos do sur para poñer en práctica a nosa solidariedade. A
solidariedade é dar apoio e comprensión ante as dificultades que pode
ter outra persoa, dende o respecto, a igualdade e o desinterese, sendo
conscientes de que podemos influenciarnos entre todas as persoas dun
xeito positivo. Ao solidarizarnos implicámonos na resolución dos
problemas do noso contorno , contribuíndo á construción dun mundo en
paz, máis xusto e equitativo. Cada día preséntanse oportunidades para
practicar a solidariedade con quen nos rodea, como por exemplo:
Acompañar a unha persoa maior que vive soa, reciclaxe de residuos,
contribuír nas tarefas domésticas, axudar a un compañeiro/a cos deberes,
respectar o medio ambiente, ceder o asento do autobús a unha
embarazada, respectar as normas de circulación para evitar accidentes,
tratar de frear burlas ou ofensas contra outras/os compañeiras/os da
clase, etc.
As/os concursantes que entren dentro desta categoría deberán achegar
fotografías nas que se amose a solidariedade na nosa sociedade. Ademais
de reflectir imaxes da solidariedade cotiá tamén poderán achegar imaxes
de mobilizacións ou actividades que se dean no seu concello en torno a
este principio.
Para a categoría adultas/os: Cambia, reivindica e constrúe.
No contexto actual de globalización observamos na nosa sociedade
innumerables prácticas que a simple vista poden resultar inofensivas,
pero que pola contra van acompañadas de efectos nefastos para os pobos
do sur e para o noso propio. Seguindo os informes do PNUD,
aproximadamente o 20% da humanidade aproveita e explota o 80% dos bens
da terra, mentres que o 80% restante deben repartirse menos do 20% dos
bens. O desigual reparto de riquezas continúa a perpetuar as
iniquidades entre os países do norte e do sur. Crear conciencia social
sobre os efectos perversos da globalización e sobre os actos que levamos
a cabo na nosa sociedade é un acto de xenerosidade, mais tamén de
creación dunha cidadanía global responsable que denuncie as corrupcións,
as inxustizas, e as malas prácticas adquiridas e xa normalizadas que
obstaculizan o desenvolvemento humano tanto no norte coma no sur.
As/os concursantes desta categoría deberán achegar imaxes que amosen como algunhas prácticas na nosa sociedade (tanto de persoas particulares coma de empresas e gobernos) repercuten negativamente nas poboacións dos países do sur de forma directa ou de forma indirecta. Algúns exemplos poderían ser: consumo de enerxía, explotación laboral, racismo, prostitución de inmigrantes, narcotráfico, comercio “inxusto”, malas prácticas empresariais, quecemento global, consumismo, etc.
3. PRESENTACIÓN DAS OBRAS AO CONCURSO
As/os concursantes poderán facer entrega dos seus traballos entre o 15 de abril e o 15 de outubro de 2012.
As fotografías e documentos requiridos para concursar enviaranse por correo electrónico ao enderezo imaxesconfondo@yahoo.es
. A xeito de acuse de recibo, a Secretaría Técnica do Fondo Galego
responderá cunha mensaxe de correo electrónico confirmando a recepción.
Ata que non reciba esta mensaxe, a persoa solicitante non poderá dar por
feita a súa participación.
3.1 PRESENTACIÓN E ENVÍO DAS FOTOGRAFÍAS:
As fotografías deberán ser presentadas en formato JPG, cunha resolución mínima de 300ppp. A imaxe poderá ocupar 5MB como máximo.
Cada participante poderá presentar ata un máximo de 3 fotografías
individuais, ou ben ata tres series compostas de tres fotografías cada
unha.
Admítense fotografías en cor e en branco e negro.
Cada fotografía presentada a concurso nomearase co pseudónimo da autora
ou autor seguido do número da fotografía (1, 2 ou 3) máis a extensión
do ficheiro. Por exemplo: bolboreta1.JPG, bolboreta2.JPG.
No caso das series fotográficas, estas serán nomeadas co pseudónimo da/o
concursante seguido da palabra ‘serie’ xunto co número da mesma (1, 2
ou 3) máis o lugar que ocupa a fotografía na serie (1, 2 ou 3). Por
exemplo: bolboretaserie11.JPG, bolboretaserie12.JPG,
bolboretaserie13.JPG.
Non se admitirán fotomontaxes ou fotografías retocadas dixitalmente, se
ben serán admitidas as fotografías con axustes de brillo, contraste e
cor empregados para mellorar a calidade da imaxe.
As imaxes deben ser inéditas e exclusivas do/a autor/a. Non se
admitirán, polo tanto, obras que se teñan presentado a outros concursos
ou que teñan recibido premios anteriormente.
A/o concursante garante ser a/o única/o titular dos dereitos de autor
sobre as fotografías presentadas e faise responsable de calquera tipo de
reclamación, eximindo á organización de dita responsabilidade.
As/os concursantes certifican que dispoñen dos dereitos de imaxe das
persoas identificadas ou identificables e eximen ao Fondo Galego de
calquera responsabilidade que puidera derivarse como consecuencia da non
obtención destes correspondentes permisos.
No caso de que aparezan menores de idade as/os concursantes deberán
dispoñer da correspondente autorización da nai ou pai ou do/a do titor/a
legal.
O Fondo Galego garante ás/aos autoras/es o respecto absoluto aos seus dereitos conforme a lexislación vixente.
As/os concursantes non poderán exhibir as fotografías presentadas ao
concurso a través dos diferentes medios de comunicación e redes sociais
antes do fallo do concurso.
3.2 PRESENTACIÓN E ENVÍO DA INFORMACIÓN REQUIRIDA:
Documento de texto “FOTOS”: este documento deberá nomearse co pseudónimo
da/o concursante seguido da palabra “fotos”. Por exemplo:
bolboretafotos
Deberá conter a seguinte información:
- Pseudónimo da/o concursante
- Título de cada fotografía, asociado ao nome que leve o arquivo
fotográfico, ou título de cada serie, vinculado ao número de fotografías
que o compoñen.
- Breve descrición de cada obra (TWEET), de 140 caracteres e en galego,
na que se explique a relación da fotografía ou serie co tema proposto.
- Lugar de realización de cada unha das fotografías ou series.
Documento de texto “DATOS PERSOAIS”: este documento deberá nomearse co
pseudónimo da/o concursante seguido de “datos persoais”. Por exemplo:
bolboretadatospersoais.
Deberá conter a seguinte información:
- Nome e apelidos.
- Data de nacemento.
- Domicilio, código postal e poboación.
- Teléfono de contacto e enderezo electrónico.
- En caso de ser menor de idade, autorización asinada con DNI da/o nai/pai ou titor/a.
3.3 DEREITO DE EXCLUSIÓN
A organización resérvase o dereito de exclusión:
- cando se incumpran as presentes bases
- cando se inscriban datos falsos na ficha de inscrición
- cando de forma fraudulenta manipulen a participación
- cando as fotografías poidan considerarse contrarias aos dereitos e liberdades fundamentais
Os documentos de texto nos que se indiquen os datos persoais da/o
concursante será arquivado pola Secretaría Técnica do Fondo Galego e en
ningún caso as persoas que compoñen o xurado terán acceso aos mesmos ata
unha vez decidido cales son as fotografías gañadoras. A Secretaría
Técnica do Fondo Galego será a única responsable do ficheiro de datos.
Seguirase minuciosamente a normativa vixente sobre a protección de datos
de carácter persoal (Lei 15/1999).
4. XURADO E SELECCIÓN DE GAÑADORAS/ES
Participar no concurso implica aceptar estas bases e a inapelable decisión do xurado, que estará composto por sete persoas:
- Representante da Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
- Representante Coordinadora Galega de ONGD.
- Técnica/o dalgún concello e/ou deputación integrada no Fondo Galego.
- Catro representantes de prestixio do mundo da fotografía e/ou artes plásticas.
Calquera continxencia non contida nas bases pode ser resolta pola entidade organizadora.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade desenténdese de calquera controversia.
5. ENTREGA DE PREMIOS
Haberá un premio por categoría. Os premios serán os seguintes:
- Para a categoría xuvenil: Cámara fotográfica Canon EOS 1100 +
Obxectivo EF-S 18-55 mm (ou similar) e un lote de produtos de comercio
xusto, valorado todo en 450€.
- Para a categoría adultas/os: Viaxe (inclúe billetes de avión e
aloxamento) a un dos nosos proxectos en Cabo Verde, co obxectivo e
compromiso de realizar un traballo fotográfico para o arquivo do Fondo
Galego a modo de acción voluntaria. A viaxe ao terreo será realizada no
2013 e terá entre 15 días e un mes de duración. O uso de ditas
fotografías quedará cedido ao Fondo Galego de Cooperación e
Solidariedade, que poderá empregalas para realizar calquera actividade
sen fins lucrativos, citando sempre ao/á autor/a das obras. Tamén poderá
difundilas polas súas canles de comunicación habituais (boletín, web). A
persoa premiada asinará un documento de cesión de dereitos de
reprodución das imaxes que debe achegar tras a viaxe.
O fallo do concurso farase público no mes de novembro de 2012 a través da páxina web do Fondo Galego www.fondogalego.org. Con anterioridade comunicaráselle individualmente ás persoas premiadas.
Se o xurado o estimase oportuno algún dos premios podería quedar deserto.
A entrega de premios será realizada no mes de novembro de 2012, durante
as VII Xornadas anuais de cooperación do Fondo Galego de Cooperación e
Solidariedade (está por decidir o lugar e o día concreto).
As persoas premiadas cederán ao Fondo Galego os seus dereitos para a
utilización das mesmas polas súas canles de comunicación habituais,
sempre sen fins lucrativos.
Para calquera dúbida sobre o concurso pódese chamar ao 698 156 127 de luns a venres de 9:30 a 14:00h ou escribir un correo electrónico a imaxesconfondo@yahoo.es .
RESERVA DE MATRÍCULA PARA PERSOAS ADULTAS NO IES A SANGRIÑA
DO 7 DE MAIO AO 15 DE XUÑO
AS PERSOAS MAIORES DE 18 ANOS (OU MAIORES DE 16 CON CONTRATO DE TRABALLO) QUE DESEXEN CONTINUAR OS SEUS ESTUDOS PODEN SOLICITAR A RESERVA DE MATRÍCULA
E PARA ALUMNADO CON 16 ANOS QUE NON DESEXA CONTINUAR NA EDUCACIÓN SECUNDARIA
ATENCIÓN: PRAZAS LIMITADAS!
IMPRESOS NA CONSERXERÍA DO INSTITUTO
INFORMACIÓN NA XEFATURA DE ESTUDOS (TEL.986 609 015)
Desplazamento da unidade mobil de inspección técnica periódicas de vehículos lixeiros(Masa menor ou igual a 3.500kg. e distancia entre eixos de 3.200mm como máximo) e vehículos agrícolas(sen carga).
As inspeccións realizaránse en horario de 9:00h da mañá a 13:30h e de15:30h da tarde a 18:00h, exceptuando o día 12 que será só en horario de mañá.
Pódese solicitar cita previa no 881.920.981
LUGAR: Local de ANABAM IMPARTEN O CURSO
ENDEREZO: Calvario, 44 A Guarda
Miguel A. Fernández Martínez
Autor da "Guía das Libélulas de Galicia", publicada por Baía Edicións, é un experto no coñecemento dos odonatos de Galiza. Ten impartido varios cursos sobre este e outros temas relacionados coa natureza. Será esta a segunda vez que imparte un curso en ANABAM.
CONTACTO: anabam.anabam@terra.es
Nº DE PRAZAS: 20 por cada un dos dous días do que consta o curso. As persoas interesadas poden inscribirse nunha ou nas dúas xornadas.
PREZO: O Curso é gratuíto.
Adolfo Cordero Rivera
É profesor e investigador na Universidade de Vigo, onde dirixe o Grupo de Ecoloxía Evolutiva e da Conservación. Profesor de Ecoloxía Forestal na EUET Forestal da citada Universidade. Actualmente traballa sobre Selección sexual, utilizando os odonatos como organismos modelo. Ten varios traballos publicados sobre este grupo de invertebrados.Que son os odonatos?; En que se diferenzan os cabaliños do demo das libélulas? Como distinguir unhas libélulas das outras? estas e outras moitas cuestións serán resoltas durante o curso.
Coma sempre, a nosa premisa é a de coñecer para protexer, por iso, dende ANABAM, temos dende sempre o coñecemento e a divulgación do patrimonio natural coma un dos pilares fundamentais de cara ao público en xeral. Porque seremos, somos, os que habitamos, aquí e agora, este planeta e, neste caso concreto, a comarca do Baixo Miño. Somos todos nós os que temos nas nosas mans a conservación e a defesa da biodiversidade, da natureza, das plantas e dos animais que, ao igual que nós, teñen un dereito a ocupar un espazo. Que o Baixo Miño sega tendo un rico patrimonio natural, dependerá dos esforzos que fagamos todos, e, estes esforzos dependerán do coñecemento que teñamos do noso entorno natural.
A
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca
prazas nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo, para todas
aquelas ensinanzas postobrigatorias non universitarias que os ditos centros teñan
autorizadas para o curso 2012-2013.
Para poder optar á praza de residencia os aspirantes deberán acreditar as
circunstancias que impidan a súa escolarización nun centro sostido con fondos
públicos. Con carácter xeral, esta circunstancia será a de non poder cursar os
estudos solicitados por non haber un centro sostido con fondos públicos que
imparta os devanditos estudos, ben na localidade de residencia, ben nunha
localidade próxima que permita, polos medios de comunicación da zona, un acceso
diario con facilidade. Con carácter particular, e documentalmente acreditado,
poderanse ter en conta outras circunstancias, como condicións de orfandade,
fillos de emigrantes ou situacións familiares moi graves.
As solicitudes poderanse presentar directamente nos centros residenciais docentes ata o 11 de xuño de 2012.
Establécese un período extraordinario na primeira quincena do mes de setembro para a presentación de solicitudes destinadas a ensinanzas autorizadas pola Administración educativa con posterioridade á publicación desta convocatoria, así como para os ciclos formativos e extraordinariamente no curso académico 2012/2013 para bacharelato.
Máis
información no DOG do 10 de maio de 2012 e nos CDR:
http://centros.edu.xunta.es/credocoruna/
http://centros.edu.xunta.es/credovigo/
http://centros.edu.xunta.es/credodeourense/
No âmbito de ações de proteção da natureza e biodiversidade, até 31
de agosto, nas praias entre a foz do Rio Minho e o Forte do Cão, estão a
ser implementadas medidas para garantir a reprodução do borrelho de
coleira interrompida, uma ave em vias de extinção, que nidifica nos
areais dessas praias.
O borrelho (Charadrius alexandrinus) é uma ave que põe os seus ovos em pequenas covas feitas na areia, a partir do mês de abril. Isto quer dizer que os ovos podem ser pisados pelos utilizadores das praias, destruídos pelos tratores que limpam as praias ou por animais.
Assim, as medidas que estão a ser implementadas consistem na colocação de gaiolas de proteção nos ninhos e na delimitação da área envolvente, de forma a evitar o seu pisoteio e a perturbação das aves.
A violação do perímetro de segurança, bem como a sua captura, abate ou detenção dos respetivos juvenis, faz incorrer o seu autor em contraordenação punível com coima pela entidade competente pelo domínio marítimo.
Recorde-se que, já no ano passado, foi implementado um projeto para proteger esta espécie de aves. Para além do Município de Caminha, participaram nesse projeto a Capitania do Porto de Caminha, ICNB (Instituto da Conservação da Natureza e da Biodiversidade), Juntas de Freguesia de Cristelo, de Vila Praia de Âncora e de Âncora, Anabam (Asociación Naturalista "Baixo Miño"), COREMA - Associação de Defesa do Património, NUCEARTES (Núcleo de Estudos e Artes do Vale do Âncora), NAIAA (Núcleo Amador de Investigação Arqueológica de Afife), Centro de Monitorização e Interpretação Ambiental de Viana do Castelo, Agrupamento de Escolas Coura e Minho, Associação de Pais e Encarregados de Educação da EB1/JI de Moledo e SUMA.
Deputación de Pontevedra
CONVOCATORIA PÚBLICA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL QUE PRESTEN AXUDA DE URXENTE NECESIDADE
Solicitude | Certificado acreditación cargo | Conta xustificativa
Bases
PRIMEIRA- OBXECTO E FINALIDADE
SEGUNDA- BENEFICIARIOS
Deberán estar debidamente inscritos no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, regulado polo Decreto 291/1995, de 3 de novembro, e pola Orde de 5 de febreiro de 1996, que desenvolve a anterior.
Os beneficiarios das subvencións deberán facilitar canta información lles requira a Deputación.
TERCEIRA: ORZAMENTO
A contía consignada para esta convocatoria ascende a 192.000 €, con cargo á aplicación
12/230.231.480.02 do orzamento provincial.
CUARTA: SOLICITUDES
QUINTA: DOCUMENTACIÓN
SEXTA: PRAZO
As solicitudes presentaranse nun prazo de 30 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da
publicación desta convocatoria no bOP. Se o último día coincidise en festivo prorrogarase o prazo ata o
primeiro día hábil.
SÉTIMA: EMENDA DOS DEFECTOS DAS SOLICITUDES
Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria requiriráselle ó interesado para
que os emende no prazo máximo de dez días; se non o fai considerarase que desiste na súa petición,
segundo o previsto no artigo 71 da lei de réxime xurídico e procedemento administrativo común.
OITAVA: COMISIÓN DE VALORACIÓN
Estará composta por:
NOVENA: CRITERIOS OBXECTIVOS DE VALORACIÓN DAS SOLICITUDES
Fíxanse os seguintes criterios obxectivos, sobre unha puntuación máxima de 20 puntos.
DÉCIMA: CRITERIOS PARA DETERMINAR A CONTÍA QUE SE VAI SUBVENCIONAR
DÉCIMA PRIMEIRA: COMPATIBILIDADE
A concesión de subvencións ó amparo desta convocatoria será compatible con outras outorgadas
para a mesma finalidade, sempre que o importe global non supere o custo de mantemento do centro ou
comedor social nin o das actividades para as que se solicita a subvención.
DÉCIMA SEGUNDA: XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO
Os beneficiarios da subvención deberán presentar a seguinte documentación:
O pagamento realizarase logo de que o comedor social ou centro obxecto da subvención xustifique a actividade realizada, ata o 15 de decembro deste ano, e ingresarase no número de conta bancaria que achegue a entidade.
DÉCIMA TERCEIRA: PUBLICIDADE
En toda a publicidade que se elabore deberá constar a colaboración da Deputación mediante a
inclusión da súa imaxe institucional. Para iso deberán contactar coa Deputación a través do seguinte
enderezo de correo: imaxe@depo.es.
DÉCIMA CUARTA: LEXISLACIÓN APLICABLE
MAIO
VENRES 25 DE MAIO
Acto-homenaxe polo “DÍA DAS LETRAS GALEGAS” a VITORIANO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ
Lugar: Centro Cultural
Hora: 21.00h.
Organiza: Agrupación Cultural Guardesa
SÁBADO 26 DE MAIO
Inauguración da Exposición do Traxe Galego
Lugar: Centro Cultural
Hora: 20,30h.
Organiza:Asociación pola Recuperación do Traxe galego
DOMINGO 27 DE MAIO
Feira do Libro “LETRAS GALEGAS 2012”
Lugar: Rúa do Porto de A Guarda
Hora: todo o día.
Realizaranse actividades de animación, obradoiros, firma de libros...
En caso de choiva aprazaríase ó domingo 3 de xuño
EXPOSICIÓNS
Lugar: Sala de Exposicións do Centro Cultural
Horario: de 10-13 e 17-20h.
ATA O 12 DE MAIO
Exposición de traballos infantís sobre o pintor Jorge Barbi
Organiza: Colexios públicos da Guarda.
14 -22 de MAIO
Exposición de traballos infantís sobre as Letras Galegas
Organiza: Agrupación Cultural Guardesa
24 de MAIO- 1 DE XUÑO
Exposición do Traxe Galego
Organiza: Asociación para a recuperación do Traxe Galego
6 -15 DE XUÑO
Exposición Curso de pintura do Concello da Guarda
A Secretaría Xeral de Política Social da Consellería de Traballo e Benestar convoca campamentos de verán para persoas con discapacidade para o verán de 2012.
Poderán solicitalos todas aquelas persoas que:
Teñan unha porcentaxe de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
Teñan unha idade comprendida entre os 9 e os 40 anos, segundo se indica en cada unha das quendas
Vivan habitualmente no seu domicilio
Non presenten trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade
Presenten unhas capacidades que sexan compatibles coas actividades que se van desenvolver e coas características da instalación.
Prazo:
Ata o 31 de maio, incluído, para as prazas de integración.
Ata o 15 de xuño, incluído, para as prazas específicas.
Máis información en http://benestar.xunta.es/web/portal/campamentosveran e no Servizo de Programas de Promoción da Autonomía Persoal, Tfno.: 981 540 137
Desde ACIGU CCA y el departamento de formación seguimos trabajando para que las empresas y los trabajadores cuenten con los instrumentos necesarios que les permitan operar con mayores garantías de éxito, mejorando sus conocimientos y su capacidad de adaptación al entorno.
Todas aquellas empresas o trabajadores interesados en recibir información sobre formación pueden comunicarse con la asociación en:
• La Sede de la asociación Rúa Agustín Nandín Lomba,4
• Teléfono: 986 611743
A ESG/Escola Superior Gallaecia e a Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira inauguram, no próximo dia 30 de Maio, às 19h:00, a instalação de vídeo A história que vos vou contar... A Viagem de Comboio, do escultor Iemenita Zadok Ben-David.
A obra estará patente na "Magic Box", também da autoria de Zadok Ben-David, localizada nas novas instalações da ESG, na Vila das Artes. A Magic Box, ou Caixa Mágica, é o resultado de um desafio lançado pela Escola ao artista Zadok para realizar uma escultura habitável, capaz de albergar exposições e instalações artísticas.
O autor considera que a Magic Box/ Caixa Mágica ou a Floating Shoe Box/ Caixa de Sapatos Flutuante é o mais recente desenvolvimento das suas obras relacionadas com a ilusão e a gravidade. Descrita pelo artista como "minimal e funcional", o pavilhão tem como referência o conhecido pavilhão Serpentine Gallery, em Londres, onde regularmente os mais prestigiados arquitetos realizam um exercício semelhante.
A instalação de vídeo estará aberta ao público até ao dia 28 de Julho de 2012.
As quendas de integración, desenvolveranse nos meses de xullo e agosto coas seguintes actividades. Na provincia da Coruña, ‘A miña primeira aventura’, no Albergue xuvenil Mariña Española de Bergondo; ‘En bicicleta e a cabalo pola natureza’, no campamento xuvenil de Furelos-Melide; ‘Campamento de teatro no campamento xuvenil Espiñeira, en Boiro.
Na provincia de Lugo, terán lugar o ‘DevesAventura’, ‘H2O’ e ‘Surfeando no Cantábrico’, no campamento xuvenil A Devesa de Ribadeo; ‘Multiaventura nos Chacotes’ no campamento xuvenil Os Chacotes de Palas de Rei; ‘H2O’ e ‘Navegando polo río Miño’, no complexo residencial LUG de Lugo.
Na provincia de Pontevedra, celebrarase ‘A miña primeira aventura’ e ‘Aventura na natureza’ no campamento xuvenil Portemaril de Forcarei; e os campos de traballo no camping das Illas Cíes.
En canto ás quendas específicas, terán lugar cinco obradoiros nos meses de agosto e setembro na instalación xuvenil do albergue xuvenil de Gandarío, en Bergondo (A Coruña).
Nestas actividades poden participar mozos e mozas cunha discapacidade igual ou superior ao 33%, que non presenten trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade, que vivan habitualmente no seu domicilio e presenten unhas capacidades que sexan compatibles coas actividades que se van a desenvolver e coas características da instalación.
Este finde semana no Centro Cultural teremos o pracer de acoller a
representación do grupo infantil da Escola Municipal de Teatro.
Será o sábado ás 20.30h. coa obra "QUEN?". Non faltedes á cita.
Haberá que esperar ata a próxima semana ( 08 e 10 de xuño)para ver a representación do grupo de adultos.
A idea de realizar unha actividade deste tipo xurdiu no 2011, a raíz dun proxecto realizado no Baixo Miño dende a Axencia Nacional Española, que é a entidade que se encarga de xestionar o programa en España. O Seminario "Impulso Ibérico ao Ano Europeo do voluntariado" espertou entón o interese por organizar unha actividade no propio concello da Guarda, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).
Durante estes días os/as participantes no curso de formación centraranse nas diferentes formas de dar visibilidade ao proxectos que se realicen, de xeito que a poboación coñeza aos programas europeos e os vexan como algo accesible, de cara a que no futuro haxa grupos de mozas e mozos da Guarda con gañas de organizar intercambios xuveniles. Por iso o nome do curso, Spread the Fire, fai referencia ao movemento olímpico, na que a chama pasa de antorcha en antorcha para propogar a súa mensaxe.
Está previsto que haxa unha actividade nas rúas para achegar un pouquiño máis este programa europeo á mocidade guardesa.
DATOS DE CONTACTO: Patricia OMIX A Guarda, teléfono 986614546
Esta veda é de aplicación ás augas competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para as embarcacións con artes menores que teñan porto base nesta comunidade, así como para aquelas que tendo porto base noutras comunidades teñan permisos especiais de pesca para faenar nas augas galegas. Así o recolle o plan de explotación marisqueira deste ano, no que se establecen as súas medidas de xestión.
Beneficiarios:
a) Os que
finalizasen a diplomatura ou grao de Mestre en calquera das
especialidades nalgún dos seguintes cursos académicos: 2010-2011,
2009-2010, ou 2008-2009, cunha nota media do expediente académico de,
polo menos, 7,00 puntos.
b) Os que finalizasen os estudos de Máster
en Profesorado de Ensino Secundario Obrigatorio e Bacharelato, Formación
Profesional e Ensinanzas de Idiomas, cunha nota media no máster de,
polo menos, 7,00 puntos.
Os cursos, en inglés especializado nas áreas de Sociais, Ciencias e
Inglés terán unha duración de cinco días e desenvolveranse en réxime de
internado de domingo pola tarde a sábado a mediodía.
Os cursos terán
lugar en Santander, Cuenca, Valencia, Granada, no período comprendido
entre o 8 de outubro e o 14 de decembro de 2012.
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 20 de xuño de 2012.
Máis información no BOE do 28 de maio de 2012 e en www.uimp.es
O alcalde da Guarda José Manuel Domínguez Freitas e o Concelleiro de Cultura, Antonio Lomba, deron a benvida a este diverso grupo de persoas que traballan nos seus países de orixe no ámbito da xuventude en distintas entidades e asociacións. O alcalde e o concelleiro agradeceron a visita e mostraron a súa ledicia por tela oportunidade única de participar nun encontro destas características e que A Guarda sexa o punto neurálxico desta acción formativa e participativa.
A idea de realizar unha actividade deste tipo xurdiu no 2011, a raíz dun proxecto realizado no Baixo Miño dende a Axencia Nacional Española, que é a entidade que se encarga de xestionar o programa en España. O Seminario "Impulso Ibérico ao Ano Europeo do voluntariado" espertou entón o interese por organizar unha actividade no propio concello da Guarda, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).
Durante estes días os participantes no curso de formación centraranse nas diferentes formas de dar visibilidade aos proxectos que se realicen, de xeito que a poboación coñeza os programas europeos e os vexan como algo accesible e próximo e que se extenda un pouco máis a idea da cidadanía europea e a posibilidade que ofrecen estos programas para traballar cara unha Europa máis cercana e identificable.
Está previsto que haxa unha actividade nas rúas para achegar un pouquiño máis este programa europeo á mocidade guardesa
Esta iniciativa é, en palabras do concelleiro Nicolás Lorenzo Montes, unha proposta para humanizar as rúas da zona monumental tudense promovendo a implicación dos seus habitantes na conservación e promoción deste conxunto patrimonial. Como sinalan as bases do certame "preténdese chamar a atención sobre a contribución que os cidadáns residentes neste ámbito histórico poden realizar á mellora estética das diversas rúas e prazas, incrementado a calidade ambiental. A ornamentación de balcóns e ventás testemuña a implicación dos veciños no incremento da calidade estética deste espazo patrimonial e incrementa o seu valor".
Poden participar todos os veciños do ámbito do conxunto histórico para o que compre inscribirse ben no Concello ou nos establecementos colaboradores; unha vez realizar esta seralles entregado un distintivo que deber permanecer xunto ao balcón ou ventá participante entre o 8 de xuño e o 27 de xullo.
O xurado terá en conta entre outros, os seguintes criterios:
• O estado de conservación e mantemento do balcón
• A orixinalidade da ornamentación e a innovación dos elementos accesorios
• A harmonía no crecemento das plantas
• A combinación de cores e o seu valor estético
• A variedade, calidade, perdurabilidade e innovación dos elementos vexetais
Os premios establecidos neste primeiro concurso son:
• 1º premio. Diploma, cheque de 200€ e cheque de compra de plantas e materiais de xardinería por valor de 100€
• 2º premio. Diploma, cheque 100€ e cheque de compra de plantas e materiais de xardinería por valor de 75€
• 3º premio. Diploma, cheque de 50€ e cheque de compra de plantas e materiais de xardinería por valor de 50€
• Premio Especial ó mellor establecemento de hostalería. Diploma e cheque de compra de plantas e materiais de xardinería por valor de 60€.
A concelleira de parques e xardíns, Olga Montes, en nome do Concello e xunto aos establecementos colaboradores animan a todos os veciños e aos establecementos comerciais a participar nesta iniciativa que promove potenciar esta zona histórica tudense cun valor engadido, como é a decoración foral que incrementa a beleza deste espazo monumental, que será un novo valor que xustifique unha visita á nosa cidade e, sobre todo, faga máis agradable a vida nas rúas históricas de Tui.
Este acto enmárcase na campaña que o BNG está a realizar en todo o país sobre a actual crise económica e as alternativas que a organización nacionalista propón ao respecto.
A Axencia europea de información e asesoramento para os xóvenes, convoca este concurso a través do facebook da campaña information right now. As fotografías deben versar sobre o tema "young people are asking". Ganará a fotografía con máis votos ata o 31 de agosto. O premio consiste nun viaxe a Budapest. Máis información http://www.informationrightnow.eu/
Elisa Fernábdez de las Heras falou en nome da asociación agradecendo o traballo desenvolvido ao longo destes anos por todos os socios e a súa implicación no traballo asociativo. O rexedor tudense felicitou a este colectivo polo seu labor que chega a numerosos veciños de Tui e a súa contorna, polo seu dinamismo pois son numerosas actividades que realizan periodicamente e polo seu entusiasmo e ilusión logo de dúas décadas de traballo.
Nesta exposición podemos contemplar unha escolma dos diversos obradoiros que desenvolve a Asociación tudense: : pintura, que dirixe Carmen Gallego, tapicería, que dirixe Berta Ramilo, e bordados, que dirixe Marisa Pereira.
A exposición destes traballos estará aberta ao público na Sala Municipal de Exposicións do Concello tudense ata o vindeiro 16 de xuño.
O Executivo Municipal de Valença reúne, em sessão ordinária, a 6 de junho, no Salão Nobre dos Paços do Concelho.
Agenda em anexo.
Danos tu opinión
¿Qué tipo de información te gusta más?
© www.infomiño.comC/Vicente Sobrino nº24 1º - 36780 A Guarda - Pontevedra Teléfono: 617 583 508 Fax: 986 62 63 79 [ LOPD ]